método gaita

Reviews
Shared by: mmeixide
Categories
Tags
Stats
views:
687
rating:
not rated
reviews:
0
posted:
9/25/2007
language:
French
pages:
0
Indice 1. O picado 1.1 Características do picado 1.2 Acento 2. Tonalidade menor da gaita 3. Historia da gaita 3.1 Introducción 3.2 Fontes de estudio 3.3 Etimoloxía do vocablo 3.4 Instrumentos baixo o nome de "Gaita" 3.5 Clasificación e extensión 3.5.1 Persa-árabe, oriental e centroeuropeo (balcánico) 3.5.2 Occidental 3.5.3 Palletas 3.6 Historia: Antigüidade 3.7 A gaita na Península Ibérica 3.8 A gaita ata hoxe 3.9 A gaita a partir de hoxe 4. Separación ou repetición das notas iguais na gaita. 4.1 Representación gráfica de picados e batementos 4.2 Combinación de picado batemento 5. Xéneros musicais 5.1 Alborada 5.2 Muiñeira 5.3 Pandeirada 5.4 Pasodoble galego 5.5 Polka galega 5.6 Jota galega 5.7 Pasacorredoiras 5.8 Foliada 5.9 Marcha Procesional 1. O picado A gaita é un instrumento de sonido continuado ou permanente, ainda que en determinados momentos se corte o son por ter que acompañar a outros instrumentos ou conxuntos. Na maioría dos instrumentos, sexan de boquilla ou de cana, o picado faise cun pequeño golpe de lingua. Mentras que na gaita ese mesmo efecto hai que facelo cos propios dedos. A maioría das persoas, que escriben para este instrumento fano desvirtuando o picado, escribindo un mordente dunha nota cun sonido superior á nota real, que pode darse por bo para o que en realidade non o é. Dos moitos segredos que ten a gaita, un dos prinicipais e o punteado. Por ser instrumento de sonido permanente, poderíamos decir que as melodías sempre están ligadas. Pero toda nota que sexa do mesmo nome e estea á mesma altura ten que ser quitada por ser nota repetida. Na gaita existen tres maneiras de facer o picado: picado, picado ligado e acento. Este último depende da pulsación do dedo que fai o picado. O picado é un adorno moi persoal aínda así hai unhas pautas para facelos. 1.1 Características do picado O picado ligado da gaita ten unhas características moi especiais por ser un dos segredos máis importantes que ten este instrumento. Este picado non se adoita facer máis que en melodías de carácter lento ou que sexan moi expresivas. E aquí onde o executante nota a diferencia que existe entre o picado ligado e o picado normal, de un solo dedo. 1.2 Acento O acento na gaita case non se nota con relación ó picado. Se o executante domina ben o instrumento, e posible percibilo sempre que lle dea a inteción que require a música nese momento dando a máxima forza ao dedo co que fai o picado. 2. Tonalidade menor na gaita A gaita, pola súa pequena extensión non pode facer un percorrido longo sobre das súas tonaalidades; pero, dentro da súa limitación ten un campo importante. Tanto no tono maior como no tono menor. E este quizais é o maís importante pola riqueza que recibe o instrumento, que lle dá o seu propio carácter e faino sobrio, doce e melancólico. O cromatismo na gaita é case descoñecido para a maioría dos executantes. A escala cromática neste instrumento é moi difícil de levar á práctica; pois, como quedou indicado anteriormente , hai sonidos que quedan oscuros e case non se nota a diferencia entre o tono e o semitono. Esto percíbese mellor cando a escala é ascendente. A dificultade maior que encerra o cromatismo na gaita non é debida ao executante, senón á construcción da mesma . Pois, os punteiros, para estes casos, teñen que ser case perfectos e as palletas tamén e esto en realidade é o que non existe porque a construcción destes instrumentos, hoxe en día e mala ou moi mala. 3. Historia da gaita 3.1 Introducción A historia da gaita preséntase moito máis ampla e complexa do que puidéramos pensar ou mesmo do que se