Docstoc

verin

Document Sample
verin Powered By Docstoc
					                         VERÍN
Unhas pinceladas do Concello.


      O Concello de Verín sitúase no sudeste da provincia
de Ourense, no centro da comarca que leva o seu nome, a 400 m de altitude.

      Limita ó norte co municipio de Castrelo do Val, ó este con Vilardevós, ó
sur con Portugal, ó oeste con Oímbra e ó noroeste con Monterrei. Situado no
cuadrante sudoriental da provincia, lindando polo sur coa fronteira portuguesa.

     Posúe unha extensión de 93.9 km² e ó redor de 14500 habitantes.
Formado por quince parroquias nas que se distribúen 18 pobos.

      Santa María A Maior de Verín: Verín.
      San Fiz de Pazos: Pazos.
      Santa Cristina de Tintores: Tintores, Vilela.
      Santa María de Feces de Abaixo: Fedes de Abaixo.
      San Pedro de Queizas: Queizás.
      Santa María de A Rasela: A Rasela
      Santa María de Abedes: Ábedes.
      Santiago de Vilamaior do Val: Caldeliñas, O Salgueiro, Vilamaior.
      Santa María de Tamagos: Tamagos, Tamaguelos.
      San Martiño de Mourazos: Mourazos.
      San Salvador de Cabreiroá: Cabreiroá.
      San Bartolomeu de Queirugas: Queirugas.
      Santa María de Feces de Cima: Feces de Cima.


       A vila está localizada no corazón da fértil comarca do Val de Monterrei,
que xurdiu o pe dunha importante fortaleza medieval e constitúe un dos
principais e máis prósperos núcleos urbanos da provincia. Ademais é paso
obrigado cara Portugal e Castela.

        Enclavado na depresión de Verín, o releve deste municipio mostra dous
sectores diferenciados: un chairo, formado polo val do río Támega (que de
norte a sur percorre o límite occidental do municipio a unha altitude de 400 m) e
outro, os releves montañosos que o rodean polo Oeste e onde a altitude
alcanza os 940 m no alto de Valdeauga (o que levou a algúns autores a
calificalo como un terreo chairo, rodeado dun espléndido horizonte de
montañas). Tamén con dirección meridiana, atravesa o pobo unha falla
chamada “Creba da Corga”, pola que brotan os mananciais das augas
medicinais.
                              CREBA DA CORGA

              Ou fosa tectónica Verín-Chaves, foi a ferida xeolóxica
       máis decisiva para a actual configuración xeográfica da zona.
       Dirección nordeste-sudoeste; penetra en Portugal, na cidade de
       Chaves, sendo responsable principal dos mananciais de augas
       termais a moi elevadas temperaturas, que fixeron de Chaves un
       centro balneario de primeiro orde desde a época romana.

              A actividade da creba, tamén garante a gran cantidade
       e variedade de augas mineiromedicinais da comarca de Verín.



      A rede hidrográfica organízase en torno o río Támega, ó que aportan as
súas augas o río Ábedes, Prego Novo e Prego dos Gondulfes. Este río
pertence á cunca do Douro e desemboca en terras portuguesas.

       As superficies forestais ocupan un 48% do territorio e constan de
árbores da ribeira, pinos e frondosas por riba dos 400m, e por matoxo, nas
zonas máis elevadas. As terras de cultivo (31%) son de gran fertilidade e
sitúanse na zona de val, onde abundas os viñedos, os cales han dado lugar ó
famoso viño de Monterrei, seguido dos cereais e cultivos forraxeiros.

       As condicións climáticas favorecen a calidade dos viños, caracterízanse
polas temperaturas do inverno, o calor estival e as escasas precipitacións na
zona do val.

       Chegar a Verín é cómodo e rápido, tódalas grandes vías de
comunicación da comunidade galega, enlazan con ela. Tómase a OU-540
dirección Benavente/Madrid, séguese pola A-52 cara Monterrei/Verín/Vilaza;
continúase pola OU-525 cara Verín. Situado a 71km de Ourense.

       A estrada N-525 Ourense – Zamora, une a zona co sur de Galicia e a
comunidade castelán-leonesa. Tamén decisiva é a N-532 (agora tamén a
actual A-75) que une o Concello coa fronteira portuguesa.

      +
Unha mirada atrás.


        Verín foi zona habitada deste antigo. Hai evidencias de poboamento de
preto de catro mil anos atrás. Antes da chegada dos romanos, cara o século I
a.c., vivían no val os tamagani (pobo que deixou a súa
pegada na toponimia). A romanización tivo importante
presenza. No barrio de San Lázaro e noutros puntos
do Concello, apareceron probas neste sentido. A
cidade de Verín xurdiu a partires dunha vila romana, e
os seus habitantes poderían proceder do “Castro de
Baronceli”, situado no lugar que actualmente ocupa o
Castelo de Monterrei (construído na baixa Idade
Media). →

        Durante o medievo, a vila perdeu o seu dominio e Monterrei centralizou
o territorio e a vida da comarca en torno os seus condes e señores. Na Idade
Media converteuse nunha poboación agrícola e tranquila, aínda que a miúdo,
viuse envolta nos conflitos bélicos dos sucesivos gobernantes de Monterrei, así
como nas disputas fronteirizas entre España e Portugal. Todo illo, ata a Guerra
de Independencia, na que o castelo é escenario da última e máis famosa das
súas fazañas históricas. No 1506 Felipe o Fermoso mantivo un encontro na
poboación co Cardeal Cisneros.

      Na alta idade media (V e VIII), o val de Verín vive unha etapa escura, da
que espertaría cara fines do S. IX, cando Afonso III o Magno, ordena a
repoboación dos lugares de Verín e Pazos. Segundo “Xerardo Dasairas” neste
tempo os viñedos eran o principal cultivo verinés, seguido do trigo e centeo.

      No século XIII chegan os primeiros peregrinos regulares, co tempo
acabarían contando cun hospital no barrio de San Lázaro.

      Cara os séculos XVII e XIX, Verín vai consolidándose como vila (neste
tempo Monterrei case en exclusiva, e confirmado como recinto militar).

      Dende mediados do XIX, a vila vive un lento avance, unido ás relacións
con Portugal e ao desenvolvemento comercial e das vías de comunicación.
Tamén aséntase unha industria alimentaria e téxtil e sobre todo, a actividade
das augas.

      Xa na idade moderna Verín retoma a supremacía; agás Mourazos que
pertencía ó convento de Santa Clara de Allariz, a maioria das parroquias
formaban parte de Monterrei e Verín, nas que establecía o seu señorío, o
Conde de Monterrei, así como na de Oímbra, á que pertencía a parroquia de
Tamaguelos. Abolidos os señoríos (primeiro tercio do século XIX) formáronse
dous Concellos: Verín e Mandín pertencentes ó partido xudicial de Monterrei,
que en 1836 integráronse no actual de Verín. O poder dos gremios, a intensa
vida do comercio e artesanía local, ou as casas señoriais que aínda quedan da
época, son mostra da próspera vida dunha vila, que destacou ata entrado o
actual século, por a súa fidalguía, a súa intensa vida político-cultural e a súa
actividade comercial e balnearia.




            Vista panorámica de Verín.



       Entre os achados arqueolóxicos máis antigos da zona, hai que
mencionar os restos de cerámica neolítica encontrados no lugar de Santa
Ana; tamén un vaso campaniforme e algúns dolmens e mámoas. O arte
rupestre esta representado nas esculturas de Ábedes. Os poboadores celtas
(Tamagami) tamén deixaron pegada no lugar e varios miliarios que marcaban
a ruta unía a vía XVII e XVIII do itinerario de Antonino. Tamén son salientables
os xacementos como Penedo da Moreiriña ou de Santiago en Ábedes o
Peneda da Moura en Tamaguelos, amosan ferradura e motivos escutiformes;
ademais da Fraga de Lobos (cabanas) de Ábedes no Bronce Inicial.


Onde perderse:

           Xoias Naturais.

