10 Y 11
Document Sample


1º BACHARELATO
LINGUA GALEGA E LITERATURA
GALICIA
PROGRAMACIÓNS DE AULA
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
1. NA GRAN FAMILIA DAS LINGUAS
A LINGUAXE E AS LINGUAS
A unidade parte da comparación entre linguaxe humana e comunicación animal. Realízase
unha comparación entre a linguaxe oral e a linguaxe escrita. Establécese unha tipoloxía dos
signos e estúdiase con certo detalle o signo lingüístico así como as unidades da lingua. A partir
destas establécense as disciplinas que estudian a linguaxe. Saliéntanse as características do
abecedario galego e indícanse cáles son as institucións que fixan a norma. Medítase sobre a
ordenación do léxico en campos semánticos. Detémonos no nacemento da lingua e da
literatura galegas e establecémo-las grandes etapas da literatura galega ata o século XX.
Obxectivos didácticos
Falar e participar en debates a partir do punto de interese que abre a unidade.
A partir da análise da linguaxe humana sinalar cómo tódalas linguas son concreción da
capacidade xeral de comunicación e cómo todas serven para comunicarse e dan lugar a
culturas diferentes, pero igualmente valiosas.
Le-los textos de maneira adecuada, especialmente en público. Ser quen de realizar unha
lectura analítica.
Compara-la linguaxe humana cos sistemas de comunicación animais.
Coñecer outros sistemas de signos usados polas persoas ademais da linguaxe verbal.
Distingui-las características da linguaxe oral e da linguaxe escrita.
Comprende-la especifidade do signos lingüísticos e da linguaxe humana dentro dos
sistemas xerais de signos, salientando a articulación, a creatividade e a productividade.
A partir da articulación da linguaxe en distintas teorías e niveis, de acordo coa teoría clásica
de Benveniste, pasar revista ás disciplinas lingüísticas máis características.
Sinala-las características específicas do abecedario galego e distinguir claramente entre
fonemas e letras.
Presenta-la ordenación do vocabulario en campos semánticos e empregar este concepto
para suscita-la capacidade crítica ante os textos orais e escritos propios e alleos.
Comentario de textos non literarios para sinala-lo que de planificado e espontáneo aparece
nestes textos.
Comprende-la literatura galega como un continuum en que hai varias etapas, que se
relaciona ou inflúe e é influída polas outras culturas e literaturas e que mantén unha
tradición.
Comentar textos literarios non só como procedemento técnico, senón para facer que se
comprenda a literatura como fonte de pracer e gozo estético.
Inducir á creación lingüística e literaria preparando e redactando un texto sinxelo como
pode ser unha entrevista.
Saber elixi-lo tema dun traballo.
2
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
1. Comunicación animal e linguaxe humana.
2. Características da linguaxe oral e escrita.
3. Textos orais planificados.
4. Clases de signos: indicios, iconas e símbolos.
5. As características do signo lingüístico.
6. As unidades da linguaxe: do fonema ó texto.
7. As unidades da linguaxe e as disciplinas lingüísticas que as estudian: da fonoloxía á
gramática do texto.
8. O abecedario galego: características, dúbidas.
9. As institucións e os instrumentos que fixan a norma lingüística.
10. A organización do vocabulario en campos semánticos.
11. O xurdimento da lingua e da literatura galegas.
12. As etapas da literatura galega ata o século XX.
13. As características da entrevista.
14. A elección do tema dun traballo.
PROCEDEMENTOS
1. Lectura, análise, comentario de textos sobre o centro de interese da unidade: a linguaxe
humana. Debate e intercambio de opinións a partir destes textos.
2. Análise de textos orais e escritos.
3. Análise de textos orais planificados para recoñece-las súas características.
4. Producción de textos que intenten reproduci-las características da linguaxe oral,
especialmente diálogos.
5. Análise de signos e clasificación destes en indicios, iconas e símbolos.
6. Recoñecemento sobre textos orais e escritos das características do signo lingüístico.
7. Distinción dos distintos niveis da linguaxe en textos orais e escritos, desde o fonema ata o
texto.
8. Clasificación dos signos en visuais, auditivos, táctiles e mixtos.
9. Análise da kinésica e da proxémica.
10. Descomposición de textos en enunciados, dos enunciados en palabras, das palabras en
morfemas e lexemas e destes en fonemas.
11. Producción de textos breves correctamente articulados en parágrafos e enunciados.
12. Análise de sons da lingua para establece-la diferencia entre fonética e fonoloxía, alófono e
fonema.