expón neste breve traballo. Aparece marcada a gaita por dúas características que constitúen as súas máis grandes dificultades de estudio: A escasa información e o pouco traballado en xeral sobre este tema lévanos ó estado de confusión actual onde as hipóteses que se manexan son varias e a miudo contradictorias. Algunhas non pasan de ser fantasías ou opinións sen base, tales como considerar o instrumento de orixe celta por que sexa este o ámbito no que teñ máis forza na actualidade, ou situar a súa introducción en Galicia no 2000 a. De X.C. Neste estado de cousas procuraremos recolle-las opinións con máis peso sen decatarnos en prol de unha ou outra. 3.2 Fontes de estudio As fontes de apoio para o estudio son principalmente iconográficas (escultóricas e pictóricas) e literarias. Contamos ademais con algunhas referencias en contratos e documentos. No campo iconográfico son de resaltar as representacións de gaiteiros en capiteis de igrexas (Melide, Montefaro,...) nas miniaturas das Cantigas de Santa María, en obras de pintores como Goya, o Bosco, Brueghel,... Todas elas axúdannos ve-la evolución técnica da gaita a través da historia, datas da presencia en diferentes lugares,... As referencias literarias e documentais, aínda que non sempre da tanta importancia técnica, permítennos coñecer a función e a consideración social do instrumento nas distintas épocas. 3.3 Etimoloxía do vocablo Hoxe en día parece clara a tese formulada por Joan Corominas que situaría a procedencia da palabra GAITA no gótico GAITS (Cabuxa). Isto é debido a que o fol do instrumento facíase do pelexo deste animal. Polo tanto gaita sería unha palabra oriunda do galego-portugués e o castelán. Buscóuse tamén a etimoloxía árabe gaiterum (inflarse as meixelas), e a grega e latina geetos, gayao (alegría). A etimoloxía provenzal, gaita (centinela), apoiándose nunha miniatura da Crónica troiana (1350) na que se vía un vixía tocando o instrumento foi mantida moito tempo, aínda que hoxe está refutada. 3.4 Instrumentos baixo o nome de "GAITA" Baixo a denominación de gaita atomamos máis instrumentos tradicionais de distintas familias (vento, corda): gaita de foles portuguesa, dulzaina, gaita de porqueiros (asubío galego), gaita zamorana (zanfona nosa),... Estes instrumentos non son gaitas por carecer de ronco e noutros casos de fol. No obstante, anulando os bordóns da gaita, o son do punteiro pódese comparar co da dulzaina, e por razóns contrarias a gaita zamorana aseméllase a unha gaita normal nos bordóns. Tamén reciben este nome pequenos aerófonos feitos do tallo verde dunha gramínea. 3.5 Clasificación e extensión Pola súa antigüedade a gaita sufríu moi distintas evolucións ata chegar ata nós. A variedade e enorme, de ahí que facer unha clasificación axeitada sexa difícil. Presentamos unha simplificada feita por Ernesto Veiga que estableceu tres tipos: 3.5.1 Persa-árabe, oriental e centroeuropeo (balcánico): dous punteiros cilíndricos de palletas de ligüeta sinxela no roncón ó leste de Alemania. Ás veces o punteiro ou mesmo roncón, levan unha campá que actúa de resoador. 3.5.2 Occidental: a palleta e de lingüeta dupla nos punteiros e de lingüeta sinxela no roco/s. Dentro deste grupo atopamos a gaita escocesa, semellante ácornamusa francesa, que consta de 3 roncóns e punteiro en si bemol, o biniou bretón, o veuze,... cada unha delas precisaría dun estudio a parte.  Gaita grileira en Re, dura e chiadora.  Gaita redonda en Do.  Gaita tumbal en Si bemol, triste e solemne. 