              Verín é unha zona na que prima a calidade das súas augas e os
viños, por elo unha visita inescusable teñen que ser as súas adegas e como
non, os seus mananciais de auga, posto que todos gozan dun entorno natural
agradable. Pódese dicir que o auga e o viño son unhas das riquezas principais
da comarca.
                                              Manancial de Cabreiroá: este
                                  balneario atópase a un km e medio de Verín,
                                  nun recinto axardinado onde se pode
                                  observar a fantástica fachada do antigo hotel
                                  balneario, construído a principios de século
                                  XX.
               Este manancial foi nun principio, unha charca coñecida polos
veciños do lugar, polas súas propiedades medicinais. Posteriormente D. Xosé
García Barbón, converteu a fonte nun lugar de atracción de numerosas persoas
que acudían a mellorar a súa saúde.
               O balneario comezou a ser explotado comercialmente no 1960;
hoxe en día tan só funciona como manancial cunha augas que posúen
propiedades mineiro medicinais.
               O Hotel do balneario se
construíu no 1906 e cerrou en 1961; era un
dos máis frecuentados pola alta sociedade da
época, os cales acudían a tomar as súas
augas polas propiedades curativas que
contiñan e conteñen actualmente. →
               O entorno natural que o envolve,
ten unha riqueza e variedade de especies
arbóreas dignas do mellor xardín botánico.
               As súas augas son clasificadas como bicarbonatadas, sódicas,
cálcicas, litínicas e acidulas; cun sabor fresco e suavemente picante. Son
                            fantásticas para favorecer a dixestión e estimular os
                            sistemas     gástrico,    biliar   e     pancreático.
                            Comercialízanse en tres modalidades: Cabreiroá
                            con gas, sen gas e única (auga especial que
                            conserva o carbónico natural do manancial). A
                            extracción da auga a profundidade superior ós 100
                            m, garante a súa pureza e a conservación de todas
                            as súas propiedades.
                                          Merece a pena contemplar a
maxestosa fachada do antigo hotel-balneario, que tamén tivo uso de cartel e
hospital.

           Manancial de Fontenova: sito a 1 km de Verín, polo camiño vello
de Sousas. As súas augas están indicadas para o tratamento de enfermidades
de infeccións renais, do estómago e do fígado.
                                  Declarada de utilidade pública no 1904. Augas
                      bicarbonatadas sódicas, variedade litínica. Recomendadas
                      para o tratamento de doenzas renais, estomacais,
                      hepáticas e intestinais (concretamente: reumatismo, litíase
                     renal e hepática, gota e
                    dispepsias gástricas). Ofrécense
en dúas modalidades:con gas (dina, dixestiva e
mineralización alta) e sen gas (mineralización suave).
          A súa notable composición, foi apreciada
desde o século XIX, pero a súa utilización é moito
máis antiga. Algúns estudios afirman que xa en
época romana eran coñecidas as súas excelentes propiedades.
         O manancial está situado nunha finca chamada “fontela” e era
coñecido tamén como fonte do espido, porque nas súas inmediacións
remataba o camiño de espido.

            Manancial de Sousas: a 1.5 km de Verín o final da avenida de
Sousas. Descoñécese en que época se descubriu a fonte, que xa foi citada en
                       1853 por D. Pedro Mª Rubio no seu tratado completo
                        das fontes minerais de España.
                                      Actualmente       as      súas      augas
                        comercialízanse como augas de bebida envasadas, en
                        épocas anteriores empregáronse para baños. As
                        primeiras instalacións deste tipo, consistían nun
pavillón e un salón para agüistas construídos no 1859. O 30 de abril dese ano,
as súas augas foron declaradas de utilidade pública.
              Son augas bicarbonatadas sódicas, litínicas e lixeiramente
fluoradas, de mineralización débil. Actúan como
excelente depurativo, diurético e desintoxicante
(moi apreciadas para o tratamento das afeccións
das vías urinarias, aparato dixestivo, reumatismo,
diabete, fígado e bazo). O seu contido en flúor, as
converte en idóneas para ser consumidas
regularmente por lactantes e nenos menores de
sete anos, evitando fluorosis dental e caries.
Preséntanse en dúas modalidades: con gas e sen ela.
            Caldeliñas: Accédese a este manancial pola estrada de Laza. As
súas augas bicarbonatadas, sódicas, litínicas, fluoradas, salinas e alcalinas.
Indicadas para a pel. Actualmente en proceso de reconstrución. Declarada de
utilidade pública en 1859, as súas augas de mineralización media, nacen a
25ºc acompañadas de abundantes burbullas. Recomendadas para problemas
da pel e reumatismos, mediante baños e aplicación externa.
                                                Mentres     se    imaxinan   os
                                   balnearios como un lugar cheo de bañeiras
                                   onde relaxar corpo e mente, pero
                                   antigamente, nestas zonas, o balneario era
                                   un lugar adosado a un manancial con
                                   composición en diversos minerais, os cales
                                   eran aptos para o tratamento de diversas
                                   doenzas relacionadas coas carencias destes
elementos.
              Estes baños podían considerarse un avance da época, xa que por
aquel entón practicábanse baños de barro con augas termais e
bicarbonatadas-sódicas, litínicas, fluoradas, salinas e alcalinas do manancial,
para curar afeccións da pel. Tamén se consumían para tratar enfermidades
como gota, pedras na vexiga,…
              Nas ruínas non se atoparon signos relixiosos, pero se supón que
a torre podería albergar unha capela (xa que en tódolos balnearios o relixioso
                                 se tiña tan en conta como o sanitario).
                                               A uns 50 m do edificio principal,
                                 hai uns baños e manancial. En eles
                                 consérvanse 4 bañeiras comunicadas entre si,
                                 que recollen o auga que emana das
                                 profundidades da terra. Outra bañeira máis
              alta e seca na que se pode imaxinar que preparaban os baños de
barro curativo. O manancial aínda segue vivo.
           Fonte do Sapo: accédese pola
estrada de Castela e desvíase á esquerda á
altura do km 165, onde tómase un camiño de
terra. As súas virtudes curativas caracterízanse
polo seu poder cicatrizante contra todo tipo de
chagas.     Como      toda   clase    de    augas
mineiromedicinais é de grande utilidade curtativa

                   para enfermidades do aparato dixestivo, fígado, ril e
                   determinadas afeccións da pel (doenzas gastro-hepáticas
                   e de aplicación externa para a pel)
                                 Nace de abaixo a riba e encóntrase cuberto
                   de pedras como unha fonte rística. As súas augas son
bicarbonatadas, sódicas, sulfuradas e con presenza significativa de fluoruros,
litio e amonio.


       A través da Eurocidade Chaves-Verín (proxecto pioneiro e un programa
de cooperación con outro país) preténdese a promoción da utilización dos
servizos comúns, como instrumento dinamizador da convivencia entre a
poboación de ambos territorios. Por illo, créase a colaboración cos balnearios e
termas de Chaves.

        Termas xunto o marxe do río Támega, nas que brotan augas de
composición única na península; son hipertermales,
bicarbonatadas, sódicas, mesomineralizadas e
gasocarbónicas. Cura afeccións de ósteo-
articulares, músculo-esqueléticas, aparato dixestivo
e aparato respiratorio. Aprovéitanse tamén para
curar os males da sociedade moderna (estres,
cansazo e ansiedade). Sitas no Spa do Imperador o
cal posúe una zona exterior onde poder beber auga
directamente do nacente. →
        Outra xoia da natureza desta zona é o río Támega: ó seu paso por
Verín, ten un espazo verde que á vez é urbano, xa que se atopa integrado
dentro da vila, unindo o barrio de San Lázaro con resto de Verín.
        O Támega entre en Verín por terras de Tintores, onde atopamos unha
praia fluvial, área recreativa con asadores e parque infantil, pista polideportiva e
campo de fútbol. Para chegar ata o pobo de Vilela.
        A partir da Pousa, o río ofrece ós seus bañistas,
tres “pozas” chamadas: O Paquita, O Señoritas e A
Preguiza; augas abaixo xa en dirección ó núcleo
                           verinense. O río chega a
                           Verín onde encóntrase a
                                                                  Área da Pousa
                           praia fluvial e o parque do Olivar.
                                   Augas abaixo, recibe as augas do río Búbal, e
                           seguido cruza as terras de Queizás, Oímbra,
                           Tamaguelos e Feces de Abaixo, para acadar
                           perdéndose no veciño Portugal.
Área de baño de Verín.


