Elaboración do plan anual by mxp28572

VIEWS: 41 PAGES: 3

									             IES AS TELLEIRAS                   MANUAL DE PROCEDEMENTOS
                                                               PR5403
             Elaboración do Plan Anual          Re: 1 – 12/03/08    Páx. 1 de 3


OBXECTO

Elaborar a planificación anual do centro dentro dos principios da Misión e atendendo
aos obxectivos do Plan Estratéxico, así como a información derivada da Revisión do
sistema.

ALCANCE

Todas as actividades susceptibles de ser contempladas na xestión do centro.


MISIÓNS E RESPONSABILIDADES

Director/a

-   Lidera a elaboración e a revisión do Plan anual

Equipo directivo

-   Elabora de xeito coordinado o Plan anual.

Responsable de Calidade

-   Facilita ao equipo directivo a información para a análise previa á elaboración do
    Plan anual .
-   Informa ás distintas funcións afectadas dos obxectivos do Plan anual que lles
    concirnen.
-   Encárgase da xestión documental do seguimento dos obxectivos.

Responsable dos obxectivos establecidos no plan anual

-   Trata de levar a cabo o obxectivo atribuído de acordo a planificación contemplada
    no mesmo.


DESENVOLVEMENTO

1 Elaboración do Plan anual

O equipo directivo redactará ao principio do primeiro trimestre o Plan Anual para o
curso que está a punto de comezar. Para elo revisará o Plan Estratéxico vixente,
establecendo de xeito consensuado as áreas e procesos que se consideren prioritarios.
Para levar a cabo esta priorización, o equipo directivo debe facer unha análise previa
sobre os datos resultantes da revisión do sistema efectuada ao final do curso anterior de
acordo co procedementado no PR5601 Revisión do sistema da calidade.
                                                                          Emiliano
                                                                                        Digitally signed by Emiliano
                                                                                        Patiño Doval
                                                                                        DN: cn=Emiliano Patiño Doval,


                                                                          Patiño
                                                                                        o=IES As Telleiras, ou=Profesor
Preparado: E.P.             Revisado: M.L.                 Aprobado: E.P.               de Filosofía,
                                                                                        email=emilianopd@edu.xunta.

                                                           Data: 12/03/08 Doval
                                                                                        es, c=ES
Data: 10/03/08              Data: 12/03/08                                              Date: 2008.05.11 13:32:44
                                                                                        +02'00'
           IES AS TELLEIRAS           MANUAL DE PROCEDEMENTOS
                                                     PR5403
            Elaboración do Plan Anual Re: 1 – 12/03/08      Páx. 2 de 3

Esta revisión do sistema, á súa vez, considera a seguinte información:

    -   Resultados de auditorías (internas e externas).
    -   Retroalimentación do cliente (alumnos/as, familias e empresas)
                    Queixas, suxestións e reclamacións.
                    Medicións de conformidade e satisfacción.
    -   Non conformidades acontecidas en procesos e cursos.
    -   Estado das accións correctivas.
    -   A avaliación dos obxectivos do Plan anual do curso a punto de acabar, que
        inclúe as accións derivadas da anterior revisión do sistema. Os obxectivos aínda
        pendentes de rematar serán reformulados no novo Plan Anual, en coherencia cos
        novos obxectivos considerados.

Deste xeito, trátase de que a planificación responda a un todo coherente e equilibrado,
independentemente da procedencia das accións consideradas a levar a cabo. O plan
anual será elaborado segundo o modelo MD540301 Modelo para o plan anual.


2 Seguimento dos obxectivos do Plan anual

Os obxectivos trazados no Plan anual no MD540301 Modelo para o plan anual serán
obxecto dun seguimento individualizado no que conste:

-   O/a responsable de levar a cabo o obxectivos e o seus colaboradores/as. Os
    obxectivos están atribuídos a un so responsable (persoa de referencia que, ademais,
    se encarga da xestión documental do obxectivo), aínda que pode ter varios
    colaboradores/as ou corresponsables.
-   Os recursos necesarios para o logro do obxectivo.
-   A data de comezo das actividades para a consecución do obxectivo.
-   A data prevista de remate das actividades para a consecución do obxectivo.
-   A planificación do obxectivo, especificando as accións necesarias para a súa
    consecución, as metas a acadar, os responsables de cada unha das accións e os
    prazos de execución das mesmas.
-   O seguimento das metas consideradas coas datas de execución das actividades
    propostas.
-   A valoración final por parte do responsable.

Estes requisitos estarán contidos no documento MD540302 Seguimento dos obxectivos
do plan anual.


3 Comunicación do Plan anual

A comunicación é un proceso que ten suma importancia no logro dunha visión
compartida do centro e dos seus obxectivos, contribúe a un mellor entendemento e a
unha maior participación e redunda na mellora da satisfacción das persoas.
          IES AS TELLEIRAS           MANUAL DE PROCEDEMENTOS
                                                    PR5403
           Elaboración do Plan Anual Re: 1 – 12/03/08      Páx. 3 de 3

Mediante os procedementos habituais de comunicación interna establecidos no PR5501
Estructura organizativa e comunicación interna, a dirección debe difundir os
obxectivos do plan anual para facilitar, no máis posible, a asunción destes obxectivos
pola maior parte do persoal e da comunidade educativa en xeral.

Ademais, o responsable de calidade entregará a cada un dos responsables dos
obxectivos considerados unha copia da formulación dos mesmos.


ÁRBORE DOCUMENTAL

       PR5403

                     MD540301 Modelo para o Plan anual
                     MD540302 Seguimento dos obxectivos do plan anual


PROCEDEMENTOS ASOCIADOS

       PR5401        Misión, visión e valores do centro
       PR5402        Elaboración do Plan estratéxico
       PR5601        Revisión do sistema da calidade


REXISTROS

       MD540301      Modelo para o Plan anual
       MD540302      Seguimento dos obxectivos do plan anual

								
To top