3.5.3 Palletas: de lingüeta dupla nos punteiros e roncóns (Francia e Italia). En Galicia hay un pequeño bordón chamado chieiro. Como dato curioso ofrecese unhas denominacións de GAITA en outros países PAISES Escocia Irlanda Bretaña Alemania Escandinavia Italia Ucrania Bal Ch Ind Ma ear ere ia sh es mí uk as Polonia TIPOS DE GAITA Bagpipe Uilleanpipe Cornemuse, Biniou Dudelsack Sackpipan Piva, Cornamusa Volinka PAISES Checoslovaquia Bulgaria Yugoslavia Hungría Rumania Turquía Maghreb TIPOS DE GAITA Gajdos gajda,gajdy Gaia, gadja Gidunita,mih, gaida Duda, gaide Simpi Ghaida, Tulum Mszoued,zukra, argoul Gajdy Israel Sumponya, ougab,symponya 3.6 Historia: Antigüidade Mostrasenos moi escuro todo aquilo referente ás orixes e ós países onde a gaita comezou a ser tañida. A procedencia celta é totalmente errónea e froito da popularidade do instrumento nesta zona (Escocia, Bretaña, Irlanda ...) A Gaita, vencellada desde o primeiro ó pastoril, xurde con dous fins: lograr efectos de polifonía e evitar o esforzo respiratorio mantendo o aire no fol. E así foi como, segundo Rafael Meré e F.W. Galpin, comezou a gaita. Unha frauta dupla con depósito auxiliar de aire que permitirá obter efectos non conseguidos ata entón. Ámbolos dous coinciden en situar o berce da gaita en Mesopotamia uns 2000 anos a. De X.C. de aquí partiría cara o Leste (Persia e India) e cara o Oeste (Grecia e Roma). Non é moi claro como a gaita pasou a Grecia, aínda que non é aventurado que o pobo exipcio actuase de transmisor. Especialistas na materia como Curt Sach negan a existencia de gaita en Mesopotamia, Israel e Grecia clásica por considerala froito de textos e relieves mal interpretados. O mesmo Sach sinala a existencia na India dun dobre clarinete composto de dúas canas ocultas nunha cabeza que lle servía de cámara de aire. Ó sustituir a cabeza por un odre flexible, teríamos segundo Sach as primeiras gaitas. 3.7 A gaita na península Ibérica A crenza máis divulgada en toda Galicia verbo da orixe da gaita é sostida por Cobas Pazos, quen afirma; a gaita de orixe celta foi introducida en Galicia polas invasións de dito pobo, 6, 1, 0, 14 ou 20 anos a. De X.C.. Hipótese polo musicólogo e fabricante de gaitas Faustino Santaslices, pois segundo el a gaita era xa coñecida 6 séculos a. de X.C. en Galicia.; e didir, que penetraría polo noroeste da península Ibérica a través dos celtas que a terían recibido das nacións jafféticas (fenicios, gregos e romanos) (Hipóteses refutadas hoxe en día). É posible que a gaita fose transmitida polos exércitos romanos a todo o seu imperio; de non ser así, é dicir, supoñendo que a gaita non existise na Galicia romana, é aceptable pensar que fora introducida nesta rexión, e polo tanto en España polos Suevosnos séculos V e VI. Tese que se apoia na etimoloxía da verba gaita exposta por Corominas no seu diccionario etimolóxico, afirmando que dita verba gaita ten a súa orixe no alto alemán falado polos suevos. O que sí e certo, é que Galicia na baixa idade media, foi o centro gaiteiril mais importante de toda Europa e que todas as peregrinacións polo camiño de Santiago encargáronse de difundir o instrumento por todo o continente, dende os Séculos XII ó XIII. Soamente a parti do século XIV aparecen testemuñas, principalmente nos protocolos notariais. O primeiro documento coñecido en Galicia no que aparece o Gaiteiro é un contrato de venda dunha dunha finca; o Mosteiro Monfero no ano 1374. Tamén son de grande importancia as representacións icionográficas da gaita en Galicia sendo a primeira a do Capitel de Melide, xa mencionada antes, que data do século XII ou XIII, aínda que algúns autores o sitúan no século XI, entre eles Älvarez Carballido, e de ser así sería a primeira representación dunha gaita con roncón. Como dixemos anteriormente na pintura tamén aparecen representacións de miniaturas dos códicesdas cantigas de Alfonso X, nas que aparece unha gaita co fol a cadros de cores; dato este que deu pé a moitos