                         Outras zonas de baño e recreo en Verín : Tintores,
                         Vilela, Queizás e Pazos (fotografía da esquerda).




       Non se pode deixar de ver en Verín, algunhas das súas múltiples
adegas de viño, pois a historia                          da comarca xira en to
rno ó cultivo da vide nas zonas                          máis soleadas do
Val, que é o secreto dos seus                            exquisitos    caldos.
Esta histórica comarca produce                           elegantes           e
diferenciados viños brancos de                           dourado porte, froito
das variedades godello e                                 treixadura        que
maduran nun clima continental.                           Variedades     tintas:
mencía e merenzao e tempranillo.
       Polas súas características físicas, esta comarca responde
exemplarmente á ideas dunha denominación de orixe ben definida e de
personalidade acusada. A denominación de orixe monterrei está situada na
parte oriental de Ourense e limita con Portugal. Os viñedos encóntranse no val
de Monterrei e comprende os municipios de Verín, Monterrei, Oímbra e
                       Castrelo do Val. O clima é seco con máximas de 35ºC
                       en verao e mínimas de 5ºC baixo cero, en inverno. Os
                       solos son arcillosos e nalgúns lugares algo areosos. O
                       viñedo aséntase sobre vales e zonas de ladeiras.
                       Recentemente incorporouse o “tempranillo” dentro das
                       variedades da Denominación. O 100% da produción é
comercializada a nivel Nacional, sendo Galicia o mercado máis importante.
Actualmente comezan a estender o seu mercado ó exterior.

       Algunhas destas adegas con D.O.P. no Concello de Verín, son:

      Adegas Gargalo: Pazos- Verín.
      Adegas Bernabé Jimenez: Verín.
      Adegas Madrevella: Tamagos- Verín.
      Adegas Chicheno: Queizas- Verin (adega en Oímbra).
      Adegas Tapias-Mariñán: Pazos-Verín.
      Adegas Viña Lara: Queizás- Verín.
      Adegas Quinta da Muradella: Verín,
      Adegas San Fiz: Pazos-Verín.

             Outro paraxe salientable no que se refire
a natureza, é a zona de esparcemento que rodea o
Santuario dos Remedios.

                                 Por    último     pódense
                   salientar os cotos estañíferos de Feces
                   de Cima, situados na mesma “Raia Seca” ou fronteira con
                   Portugal. Por ela cruza o gran filón de mineral que abrangue
                   desde Vilarello ata Mandín. Enclavadas entre os Outeiros de
                   Cruces e Lomo Grande, estas minas son coñecidas polos
                   naturais co nome de “A Estañeira”. (A Fraga das Minas na foto
da dereita).

       Ou tamén destacar a pequena fervenza de Mandín →



      Outras zonas de recreo e esparcemento son: áreas
recreativas de Queizás, Verín, Mandín, Pazos,…




       Parque alameda en Verín e área recreativa de Pazos.




      O Concello pode presumir dun abundante patrimonio forestal de
montaña se exceptuamos o existente nas parroquias situadas cara o Este onde
se localizan algunhas masas arbóreas de importancia. Pazos, Vilamaior,
Ábedes, Cabreiroá, Tamagos,… aportan zonas repoboadas de coníferas entre
as que se mesturan algúns árbores autóctonos e foresta de monte baixo.

      As zonas más importantes están en Queirugás, destacando a antiga
Fonte dos Lobos (hoxe chamada de Fumaces), o Monte maior de Mandín e
Feces de Abaixo e a zona de batocos de Feces de Cima.

                         ROTEIRO DE SENDERISMO


Ruta del auga: é un pequeno itinerario
turístico polo municipio de Verín. Circuito
duns 12 km de percorrido, que comeza
na Casa do Escudo (Barrio de San
Lázaro) pazo do século XVIII, continúa
polo entorno do río Támega e percorre
                                                Casa do Escudo /Albergue peregrinos
os cinco mananciais de augas minero-
medicinais para concluír de novo no punto de saída.
       Traxecto de dificultade baixa cunha duración de 3h.30´
aproximadamente, e pódese realizar tanto a pe como en bicicleta. Ruta sinxela
incluso para os máis pequenos e está sinalizada a través de paneis de madeira
en todo su recorrido.
       Ruta: Casa do Escudo - Río Támega – Cabreiroá – Capela San Antón –
Sousas – Fontenova – Fonte do Sapo – Queirugás – Caldeliñas – A Pousa -
Casa do Escudo.

Ruta do Pozo do Demo: consta de dous variantes, partindo ambas da rúa
                            Infistela (xunto a glorieta Canella Cega), e cun
                             recorrido conxunto duns 3 km. Neste punto, o
                             camiñante ten dous alternativas:
                                     -     Circuíto pequeno de aprox. 2 km e
                             dificultade baixa.
                                     -     Circuíto grande de aprox. 6,200 km e
                             dificultade media. Este conduce ó entorno natural do
 Vista desde o Pozo do Demo
                            pozo do Demo e o miradoiro do mesmo nome.
        O interese da mesma é paisaxístico, o sendeiro regala, a medida que un
avanza, fermosas panorámicas do entorno.

        Ruta: rúa Infistela, Balneario de Cabreiroá e miradoiro Pozo de Demo;
desnivel duns 500 m; dificultade media e duración aprox. dunhas tres horas
(circuíto pequeno=5km e grande=9.200km).

Ruta BBT: maratón en bicicleta cunha distancia de 55 km. Cota máxima:
889.10m e mínima: 387.40m. Dificultade media- alta e tempo estimado dunhas
catro horas e media.
      Ten o seu inicio na rúa Irmáns Moreno, deputación, Luis Espada, barrio
San Lázaro, Pazos, subida o castelo Monterrei, Atalaia, logo pista forestal que
percorre os núcleos rurais de A Pousa, Mixós, Estevesiños, Vences
(Monterrei), descenso á capela de Arcucelos, Retorta, Matamá (Laza). Despois
seguen unha pista forestal de Vilar, Servoi, Rivas, Gondunfes, Marbán
(Castrelo do Val) e finalmente a fonte do Sapo e retorno o punto de inicio.

Vía da Prata: o camiño xacobeo de maior percorrido, unha prolongación da
calzada romana, que unía “Emerita Augusta” (Mérida) con “Asturica Augusta”
(Astorga). Con este termo (Bal´latta) os musulmáns designaron a aquela vía
pública empedrada e de sólido trazado que se encamiñaba cara o norte
cristián. A partires do 1250 o camiño foi utilizado polos peregrinos de Andalucía
e Estremadura, uns seguían ata Astorga, enlazando co camiño Francés e
outros tomaban a desviación de Poboa de Sanabria-A Gudiña-Verín-Ourense-
Santiago. Existe constancia de hospitais de peregrinos, en Verín e Monterrei.

Ruta de Requeixo: empeza en San Lázaro, sóbese por San
Gregorio, Pazos, Vilaza, Balneario de Requeixo (minicentral
eléctrica), polígono de Pazos, Fincas do Pracer (reservada de
paxaros), área recreativa de Pazos, cruzar o Támega pola ponte,
a Noria, Os coutos, Verín.

Ruta do Castelo: desde San Lázaro, calzada antiga,
Monterrei, Parador de Turismo, Acrópole (torre, palacio,
igrexa), fonte, Atalaia e logo baixase pola Pousa camiñando
pola vella estrada asfaltada, séguese pola ladeira do monte
ata Mixós, onde pódese visitar a súa igrexa prerrománica. Regreso pola
entrada da Pousa-San Lázaro para visitar a Capela e a casa do Escudo.