3
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
13. Investigación sobre o labor do ILG e da RAG.
14. Establecemento de campos semánticos a partir de listas de palabras. Distinción entre
hiperónimos e hipónimos para acadar unha maior precisión. Substitución de hipónimos por
hiperónimos con cualificacións en textos orais e escritos, propios e alleos, para
comprende-los mecanismos do vocabulario.
15. Análise de entrevistas, como exemplo de texto oral planificado que se reproduce na
escrita.
16. Comentario de textos medievais galegos.
17. Comentario de textos literarios modernos sinalando a intertextualidade.
18. Preparación e realización dunha entrevista.
19. Elección dun tema de traballo.
ACTITUDES
1. Valoración da linguaxe humana en comparación cos sistemas de comunicación animais.
2. Respecto e aprecio por tódalas linguas, como concreción da linguaxe humana.
3. Interese por coñece-los recursos nonlingüísticos da comunicación: kinésica, proxémica,
paralinguaxe, etc.
4. Valoración da linguaxe escrita e dos recursos que utiliza para reproducir características da
linguaxe oral como intensidade, entoación, silencios, truncamentos, xestos, etc.
5. Consideración do teatro como elemento idóneo para comprende-los recursos tanto da
linguaxe oral como da linguaxe escrita.
6. Interese por coñece-los distintos sistemas de signos que aparecen no noso contorno e por
utilizalos.
7. Valoración da linguaxe humana como un sistema económico e sinxelo de comunicación.
8. Interese por coñece-la articulación da linguaxe en niveis.
9. Gusto por explica-las disciplinas lingüísticas en relación coas unidades e niveis da
linguaxe que estudian.
10. Interese por coñece-la estructura da linguaxe para así formar mensaxes orais e escritas
máis ricas e correctas.
11. Interese e gusto por coñece-la norma lingüística, as institucións que a establecen e por
usar e consulta-los instrumentos que a fixan.
12. Gusto por coñece-los procedementos e técnicas da entrevista e desexo de empregalos na
realización de entrevistas.
13. Gozo coa análise de textos literarios en tanto fonte de coñecementos.
14. Capacidade crítica sobre o propio proceso de aprendizaxe.
15. Gusto por realizar traballos sinxelos de investigación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Participa de xeito ordenado en debates e conversas, empregando o rexistro adecuado,
respectando as opinións alleas e pedindo a vez para falar.
2. Distingue as características da linguaxe humana fronte á comunicación animal.
4
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
3. Recoñece as características da linguaxe oral (paralinguaxe, kinésica, proxémica...) e
emprégaas de xeito adecuado nas súas produccións orais.
4. Distingue os trazos característicos da linguaxe oral e da linguaxe escrita.
5. Identifica e clasifica os signos en indicios, iconas e símbolos.
6. Coñece as características da linguaxe verbal pero tamén das outras linguaxes: visuais,
auditivas, mixtas, etc.
7. Establece as unidades da linguaxe desde o fonema ó texto e relaciona cada disciplina
lingüística cunhas determinadas unidades. Distingue entre son e fonema.
8. Coñece o que de común ten o abecedario galego con outros abecedarios do noso
contorno cultural e así mesmo recoñece o específico deste vocabulario.
9. Advirte e corrixe erros referidos ó abecedario.
10. Ten claro o concepto de norma.
11. Comprende os criterios normativizadores.
12. Comprende a articulación do vocabulario en campos semánticos e utiliza este concepto
así como os de hiperónimo e hipónimo para mellora-las súas produccións orais e escritas.
13. Coñece os mecanismos da entrevista e identifícaa como un texto oral planificado e, en
certo xeito, intermedio entre a linguaxe oral e a linguaxe escrita.
14. Sitúa cronoloxicamente o xurdimento da lingua e da literatura galegas e recoñece as
principais etapas da literatura galega ata o século XX.
15. Comprende, a partir do comentario de textos literarios con abundantes intertextualidades,
que a literatura é unha mestura de tradición e innovación.
16. É quen de preparar, realizar e redactar unha entrevista.
17. Aplica criterios para elixi-lo tema dun traballo.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Utiliza-los dous textos que abren a unidade para salientar que a linguaxe é a capacidade
das persoas para a comunicación e que esta capacidade se concreta nas distintas
linguas, que todas son iguais, pois todas serven para establece-la comunicación e que
todas dan lugar a unha cultura, distintas entre elas pero igualmente valiosas: coñece-lo
alleo é o primeiro paso para respectalo e valoralo.