investigadores, entre eles a Faustino Santaslices, a crer que a gaita e mailo traxe escocés son de orixe galaica. A gaita asturiana ten a mesma orixe que a gaita galega, pois ámbalas dúas por estar no Noroeste da península, recibiron a mesma cultura. Do mesmo xeito, a gaita de foles do Norte de Portugal, ten a mesma orixe que a gaita galega sexa cal sexa a súa orixe, pois as dúas rexións atópanse no que coñecemos por Galicia Histórica. Existe en Mallorca, aínda que estea fora da Península, unha gaita chamada cheremías provista dun fol e de dous ou tres roncos de probable orixe catalana-provenzal do século XIII. 3.8 A gaita ata hoxe Coa colonización en Galicia polos reis católicos a fins do século XV, a nosa cultura é relegada a un segundo plano. Galicia sofre a agresión centralista de Castela que lle impón unha cultura oficial. A lingua, a música, os costumes, tódolos elementos diferenciadores veñen menos. No obstante nestes longos séculos escur os polos que polos que pasa Galicia a gaita como lingua contínua soando e tendo grande importancia entre o pobo. A asistencia da gaita e o tamboril ás festas asegurábase mediante contrato público. Como por exemplo o seguinte: Juan Conde, gaiteiro, vecino de San Martín de Vilaboa, convínose con Juan Gonzalez, mayordomo del santísimo sacramento en que con su instrumento de gaita y tamboril, ha de tocar en el día y víspera del Corpus en la villa de Bouzas, por lo que se le darán treinta y cuatro reales de comer y de beber. O cargo de gaiteiro duraba anos ou toda a vida e moitas veces pasaba de pais a fillos. No XIX, século do rexurdimento, a literatura galega comeza de novo e fai eco nos seus libros de gaita e nos gaiteiros. Estes últimos son mitificados a miudo e adícanselle fermosos poemas. 3.9 A gaita a partir de hoxe A gaita ten que ensanchar os seus camiños e as súas posibilidades, xa é un feito que a gaita participe en agrupacións musicais diversas que acadan éxito e prestixio máis alá das nosas fronteiras. Os que nos adicamos a ela temos o deber de dala a coñecer na súa xusta medida para que ninguén, por ignorancia, minusvalore as súas posibilidades. A raizame tradicional da gaita e incuestionable, pero sen esquencela podemos colaborar a que se formen as ramificacións musicais que fagan engrandecela e dignificala. A gaita no eido da música supón un paso adiante na historia da gaita que inda estamos a facer. Música de Cámara, sinfonías, todo é posible nun futuro inmediato para a nosa gaita galega. 4. Separación ou repetición das notas iguais na gaita Existen dous xeitos na gaita de separar as notas do mesmo tono: a) Picado: Consiste en levantar rápidamente un ou varios dedos normalmente superiores á nota que estamos a repetir. b) Batemento ou acento: Consiste en bater con un ou varios dedos simultaneamente sobre os buratos abertos do punteiro. 4.1 Representación gráfica de picados e batementos Serán representados na escrita por medio de notas de menor tamaño cás principais, normalmente en fusas coas plicas para abaixo. Estas pequenas notas non teñen valor asignado, xa que somentes representan os movementos dos dedos, tal que somentes representan os movementos dos dedos, tal é o caso do batemento do Re da segunda octava que representaremos con un Re da primeira octava, resultando de bater co indicador da man esquerda . As alteracións so mentres afectarán ás notas principais, por iso deberán situarse sempre diante da nota principal, non antes dos picados ou ornamentos. Os picados e batementos poiden empregarse ben para separar notas iguais ou para enfatizar notas de distinto tono, acadando no caso dos picados o carácter staccato. Cando teñamos que efectuar varios picados consecutivos, especialmente en notas