Ruta do Támega: comeza na praza García Babón, estrada da
Veiga, muíños da Veiga, Vilela (cruceiro e capela de San
Martiño), Tintores (presas do muíño e do Cerecero, e a presa
do muíño de San Miguel). Regreso pola ladeira esquerda do río
desde a Veiga de Vilela, ponte da Pousa, Preguiza, e Alameda
de Verín.

Ruta das Fontes: saíndo da avenida de Castela ou na rúa
Rosalía de Castro polo cemiterio, e o barrio da Cruz Vermella,
fonte do sapo, Queirugás, Santuario dos Remedios, Vilamaior,
Caldeliñas (fonte e antigo balneario), Salgueiro, A Rasela e
Verín.

Ruta dos Balnearios: desde o camiño vello de Sousas, Balneario de Fontenova,
Balneario de Sousas, Ábedes (igrexa e capela dos Traguerras, capela de San
Antonio), Balneario de Cabreiroá, Pozo do Demo, Monte maior, Cabreiroá e
Verín.
Ruta do Sur: da comezo na avenida de Portugal,
Queizás (igrexa e salto do Támega), Tamagos
(Granxiña e casa da Inquisición), Mourazos, Mandín
(reloxo da igrexa, peto de ánimas e fonte a Mirgadeira),
Feces de Cima (muíños de aceite), Feces de Abaixo
(fronteira con Portugal). →
           Riqueza histórica e cultural

      Pódese comezar o camiño visitando pontes, muíños, lavadoiros e
algunhas fontes tradicionais nos pobos.
                                Por exemplo as pontes que cruzan o Támega
                          por Verín, a ponte antiga é a da foto que parece que
                          fora construída nos tempos do
                          emperador Traíano, oriúndo
                          de Hispania, e que servía de
                          paso para o carrexo do mineral
                          das minas de Arcucelos e Laza, para ser levado a
Roma pola calzada principal que partía en Astorga. Segundo algún historiador,
a fecha da construción do ponte primitivo foi no 79 a.c. Antes da súa
construción había barcazas para o paso de persoas e animais. O río o seu
paso por Verín, conta con máis pontes de estilo moderno. →

      Muíños como o de Feces de Cima (de aceite), os situados entre Rabal e
Mandín (sen restaurar e algúns con mal acceso) ou Tamaguelos, como se
pode apreciar nas seguintes fotografías (as duas primeiras de Feces de Cima).




      Lavadoiros: A ausencia de auga corrente nas casas, obrigaba ás
mulleres a acudir ós lavadoiros públicos a facer a colada. A dura tarefa de lavar
a man estaba totalmente feminizada, os lavadoiros públicos constituíron un
lugar de encontro para as mulleres, un espazo de árduo traballo e mutua
compañía ata ben entrado o século XX.

        Os antigos lavadoiros eran totalmente
diferentes do que hoxe coñecemos; moitos
abastecíanse por un pozo anexo e algúns tamén
daban de beber ó gando e incluso, era un lugar
privilexiado para os árbores e praderas anexas.


                                                      Lavadoiro de Verín.
Máis tarde, coa innovación técnica, estes traballos pasaron a realizarse no
ámbito doméstico, pero hoxe en día moitos municipios da provincia conservan
                  os seus lavadoiros. Un exemplo é o lavadoiro de Verín,
                  utilizado durante moitos anos como gardería e na
                   actualidade é sede da Upd Limia-Verín. O lavadoiro con
                   fonte de Mandín (foto esquerda). Algúns tamén sen
                   restaurar (ex.: lavadoiro de Mourazos).


Fontes tradicionais de auga, como poden ser as xa anteriormente citadas, de
Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Fonte do Sapo, Caldeliñas, ou a fonte de
Pilatos e a “Mirgadeira” en Mandín (Fotos inferiores).




       Tamén pódese atopar algún que outro forno e hórreo nos pobos máis
rurais da Comarca.
       Nas proximidades de Mandín, encontráronse establecementos
castrexos, chamados O Circo e Moreiroá. Tamén en Cabreiroá.
         Os primeiros datos de asentamentos nas proximidades de Verín,
proceden do paleolítico e apórtannos materiais de fragmentos de cerámica
variada e de tipo campaniforme cerca de Feces de Abaixo. Da época
megalítica, abundan necrópoles que atestiguan a toponimia dos dolmens e
petróglifos que perduraron ata a Idade media.
       Próximo a Tintores, e formando parte dun muíño, localizase un miliario
romano usado como poste de sustentación do teito dun alpendre.


      FESTAS

      O Concello quere dar a coñecer a súa idiosincrasia a través de festas de
carácter popular, onde ensalzan os produtos da zona e tamén as tradicións.
Tampouco queren deixar pasar por alto concretas datas do ano, para ofrecer
os seus veciños poder disfrutalas, como: O Entroido, Reis magos, Magostos
populares,... e que non desapareza o sentido destas festas. Pero son os
veciños e veciñas os que mellor saben e entenden de tradicións e eles son os
encargados de transmitirlle ás novas xeracións e o Concello de potencialo.

      Repartidas o longo do ano, celébranse as seguintes festas e actividades:

      15 Xaneiro: San Amaro en Mourazos.
      17 Xaneiro: San Antón en Ábedes.
     3 Febreiro: San Brais na Rasela.
     9 Maio: San Gregorio en Cabreiroá.
     2 Xuño: Corpus en Tamagos.
     29 Xuño: San Pedro en Queizás.
     24 Xullo: Santa Cristina en Tintores.
     25 Xullo: Santiago en Vilamaior.
     1 Agosto: San Fiz en Pazos.
     15 Agosto: Santa María en Madín y Verín.
     24 Agosto: San Bartolomeu en Queirugás.
     8 Setembro: Os Remedios Vilamaior, Feces de Cima e Tamaguelos.
     15 Setembro: Os Dores en Feces de Abaixo e San Lázaro (Verín).
     11 Novembro: San Martiño de Vilela.


   Feiras no mercado de Verín os días tres, once e vintetres de cada mes.

   Feiras e festas de San Lázaro: coa promoción de produtos e artesanía
da comarca. Feira gastronómica (Bandullo) e do viño D.O. Monterrei. O mes
seguinte ó entroido.

   San Xoán: celébrase o 24 de xuño, coas tradicionais fogueiras da noite
de San Xoán e acompañado de produtos tradicionais como o licor café e a
bica.

  Batucada: no mes de xullo celébrase o carnaval do verán (finais do
mes).

   Feira do viño denominación de orixe Monterrei: feira de agosto.

   Un río de tapas: no mes de agosto.

    Xornadas de folclore: con actuacións de diferentes países a través de
bailes típicos, celébrase o 15 de agosto.

   A rebelión dos Irmandiños: celebración no Castelo de Monterrei dun
xogo de rol baseado na rebelión dos irmandiños. Entre setembro e primeiros
de outubro aproximadamente.

    Carrado do Viño: peculiar festa para ensalzar a cultura do viño, é o
obxectiva desta festa; o 2010 foi a carta edición celebrada en Verín a
primeiros de novembro. Carros de viño despachan a bebida que da
identidade a comarca, acompañados de xamón, cachucha, empanada e
licor café entre outros produtos. Os carros van percorrendo as calles de
Verín realizando paradas intermitentes nos distintos barrios para honrar a
San Trifón (patrón de viticultores) e os participantes van desfilando en
procesión ó compás dos carros amenizados polas típicas charangas.
      Magosto: ou San Martiño, celebrase co asado de castañas nas
   fogueiras que conforman o tradicional magosto. Hoxe celébrase en case
   tódolos pobos, pero antano tivo unha festa importante en Vilela e Mourazos.


