Docstoc

sel_LINGUA_MINORIZADA_E_LINGUA_MINORITARIA

Document Sample
sel_LINGUA_MINORIZADA_E_LINGUA_MINORITARIA Powered By Docstoc
					                              LINGUA MINORIZADA E LINGUA MINORITARIA. Definición, semellanzas e diferenzas
           Aínda que tendemos a crer que en cada Estado se fala só unha lingua, aínda que tendemos a identificar a lingua maioritaria dese Estado cos nomes
políticos dos Estados (por exemplo Francia con francés, italiano con Italia, belga con Bé1xica, inglés con Inglaterra), isto non é certo, posto que xeralmente os
Estados europeos non son monolingües.
           Os únicos Estados monolingües de Europa son Portugal, Mónaco, Liechstenstein, Islandia. Todos os outros posúen máis dunha lingua, unha
maioritaria potenciada polo poder político que pretende unificar e varias minorizadas non potenciadas, mais que non son minoritarias, porque no lugar en que
son propias son maioritarias: por exemplo, en Francia fálase bretón, occitano, euskera, catalán, neerlandés, alemán...
          Linguas hexemónicas son as que gozan dun gran prestixio social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia.
Cantas máis funcións matrices cumpra unha lingua, maior prestixio social acada. O inglés é a lingua hexemónica por excelencia, xa que é a que maior
prestixio social posúe actualmente no mundo e tamén a que se emprega en moitos países de gran potencial económico
          Linguas minorizadas son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as
súas funcións de uso. A competencia desigual con unha ou varias linguas alleas de maior prestixio constitúe o factor básico desencadeante. Algunhas linguas
minorizadas europeas son: Alsaciano, Aragonés, Aranés, Asturiano, Bretón, Catalán, Corso, Frisón, Galego, Gaélico, Galés, Lapón, Luxemburgués , Maltés ,
Occitano, Romanche, Éuscaro
Hai que ter en conta que non se deben confundir linguas minorizadas con linguas minoritarias. Estas últimas, independentemente da consideración social que
teñan, son as que posúen un escaso número de falantes. Desde un punto de vista sociolingüístico convén non confundir lingua minorizada con lingua
minoritaria: a primeira ten unha dimensión cualitativa e funcional (responde a pregunta ¿para que se usa?); a segunda, meramente cuantitativa (¿cantos a
usan?). Por esta razón, podemos atopar linguas minoritarias que están minorizadas, por teren restrinxidos os seus usos; pero tamén linguas minoritarias
perfectamente normalizadas, no sentido de que son o instrumento habitual de interacción entre os seus falantes. Polo que se refire ás linguas con moitos
falantes, serán máis comúns as situacións normalizadas, pero non é excepcional que algunha delas se encontre nalgún contexto en situación de minorización,
xa que unha mesma lingua pode estar normalizada nun territorio e minorizada noutro
Ao falarmos de linguas minorizadas deberemos ter en conta dous aspectos:
a) A non existencia dun estado que as recoñeza como oficiais.
          Normalmente as linguas minorizadas son linguas sen estado; excepcións a esta norma en Europa son o maltés, o luxemburgués e o gaélico irlandés,
linguas que, aínda sendo oficiais dos correspondentes estados (Malta, Luxemburgo e República de Irlanda, respectivamente), atópanse nunha situación de
minorización.
b) A non coincidencia de fronteiras políticas e fronteiras lingüísticas.
          As fronteiras políticas foron establecidas de maneira artificial (mediante tratados, a través de concesións, por herdanza...), mentres que as lingüísticas
responden a criterios de formación naturais e históricos; por iso é raro que as fronteiras políticas e lingüísticas dun país coincidan.
          En xeral, a situación destas linguas é preocupante; algunhas, coma o córnico ou o manxés xa non posúen falantes; outras, coma o lapón, a penas
chegan aos 30 000. Na meirande parte dos casos, os estados néganlles o seu estatus de lingua ou simplemente son ignoradas. Así e todo, a actitude dos
diferentes estados é diversa e vai desde o recoñecemento —coma no caso español en que o galego, o catalán e o éuscaro están recoñecidos legalmente na
Constitución e son linguas cooficiais nas respectivas Comunidades Autónomas, xunto co castelán— ata un certo obstruccionismo —como é o caso francés,
onde a política centralista levada a cabo polo Estado provoca que as linguas non oficiais do seu territorio (coma son o alsaciano, o éuscaro, o bretón, o
occitano ou o corso) se atopen nunha situación realmente difícil para poder subsistir—.
           Dentro da Unión Europea as linguas minorizadas, coma o galego, son recoñecidas, aínda que só as linguas oficiais dos estados son linguas oficiais
da Unión. Existen diferentes programas para estudiar e protexe-las linguas menos estendidas. No futuro é pouco probable que estas linguas xoguen un papel
importante no conxunto da Unión, pero tampouco o van xoga-las linguas da maioría dos estados membros, e nestes momentos as linguas efectivamente
empregadas no traballo das institucións europeas (fóra dos actos protocolarios) redúcense a unhas poucas, cun predominio claro do inglés e, secundariamente,
do francés.
           A maioría das linguas minorizadas en Europa están nunha situación social moi deteriorada: fálaas unha minoría e moitas delas están reducidas ós
falantes máis vellos e menos integrados na cultura urbana (o bretón e o occitano, en Francia; o ladino dolomítico en Italia, etc.). Fronte a isto, os estudios feitos
desde a Unión Europea poñen de relevo que o galego conta con moitas posibilidades de futuro. E a lingua maioritaria de Galicia, onde ten recoñecemento de
lingua oficial e como tal emprégano as institucións; ademais está presente nos medios de comunicación (entre eles, nalgúns dos de maior audiencia, como é a
TVG), no ensino e na vida normal das cidades. Tamén ten unha literatura prestixiosa que é traducida fóra das nosas fronteiras. Todos estes son indicadores da
súa vitalidade. Segundo os criterios aplicados nos estudios sobre linguas minorizadas, o galego aínda non é unha lingua que vexa ameazada a súa
supervivencia.
           Non obstante, como se viu, o declive no número de falantes, o descenso na transmisión dunha xeración á seguinte, bota sombras sobre o futuro. Hai
indicios de que a situación podería cambiar, como a existencia de grupos de xuventude urbana que adoptan o galego. E tamén cabe ter en conta que a po-
boación acepta de bo grao e considera positiva a normalización do galego.


I.E.S. Pedro Floriani. Lingua e Sociedade

				
DOCUMENT INFO
Shared By:
Categories:
Tags:
Stats:
views:3
posted:2/25/2012
language:
pages:1