rápidas, deberá facerse alternando con distintos dedos, isto leva consigo a consecución de picados nítidos e son limpos de exaserados harmónicos derivados da repetición consecutiva do mesmo dedo; isto esixirá ao inicio do aprendizaxe gran concentración, sendo de gran trascendencia adquerir os hábitos dos exercicios pensados ó respeto. Para a interpretación dos picados ou batementos deberán moverse únicamente o dedo ou dedos que se representa. Tódalas notas, tanto alteradas como da segunda octava, poden ser separadas por medio de batementos, agás o Do sostenido da primeira octava, que somentes o poderemos repetir pola combinación de picados. Tódolas notas poden ser repetidas polo sistema de picados. 4.2 Combinación de picado-batemento A combinación do picado batemento constitue un dos recursos máis tradicionais para a separación de notas da mesma altura na gaita galega. Dende o punto de vista do matiz de cada recurso, parece aconsellable facer coincidir a parte forte do tempo co picado. Entendemos que non se debe establecer unha norma fixa para a separación das notas do mesmo tono na gaita galega, xa que o dedo ou dedos empregados para cada contexto pode variar según a tonalidade do punteiro, a contrucción do mesmo, apertura da palleta, etc ... En tonalidades agudas deberán empregarse os batementos con prioridade. Ainda que existen múltiples xeitos para separar notas iguais na gaitas, asegún mestres ou escolas, lóxicamente respetables e portadores de un estilo; entendemos que hoxe en día a gaita galega está a estudiarse seriamente, de xeito que os picados descuidados - normalmente excesivamente lentos e repetidamente co mesmo dedo, aínda que as notas sexán rápidas non favorecen nin á pureza de sonido nin á rapidez interpretativa. Por iso a nosa teima da necesidade de habituarse á unha correcta combinación de picados con batementos e de picados entre si. 5. Xéneros musicais Entendemos por xéneros ou denominativos musicais as distintas variedades que a música galega amosa en ritmos diferenciados entre si. Tódolos xeitos tradicionais de vivir cambiaron moito na realidade galega, de xeito que a que foi a nosa cultura tradicional e milenaria chegou a ser considerada pola aficial como unha subcultura. Os cantos e melodías populares xurdiron no labor cotián, no agro, no camiño, no fiadeiro, ... 5.1 Alborada A voz " alborada " trainos á mente dous conceptos diferenciados entre si. Por unha parte abrangue a imaxe dos tradicionais pasarrúas que os gaiteiros nas festas populares, adoitan facer á mañá cediño. En todas as portas son recibidos os gaiteiros, sendo convidados polas amas ou donos das casas. Normalmente o seu compás é 2/4, predominando o estilo eminentemente melódico. Semella proceder dun ao Sol, á Aurora, ao Abrente, común entre os nosos devanceiros Celtas. As obras de máis valor musical escritas para gaita son precisamente as alboradas. 5.2 Muiñeira Con certidumbre podemos afirmar que nos atopamos diante do xénero musical máis común do folclore galego. O seu compás característico é o 6/8. Denantes de calqueira consideración debemos distinguir entre muiñeira "Vella" e muiñeira "Nova". A muiñeira vella tamén era nomeada pandeiretada, pois, normalmente, era acompañada pola pandeireta; nembargantes, debe entenderse por pandeiretada calquera melodía acompañada da pandeireta. Na muiñeira vella, do mesmo xeito que acontece na pandeirada, non existen tiranías métricas características da nosa cultura. Entroques, a muiñeira nova, tal como a coñecemos hoxe, semella ter a súa xénesis na música culta, asumida con tódalas peculiaridades da música tradicional galega. A muiñeir a común, á diferencia da muiñeira vella normalmente cantada, tén carácter instrumental.Tódalas muiñeiras instrumentais van precedidas do preludio, co gallo de alertar aos danzaríns, amáis de ser un claro expoñente do dominio da gaita; pero, en ningún caso servirá para comprobar a afinación co ronco e ronqueta, como temos lido nalgún tratado. A afinación temos que comprobala con calma. Dada a súa gran implantación no folclore de Galicia, temos abundantes formas derivadas da Muiñeira, localizables en varias rexións ao longo da xeografía galega. 