                                                   OS REMEDIOS
       Romarías dos
                          Conta a lenda que a Virxe aparecéuselle a un pastor
   Remedios, o 8 de       chamado     Álvaro     do   Rigueiro.   Encomendoulle       que
   setembro no campo      comunicase a nova ó pobo e que era vontade da Señora que
   dos Remedios de        se lle construíse un santuario co nome de Nosa Sra de
                          Parafita.   Ante   a   incredulidade    do   pobo,   volvéuselle
   Vilamaior, rodeados
                          aparecer dúas veces máis co mesmo mandato. O mozo estivo
   dunha zona de          preso sen comer e afirmaba que a Señora lle levaba comida.
   esparcemento     en    Uns canteiros biscaíños fixeron as obras, que comezaron o
   plena natureza.        21 de marzo de 1541. No lugar do Humilladoiro, o párroco
                          colocou un cruceiro.




       Romaría de San Antón: 17 de xaneiro, máis coñecida como Festa do
   Chourizo; nela, os romeiros vanse esparexendo e collendo sitio polo monte,
   arredor da capela, con fardelos de comida (chourizo, costela de porco,
   empanada,…) e de viño. Tamén hai música e postos de algúns produtos da
                        zona.

                             A romaría atópase entre a mitoloxía ancestral e a
                         relixiosidade popular. Trátase da ofrenda ó protector
                         benefactor, no pasado unha divindade ou forza da
                         natureza, agora o santo Antón.

                            Nesta romaría, fai aparición por primeira vez a
   máscara do Cigarrón, que látego en man e sorriso cínico plasmado na súa
   careta, anuncia a proximidade do Entroido.

      PARA NENOS: realízanse varias actividades o longo do ano adicadas ós
  nenos, Talleres no verán, campamentos, Cabalgata de reis magos,
  actividades varias nas casetas das feiras (pintura, xogos,…), ludotecas en
  Nadal e verán,…

       ENTROIDO: e a festa por excelencia, festa galega de interese turístico,
un rito ancestral. Posúe nestas terras, un toque singular debido ós ingredientes
imprescindibles no entroido verinense: fariña (para mancharse uns a outros,
chegando a consumirse miles de quilos nestas datas). Nun principio estas
costumes sorprenderán o visitante, pero pronto pasará de ser un mero
espectador a participar neste gran espectáculo popular.

       Unha data sinalada dentro do calendario do Entroido, é San Antón o 17
de xaneiro, fan a súa primeira aparición ós Cigarróns, anunciando a
proximidade do entroido. Logo o Xoves de Compadres: xornada na que ten
lugar a primeira petardada, é o primeiro día do entroido, é día de homes, no
que se celebra o xuízo do Maragato, o cal un ano máis, será condenado e
executado. Despois dunha boa cea, os homes percorren as rúas en compaña
das charangas e do “carro do Meco” para chegar a praza maior e xulgar o
Maragato. Antigamente as mozas facían os compadres ou bonecos que imitan
a figura dun home, colgándoos en lugar visible ou procurando aldraxalos e ata
queimalos, sempre coa oposición dos mozos que trataban de evitalo.
       Séguelle o Domingo de Corredoiro, só faltan 7 días para o domingo
Gordo, esa mañá os cigarróns percorren as rúas da vila converténdose nunha
auténtica banda sonora e a tarde, na praza García Barbón, terá lugar a primeira
“Fariñada”.
       Despois o Xoves de Comadres: un día que non últimos anos gañou un
                           protagonismo impresionante, xa que máis de mil
                           mulleres abarrotan os restaurantes da vila para cear,
                           esperando que chegue a hora máxica (00.00h) para
                           dirixirse a San Lázaro (Casa do Escudo) para seguir
                           a procesión “Da vela e das sabanas brancas” e
                           recibir a raíña e a Don Carnal, que fan a súa entrada
                           pola calzada medieval que baixa desde o Castelo,
escoltados polos cigarróns, charangas e toda unha multitude de xente que
percorrerán as rúas máis emblemáticas da vila para acadar escoitando o
pregón (relato que de xeito satírico, grotesco e burlón, ridiculiza tódolos
sucesos acontecidos ó longo do ano na vila) e dar por comezado o Entroido.
       Venres de Entroido: comezan a chegar os non nativos da localidade, os
cales mestúranse cos lugareños e fan das rúas un continuo espectáculo de
color, humor e inxenio, preludio do que esta por chegar.
       Sábado: Espertan ós veciños, as charangas, petardo e bombas.
Multitude de verinenses e visitantes desfrutarán da noite de Verín, unha das
máis esperadas polos máis novos. Pola tarde na praza do Cigarrón, e
organizado pola asociación do cigarrón, realizan un acto solemne no que tres
novos cigarróns serán vestidos con todas as honras en presenza de toda a
xente que queira acompañalos nese día tan especial. Asiste a raíña e o
entroidero maior e tamén hai degustación gratuíta de produtos típicos como
bica ou licor café.
       Domingo de Entroido (Domingo Gordo): as
12.20h terá lugar o desfile, os cigarróns en cabeza,
logo comparsas, carrozas e moita fariña. Multitude de
persoas abarrotan as rúas, a poboación verase envolta
de xente en poucas horas. Co desfile dará comezo un
espectáculo para os sentidos.
       Luns: o sétimo dia pero a festa non decae. A
fariña será a protagonista nesta tarde (fariñada), xunto
cos nenos e as numerosas atracción que se dan cita nestes días.
       Martes: pola tarde, ten lugar un novo desfile (é o último día pero a xente
négase a aceptalo e prolóngase a troula ata a madrugada).
        Mércores de Cinsa: festivo local, “enterro da sardiña”, desde os anos
trinta neste día, celébrase en Verín este feito. Substitúe en vilas e cidades ós
cerimoniais de despedida do entroido representados polos sermóns,
testamentos e queimas dando ademais unha nota anticlerical propia das
épocas en que tivo o seu máximo esplendor. O serán do Mércores de Cinza,
reuníanse na Praza maior as xentes ataviadas adrede para un enterro,
lanzando berros lastimeiros pola morte do Entroido, simbolizado nunha sardiña
ou nun pelele.
        Domingo de Piñata: este domingo pecha a semana grande da festa,
cun xantar colectivo. O remate do xantar faise entrega do “premio Pescadilla”
cedido pola Comisión do Entroido a aquela comparsa que máis gustase o
público, durante o Desfile do domingo do entroido. (Premio en lembranza ó
Pescadilla, o cal tivo un papel imprescindible nestas festas). Remata a festa
pola tarde, cun baile popular amenizado por unha orquestra.

        A figura do Cigarrón: é o elemento máis característico do entroido. O
orixe do Cigarrón, coma todo o que se perde ó longo
dos anos, forma parte dunha lenda. Puido ser un
cobrador de impostos na época do medievo, ou o
encargado de levantar a caza do señor feudal, ou
tamén, un enviado da igrexa para facer crer a aqueles
que dubidaban da súa fe.
        O cigarrón leva unha careta de madeira tallada
e pintada, unha mitra pintada con motivos animais ou
de natureza en xeral, e na parte posterior colócase
unha pelica. O traxe está conformado por unha
camisa branca, garabata vermella (actualmente de
cores variados), pano bordado nos ombreiros e
chaquetiña curta con tiras de pasamanería, frecos
dourados e tres lazos de diferentes cores. Na cintura, colócase unha faixa onde
irá o cinto de coiro cas chocas.Colócanse alternas, pois diferencian o seu son
en machos (graves) e femias (agudos) e tamén deben estar concertadas para
que produzan o seu son característico. Unha das artes do cigarrón é
precisamente, mover con xeito as chocas, usando o movemento do seu corpo.
Nas pernas levan calzón curto con trenzados de lá branca e de cor, frecos e
bordas, nas que predominan cores vermellas e verdes. O resto das pernas
cóbrense con medias brancas de encaixe que se suxeitan con ligas. Nos pés
zapato negro e na man un látego do que pende unha badana de pel.
        Camiña sempre choutando e meneando as chocas, batendo coa
zamarra a quen se cruzo no camiño. Non fala e nunca debe sacar a súa careta
na rúa a pesares de que na actualidade sexa frecuente.
        Antigamente os cigarróns pedían cartos, o que orixinou a copla “cigarrón
lapón mete os cartos no bolsón”. Un o varios cigarróns poden acurralar ós
viandantes e obrigalos a que na taberna máis próxima realicen unha invitación
a viño.
       O capuchón do entroido: as primeiras constancias do uso deste
disfráz, remóntanse ó 1914 “O recreo de artesáns”, era o que celebraba o baile
máis popular da vila, acudían modistiñas e costureiras da vila en abundancia.
Destacaban entre os moitos disfraces, os Capuchóns. Especie de sotana negra
o de cor estampada, e cobre a cabeza cunha capucha. Na cara lévase unha
careta ou máscara. (Segundo Federico Cocho no Carnaval de Galicia, dice que
o capuchón permite mirar de fronte a quen nunca se atreveu, ignorar o saúdo,
botar un baile coa moza apetecida, gastar bromas,… ser simplemente un
capuchón sen nome e apelidos, sexo e idade).



              Tesouros arquitectónicos .


        Como patrimonio museístico, chamamos aquelas pezas rescatadas das
distintas escavacións realizadas na zona e que por o seu valor histórico
pódense contemplar hoxe nas salas do Museo Provincial de Ourense. Outras
están desaparecidas o dispersas en mans de particulares tal como ocorre con
aras, pedras muiñeiras, labras heráldicas, e moitas outras pezas menores.

        O patrimonio urbano de Verín, viuse afectado cos anos
                      pola voráxine reconstrutora que tanto ten
                      significado nos tempos actuais. Apenas
                      quedan algunhas casas fidalgas que
                      aínda luces nas súas fachadas os
                      señoriais blasóns, como Pazo dos

                    Acevedo, antigo pazo hoxe transformado
Casa solariega de Pazos
nun curioso bar “Living Café”; presenta un pórtico con tres arcos de medio
punto, edificio construído en pedra e presenta no piso superior dos balcóns
entre os cales sitúase un fermoso escudo. Tamén destacan: o edificio
Recaredo Romero, a Casa do Fiscal (actualmente Modas Rosy) e o edificio
Peláez en Luis Espada e o Reitoral de Pazos.

                      Edificio modernista: fronte a casa dos Acevedo, casa
              construída a base de combinar pedra e vidro, o que lle da un
              aspecto moi elegante. Bonitas galerías. Na fachada tamén
              chama a atención as numerosas filigranas e formas que
              presenta a pedra usada na súa construción. A parte esquerda do
              edificio está dominada por unha esvelta torre con galerías e
              rematada en bonita cúpula. Pódese visitar concertando cita
previa cos donos.

      Convento Padres Mercedarios: o seu primitivo emprazamento foi en
Monterrei. Fundado no 1484 pola iniciativa do Conde Sancho Fdez de Ulloa.
Pola importancia defensiva do castelo, a comunidade instalouse en Verín no
1557. Despois da exclaustración adquiriron parte da
súa antiga propiedade en 1933, sendo hoxe colexio
de aspirantes mercedarios. O convento está situado
na praza que leva o seu nome, consta de dous
partes, unha destinada á comunidade e outra para o
culto. A construción actual corresponde na súa maior
parte ó século XVIII. Aproveitáronse para elo, pedras traídas de Monterrei,
como comprobouse en recentes obras, onde apareceron pedras labradas,
restos de arcos, anacos de columnas, signos lapidarios iguais ós de Monterrei,
e incluso, unha pedra fechada en 1603. Na parte externa destacan a torre e a
fachada. A torre é de composición barroca, ten catro ocos para as campás,
balconcillos de pedra sobre ménsulas e balcón abalaustrado. Ten outro
segundo corpo do mesmo tipo e con pináculo de estilo ferraríano no domo,
tendo outros tantos pináculos sobre as volutas que son tanxentes á capulilla.
Foi construída no 1738 segundo inscrición.
       Hoxe é un colexio privado, co cal non está aberto o público. No obstante,
é posible unha visita concertada cos P.P. Mercedarios.

     Casa do Asistente ou Casa do Escudo: fronte
a capela de San Lázaro, o máis relevante é o
                 fermosísimo escudo de grandes
                 dimensións, que está na fachada.
                 Actualmente exerce de sala de
                 exposicións,      albergue       de
                 peregrinos e oficina de turismo.

        Centro de Interpretación de Verín: Casa da Cultura, este centro
permite realizar un percorrido virtual a través de imaxes
fixas e en movemento, de diferentes facetas da vila.
Contempla nas distintas salas toda a información
histórico-cultural da comarca: patrimonio, augas
mineromedicinais, balnearios e mananciais, o viño, e
carnaval, a gastronomía e outros espazos naturais. Os
grupos deben concertar visita. Unido á biblioteca,
edificio tamén antigo e de gran porte →

       Tamén, como sucede noutras partes de Galicia, é moi grande a riqueza
en mostras de arte relixiosa: cruceiros, igrexas, petos de ánimas,…
espallados por toda a xeografía do Concello.

     Cabe destacar a presenza dos característicos cruceiros e petos de
ánimas, obras de anónimos artistas, que localízanse nas parroquias do
Concello de Verín.
   Petos de Vilela, Pazos, Tamaguelos, Mourazos, Tamagos, Os remedios


    A maioría dos cruceiros verineses non mostran a riqueza escultórica dos
existentes noutras partes de Galicia, pero deixan translucir na súa simpleza, a
intencionalidade cristianizadora e protectora das innumerables encrucilladas
desta comunidade. Cuceiros hai aínda na capela de San Antón, en Cabreiroá,
en Caldeliñas, Pazos, Vilamaior, San Lázaro (pegado a Capela), Vilela,
Mourazos, Tamagos ou Tamaguelos, e mostra o seu xoven aspecto ó da
subida a Monterrei en San Lázaro.

   Entre os escasos petos de ánimas, destaca o de Mandín; o de Tamaguelos
desapareceu para asentarse noutra parte.

   Mandín: Consta dun corpo de sillería provisto de fornacina en medio punto
               sobre repisa de carto bocel. Sírvelle de remate ó monumento,
               unha cruz apeada sobre un pedestal moi desenrolado. No
               interior da fornacina figura un panel de madeira, pintado con
               vivos cores representando de forma inxenua a Virxe do
               Rosario e San Miguel coa balanza, ademais de rótulos que os
               identifican.


   En canto as igrexas, pódense destacar:

      Igrexa Parroquial de Verín, Sta María a Maior:
No seu interior encóntrase o Cristo das Batallas,
probablemente de Gregorio Fdez o Martinez
Montañes, que anteriormente presidiu a capela do
Cristo de Monterrei. Una capela chamada dos Dores,
adosada á igrexa e froito dunha doazón, acolle a imaxe da Dolosa e do Cristo
xacente. Destacan as imaxes do Cristo coa cruz, o Crucifixo, San Xosé ou a
Inmaculada. No seu exterior destaca un reloxo de sol ubicado nun lateral da
capela.

                           Igrexa da Merced de Verín: a igrexa do convento ten
                     unha fachada moi sinxela, con torre cadrada de dobre
                     balconada e rematada na cúpula. No seu interior hai un
                     retablo barroco feito por Francisco Moure segundo algúns
                     (aínda que Mario Alonso Aguado afirma na revista Estudos da
Merced, nº177, que foi Fray Pedro Pascual García a quen chamaban “mestre
de escultura e arquitectura”, e tamén deixou obras en Gondulfes, Flarix, A
Xironda, Castro de Laza, Sabucedo de Limia,…).
                                Primeiro foi o claustro e logo a igrexa e a torre
                           (1738) de corte barroco con aportes neoclásicos na
                           portada do convento. Nun lateral do presbiterio figura
                           unha lápida sepulcral coas armas dos Feijóo e con
                           data de 1762. Nas escalinatas interiores que
                           comunican coa parte superior do claustro, resalta un
par de blasóns orixinarios, posiblemente, do antigo establecemento desta
orden en Monterrei. Na igrexa destaca a Virxe da Merced, o retablo maior e
outros catro laterais, os releves de Fco de Moure (XVII) e o da Fundación da
Orden do século XVII. O coro conta con sillería adosada labrada en madeira
afiligranada. Pódese visitar de luns a domingo no horario de culto.
       Igrexa Sta María de Ábedes: nos seus arredores, localizouse un
importante xacemento do Bronce Inicial e por estes
restos arqueolóxicos sábese da súa ocupación desde
época romana. Foi feita no 1569, reformada no século
XVIII e no 1807 engadíuselle a sacristía. No seu
interior, retablo da Asunción (1580-90) de Alonso
Martínez coa talla da Virxe e táboas pintadas da
Flaxelación e do Cristo. Nos muros, pinturas ó fresco de San Sebastián e da
Asunción feitas ó rematar a obra da igrexa.