5.3 Pandeirada Ainda que garda unha gran semellanza dende o punto de vista do seu acompañamento rítmico, á muiñeira, hai importantes diferencias. Por unha parte, o seu compás propio é de 5/4. A súa denominaciçon está colleita do instrumento co que se executa acotío o seu ritmo: o pandeiro moitas veces, a fin de reforzar a expresión r´tmica acompáñase da pandeireta e outros instrumentos de percusión. Pola súa característica de ser cantada, tamén se denomina canto de pandeiro. As pandeiradas só instrumentais son ben escasas, xa que é maís común que sexan cantada, o que leva a un gran parecido coa muiñeira vella. Polo carácter araico de moitas das pandeirdas vivas ainda hoxe, cunha estructura rítmica en forma de "ostinato" infinito, moi axeitada á improvisación dos danzantes, cabe supoñer que nos encontramos diante dunha das formas máis ancestrais da música tradicional galega. 5.4 Pasodoble galego Ainda que a súa reigame non é precisamente galega contamos con abondosas e ric as mostras de pasodobres pensados para a gaita. Dado o papel do gaiteiro, animador esencial das romarías galegas, é moi lóxico que o seu repertorio tivese que abranguer todalas tocatas que lle foran mester. O seu compás é de 2/4, gardando tódalas semellanzas ao típico pasodobre español. 5.5 Polka galega Pese a que o punto de orixe é concretamente polaco, topámola espallada por toda Europa. A súa espansión escomezouse polo 1830. Derradeiramente está a acadar certo pulo na música galega, anque debemos abondar no seu forte arraigo nas tocatas dos gaiteiros galegos. O seu compás característico é o 2/4. De xeito semellante debemos tratar a Mazurca, Tamén de orixe polaca, con ritmo ternario, asemade de tradición nas tocatas galegas. 5.6 Jota galega A pesar de que a súa tradición é compartida por moitos pobos da Península Ibérica, en Galicia ten un fondo arraigo. Aínda que garda grandes semellanzas á de Aragón, a jota galega interprétase máis de vagar. Dende o punto de vista da danza en sí non se adoitaba bailar tan brava como a aragonesa. O seu compás é sempre ternario. Temos unha morea de jotas no repertorio dos gaiteiros. Unha pequena variante da jota galega podemos considerar o Fandango. A súa música interprétase considerablemente máis mainiño cá jota. AA sua danza é profundamente señorial. 5.7 Pasacorredoiras Según o seu nome indica, son as típicas tocatas para camiñar tocando. O seu compás máis característico é o 2/4. Son abundantes os pasacorredoiras no repertorio gaiteiril. 5.8 Foliada Constitúe unha pequena variante da jota, sendo e seu compás de 3/4. Unha foliada pode ser calquera peza tocada en tempo de troula. Contamos con abondosa producción a xeito de foliada, é dicir, cantigas acompañadas de gaita. 5.9 Marcha procesional A ampulasidade e grandeza da marcha procesional siguen a ser un fidel refreixo dun pasado glorioso da gaita e máilo gaiteiro . O dúo de gaiteiro e redobrante contratado de por vida pola Xunta do Reino, Concellos, Gremios ou xentes podentes é sobrada polo devandito. A nosa tradicional marcha de procesión garda as características máis axeitadas á gaita. A nosa tradicional marcha de procesión garda as características máis axeitadas á gaita. Todo esto ven a significar o fondo vencello da gaita ca liturxia.

Related docs
premium docs