      Igrexa San Salvador de Cabreiroá: Conta con establecementos da
cultura dos castros e romana sendo na Idade Media un núcleo importante do
avance cristianizador. A igrexa actual é do século XVII e no seu interior
conserva un retablo maior do XVIII e unha cruz de prata de 1620 do artista
verinense Penín.

      Igrexa Sta Mª de Feces de Abaixo: de finais da Idade Media, relacionada
sempre con su estatus comercial de fronteira. No ponte que une esta vila con
Portugal, quíxose ver a pegada romana e aínda hai brasóns que testemuñan a
existencia dunha pequena fidalguía rural. A fábrica actual da igrexa é do século
XVIII e a pila bautismal tamén.

      Igrexa Sta Mª de Feces de Cima: o edificio da igrexa xunto co seu
retablo interior son do século XVIII. Vellas almazaras aínda testemuñan nesta
parroquia a importante presenza do cultivo da oliveira no val.

                             Sta Mª de Mandín: Orixe romano do finais da
                       Idade Media. A fábrica da igrexa data no século XVIII e
                       conta cunha escultura do Cristo Crucificado e unha Cruz
                       Parroquial (XVIII) de Ortiz.
     Igrexa de San Mariño de                        Mourazos: acredita o
seu orixe la tino no seu nome e na                   ubicación dunha vila
romana no lugar da Muradella. Foi antigo             coto dependente do
convento de Santa Clara de Allariz. O                edificio da igrexa é do
século XVIII con restos románicos.

      San Pedro Fiz de Pazos: Pertencía ó mosteiro de Celanova, no que
posuía un priorado. Numerosas casa e labras heráldicas descobren o seu
pasado fidalgo. A igrexa é de corte barroca destacando no seu entorno unha
interesante casa reitoral e un cruceiro.

     San Bartolomeu de Queirugás: aparece xa mencionada na baixa Idade
Media como doazón a Celanova, de man dos propietarios da vila.Tamén
albergou nas súas proximidades, diversas propiedades pertencentes ó
convento mercedario de Verín. É de construción do século XIX e conta con
utensilios da mesma época. Na fachada da casa do bispo figura un barroco
escudo heráldico coas armas do seu posuidor.

      San Pedro de Queizás: Orixe medieval. Foi propiedade real ata que
pasou en doazón ó bispo de Ourense. Tamén figurou como un anexo do
“curato” de Vilaza. A igrexa conta cun edificio con restos románicos no seu
ábside rectangular e na nave. No seu interior, destacan as efixies do Cristo
Crucificado (XVIII), un retablo do século XVII e a pila do auga bendita que se
asenta sobre un ara romana.

      Santa María da Rasela: Anexo de Queirugás, non se menciona co este
nome ata finais da Idade Media. Aquí ubicouse unha casa solar dos Opazo e
Figueroa e tamén propiedades pertencentes ós padres mercedarios. A fábrica
da igrexa é do século XIX con restos románicos, destacando no seu interior un
San Xoán Bautista (XVII) e unha cruz procesional do XVII.

     Santa María de Tamagos: Como anexo de Vilaza aparece
xa mencionada na Idade Media. Contribuía con numeroso foros ó
mosteiro cisterciense de Montederramo, e tubo a súa vez como
anexo á igrexa de Vilar de Cervos. A fábrica é de estilo románico
destacando no seu interior un retablo da Asunción do século XVII.

      Santa María de Tamaguelos:                         orixe    medieval,
levantada no ano 1567, aínda que con                      fachada do século
XVIII. Conta cun retablo maior (tamén                     do XVIII) e unha
escultura de Santiago Peregrino.
     Santa Cristina de Tintores: igrexa do século XVIII e ten un cruceiro do
ano 1885. No seu anexo de San Martiño de Vilela, tamén aludido no medievo,
destaca a presenza dun artístico cruceiro do XIX e una capela.

     Santiago de Vilamaior: o edificio da igrexa é do século XVIII.

                         Santuario de Nosa Sra dos Remedios: en Vilamaior, a
                   fábrica actual sustituiu á antiga
                   capela erguida no lugar onde se
                   rexistrou a aparición da Virxe. O
                   actual edificio foi comezado no
                   1541, continuado na súa fachada
                   durante o XIX e a súa torre foi
                  rematada no século seguinte. No seu interior hai un retablo
maior de XVIII no que interviron os artistas Xoánde Angés O Mozo, Bartolomeu
de Croanes e Alonso Martínez. Outros catro retablos laterais do século XVII,
unha imaxe de Sta Catalina, a Asunción e outras efixies de santas do mesmo
século, son                          tamén de Alonso Martínez. Ademais existe
un    releve                         coa coronación da Virxe do XVIII de autor
                                     descoñecido e conserva varios retablos e
diversas                             pinturas que poderían ser de Xoán
Bautista                             Celma (estreito colaborador de Martínez).


     En canto a capelas débese recordar as capelas de nosa Sra da Estrela, la
de Misericordia e de San Roque. Actualmente no barrio de Outeiro de Pazos
aínda se levanta a capela de San Gregorio (antano con notable concorrencia
festiva).
     San Antón de Ábedes onde se celebra tradicionalmente a romaría
popular anual do 17 de xaneiro.
     Capela de San Lázaro: tanto a capela como o seu entorno foi rehabilitado
no 2001. Construída no século XVIII en mampostería,
cunha       sola nave de planta rectangular con
espadana. O longo da súa existencia tivo diferentes
usos, como leprosería ou albergue de peregrinos. O
interior é austero, carece de retablos e unicamente o
altar maior está presidido pola imaxe dun crucificados
e dos pequenas tallas da Virxe a cada un dos seus
lados.
    Outras cousas que ver.

   Tamén pódense encontrar no Concello de Verín, algunhas esculturas ou
monumentos dignos de visitar como poden ser:

        -    Monumento ó Cigarrón,                      sito en Verín na praza
do Cigarrón no corazón do casco vello.                  (Nesta           praza
celébrase no sábado do carnaval o                       nacemento de tres
novos cigarróns).
        -    Monumento ós carboeiros,                    situado
na praza que leva o seu nome en Verín,
dedicado a este personaxe inseparable dos camiños de varios
concellos e cargado de lendas; nun tempo atrás foi o rei dos
montes do contorno. Os carboeiros baixaban ata o val o carbón
vexetal para a súa venda nos concellos de Castrelo e Verín.

       -       Busto Irmáns La Salle, acompañado dunha placa
                conmemorativa cos nomes dos profesores e
                directores do antigo colexio dos irmáns La Salle,
                (fundadores do Colexio San Xosé). Hoxe este
                edificio é a Biblioteca de Verín e está situado na
                Avda de Portugal.




      Foto antigo Colexio, hoxe Biblioteca (foto da dereita)
       -

         -    Estatua García Barbón: situada no centro do casco histórico, (o
final da praza maior) na praza do mesmo nome. Nun dos seus extremos hai un
homenaxe a García Barbón (un busto), que foi o fundador das
escolas cristiáns en Verín.
         O monumento é bastante sinxelo, consta dun pedestal
de granito sobre una especie de escalinata na que hai gravada
unha inscrición conmemorativa e unha placa na que se
representa en releve, on neno estudando. Sobre o pedestal
álzase o busto de Xosé García Barbón realizado en bronce.
         -    Antiga escola de Mandín, sita no
“toural” ó lado do área recreativa e lugar onde se
celebran as festas e outros eventos. Agora sírvelles
de salón de reunións, casa da cultura, centro de
mulleres rurais,…

         -    Praza do Concello de Verín: Como o
seu nome indica, nesta praza encóntrase a Casa do Concello. É unha ampla
praza de planta cadrada, delimitada polas calles Laureano Peláez, Dtor Pedro
Glez Colón e Avda Portugal, na que hai unhas
zonas axardinadas moi coidadas e unha gran
fonte ornamental de formigón, no solo e parece
trazar o camiño a porta principal do Concello.
       A diferenza doutras vilas o cidades, a praza
do Concello de Verín, no é o epicentro do casco
vello nin lugar de celebración de festas e
mercados; é o centro da actividade administrativa,
comercial e financeira da vila.

                                     -    Outra fonte salientable en Verín e
                            acompañada dun área recreativa e natural
                            importante para os veciños, é a praza da Alameda
                            coa fonte: gran praza axardinada na que, aparte
                            de arboredo e de flores, no centro conta cunha
                            fonte ornamental de pedra e o redor, parques
                            infantís e de circuíto de mantemento para adultos.

       -      Mercado de Gando: a moderna lonxa
agropecuaria canaliza a potencia dun sector de gran
importancia non só da comarca senon tamén da
provincia, créase co fin de dotar o sector agrario de
canles de comercialización.




    Un alto no camiño


Aloxamentos:

      Para peregrinos, temos o Albergue de Verín, sito na Casa do Escudo,
equipado con liteiras, duchas, lugar para gardar bicicletas,… capacidade para
26 persoas.
Parador de Monterrei/Verín: 3 estrelas e
integrado na rede de “Paradores Nacionais”.
Situado no Concello de Monterrei, pero
compartido con Verín (ubicado nas lindes de
ambos Concellos). Conta con 22 habitacións
dobres e unha con salón, ten unha
capacidade para 46 persoas. Habitacións
equipadas                con               aire
acondicionado/calefacción, caixa forte, canal
plus, minibar.
       Servizos de acceso gratuito a internet, lavandería, bar, hilo musical,
xardín, parking, piscina, restaurante, salón de conferencias, outros salóns,.. e
zonas comúns adaptadas para persoas de mobilidade reducida. No admiten
animais.

A súa estrutura presenta o aspecto dun Pazo galego, con unha torre central
almenada, fermosas vistas o Castelo de Monterrei e fantásticas panorámicas
de Verín e Comarca, ademais dos prestixiosos viñedos do val.
(Tlf: 988 410075).

      Hoteis una estrela:

O Augueiro: 13 habitacións e capacidade para 25 persoas. Avda sousas 117.
(Tlf: 988 411026).

Hotel Villa de Verín: 30 habitacións e capacidade para 48. Ten parking. Rúa
Montemaior 14. Tlf: 988 411981.

Hotel Dos Hermanas: Con 24 habitacións e capacidade de 42. Avda. de
Sousas 106. Telf: 988 410280.

Hostal Brasil: 23 habitacións e capacidade para 41 persoas. Avda castilla 7.
Tlf: 988 410249.

Hostal Ribeiro: 8 habitacións e capacidade para 16. Avda castela 69. Tlf: 988
411532.

Hostal San Luis: 13 habitacións e capacidade para 26. Rúa fonte do sapo 1.
(Tlf: 988 410900).

Hostal Venecia 2: 21 habitacións dobres e capacidade para 42. Rúa Viriato 1.
Tlf.: 988 410864

Pensión Helvético: 5 habitación e capacidade para 10. Rúa Alameda, 4. Tlf.:
988 411067).

Pensión Lugano: 14 habitacións e capacidade para 26. Rúa Amaro Refojo 14.
Tlf.: 988 410391.
Pensión San Roque: 11 habitacións e capacidade para 20. Avda de castilla
67. Tlf.: 988 411429.

Pensión Parada: 4 habitacións e capacidade para 8 persoas. Estrada de Laza,
3. Tlf.: 988 410036.

Pensión Josmar: 4 habitacións e capacidade para 8. Rúa Cruz 7. Tlf.: 988
411743.

Pensión Amsterdam: 12 habitacións e capacidade para 24. Rúa San Gregorio
1. Tlf.: 988 413686.

San Roque: Avda Castilla 67. Tlf.:988 411429.

Para comer:

      O Castelo: cociña galega, especialidade en parrillada e capacidade para
90 persoas. Aparcamento. Estrada de Laza, 166. Tlf::988 411182.

      Hotel Brasil: Cociña galega e especialidade en cocido e cabrito; e
capacidade para 250 persoas.

      Lugano: Cociña galega, especialidade en cocido e filloas, e capacidade
para 100 persoas.

      O Augueiro: cociña galega, especialidade en cabrito o forno, e
capacidade para 92 persoas.

      Helvético: este hostal tamén da comidas.

      San Roque. Este hotel da comidas.Gran capacidade.

       Rías Baixas: Cociña galega, especialidade en solomillo á pementa, e
capacidade para 200 persoas. Aparcamento.Estrada Portugal-acceso autovía.
Tlf:988 412540.

      San Antón: cociña galega, especialidade en cocido e capacidade para
70 persoas. Rúa san antón 15. Tlf.: 988 412072.

      Venecia: cociña galega e especialidade en lacón con grelos e polbo á
galega. Capacidade para 80 persoas. Rúa lisa 13. Tlf.: 988 410864.

      Parrillada A Lousa: cociña galega e especialidade en churrasco;
capacidade para 90 persoas. Rúa castelao 3. Tlf.: 988 411941.

       Casa do Pulpo: Cociña galega e especialidade en polbo e carne ó
caldeiro. Capacidade para 100 persoas. Avda Portugal 24. Tlf.: 988 410886

      María Toxiña: Cociña creativa. Praza Alameda 21. Tlf.: 988 412641.

      Alambique 1: comidas Avd. Portugal 6; tlf: 988 410533.
     San Luis: este hotel tamén da comidas.

     Estadio: Avda laza s/n. Tlf.: 988 413404.

     O meu lar: Avda laza 57. Tlf.: 988 412662.

     Restaurante Chino Taiwan: San roque 10. Tlf: 988 414426.

     Támega: sousa 83. Tlf.:988 410600.

     Zapatillas: Luis espada 34, interior. Tlf.:988 410729.

     Mesón Vagalume: rúa maior 4. Tlf.: 988 412315.

     Mesón do Emilio: avda. Luis Espada 21. Tlf: 988 411428.

     Mesón O Candil: ctra nacional- Pazos- Tlf.: 988 411120.

     Mesón O Fiadeiro: Avda laza 184. Tlf.: 988 410428.

     Tapería Jamón jamón: Luis espada 16. Tlf.: 988 414318.

      Alambique 2: Constitución 14. Tlf:988 412272. (pratos combinados,
tapeo).

     HAMBURGUESERÍAS E PIZZERIAS.

     Minus: Rúa Irmáns Moreno.

     Canasta: Rúa Irmáns Moreno 22. Tlf.: 988 413697.

     Pizzeria Italia: Rua das flores 1. Tlf.: 988 411232

     Pizzeria Di Pietro. Rúa espido.

     Star Pizza: Galerias san miguel 6. Tlf.:988 414055.

     DONER KEBAD: galerias Zagros.


                               VERINESES DE SONA

      Xosé García Barbón, empresario e mecenas (1831-1909)

      Eloy Luís André, filósofo e psicólogo (1878-1935).

      Laureano Peláez Canellas, abogado e político (1879-1955)

      Xesús Taboada Chivite, arqueólogo e etnógrafo (1907-1976).

      Roberto Verino, deseñador de moda (1945)

      Manuel Taboada Cid, filólogo (1946-1993).

      Xosé Carlos Caneiro, escritor (1963).

				
DOCUMENT INFO
Shared By:
Categories:
Tags:
Stats:
views:7
posted:8/19/2011
language:Galician
pages:28