Sinalar, a partir dos textos que abren a unidade, que non existe contradicción entre o
coñecemento da propia lingua e o doutras linguas. Sinalar cómo o bilingüismo é unha
ximnasia mental moi adecuada para entrar no coñecemento doutras linguas e culturas.
Xa que logo o bilingüismo é unha riqueza, non só cultural, senón práctica: predisponnos
para aprender mellor outras linguas.
Sinalar que a linguaxe oral non só son palabras. Salienta-la importancia da proxémica,
da kinésica, da paralinguaxe, etc. Utiliza-lo texto teatral para ver cómo, coa adecuada
combinación de diálogos e acoutacións, se tentan reproducir na escrita as características
da linguaxe oral. Utilizar con este propósito o texto teatral da páxina 7 do libro do alumno.
Para a análise do signo comentar na clase distintos sistemas de signos. Aconsellamos
partir das ilustracións e figuras que presenta o propio libro do alumno nas páxinas 8 e 9.
Cómpre destacar que tamén no libro de texto todo é significativo e as ilustracións non
son só un elemento estético ou pedagóxico –ruptura do espacio só dedicado á escrita–
senón tamén un apoio para a transmisión e comprensión dos conceptos.
Facer que o alumnado constrúa textos orais e escritos. Especialmente nos escritos que
separe o texto en parágrafos, cos seus correspondentes puntos e á parte: un dos erros
máis habituais do alumnado é a disposición do texto nun todo sen puntos e á parte.
5
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Levar á clase exemplares das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego así
como do Diccionario da Real Academia Galega. Le-las xustificacións que as NOMIG dan
para a elección dos nomes das letras e para as distintas escollas normativas.
Sinalar obxectos que se vexan na clase ou mesmo desde a fiestra e establecer con eles
campos semánticos, hiperónimos e hipónimos. Examina-las definicións dun diccionario
elaborado con criterios lexicográficos modernos para ver cómo en moitas das súas
definicións se emprega a técnica hiperónimo + cualificacións. Empregar esta técnica
para que o alumnado mellore a súa capacidade de definición. Substituír hiperónimos
xeneralizadores por hipónimos para acada-la precisión. Xogar con hiperónimos máis
cualificacións e hipónimos sinónimos para distingui-lo que é a concisión e a brevidade
nos textos.
Comentar textos literarios cunha forte intertextualidade, tales como os das páxinas 17 e
19, para salienta-la combinación entre tradición e modernidade do feito literario.
Aproveita-las ilustracións das páxinas 16 e 17 do libro do alumno para meditar sobre a
tradición na arte: o emprego do granito, os tellados inclinados para a chuvia... seguen a
ser constantes da arte galega desde a Idade Media. O mesmo ocorre coa literatura.
Aproveita-los documentos da páxina 19 para suxerir que o galego era na Idade Media
unha lingua normalizada, como se verá nas unidades seguintes.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Gravacións en vídeo de películas, obras teatrais e programas de televisión para salienta-
los recursos non-verbais da linguaxe. Gravar un programa de televisión en vídeo e en fita
magnetofónica: comparalos e ver qué información visual se perde no segundo caso.
Pode facerse tamén o seguinte: gravar unha intervención parlamentaria en vídeo, gravar
esa mesma intervención en fita magnetofónica e recorta-la noticia do xornal onde se
conta esa mesma intervención parlamentaria: subliñar, en cada caso, o que se perde,
gaña, recursos do texto escrito para suxeri-los xestos da linguaxe verbal, etc.
Gravacións en vídeo feitas polo propio alumnado das súas intervencións orais: análise.
Comparalas con gravacións desas mesmas intervencións feitas só en fita magnetofónica.
Comparalas co texto escrito sobre esa intervención elaborado polo alumno/na.
Vídeo, magnetófonos e outros materiais do propio centro ou mesmo achegados polo
alumnado.
Cómics, folletos de propaganda, publicidade, envases de productos comerciais, portadas
de revistas e discos, etc., en que se empreguen recursos visuais: tamaño das letras, tipo
especial de letras, debuxos, etc.
O propio libro de texto: o significado da tipografía, dos recadros, das ilustracións, etc.
Como introducción a semioloxía seguen a ser válidos os libros clásicos de U. Eco (por
exemplo, Signo) ou de Barthes (Semiología).
Exemplares das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, Diccionario da
Lingua Galega da RAG e do ILG, Diccionario da Real Academia Galega. Comparar
ámbolos dous diccionarios para valora-la tarefa normativizadora da RAG. O Instituto da
Lingua Galega e o Centro de Estudios Lingüísticos e Literarios Ramón Piñeiro ofrecen
información sobre tarefas normativizadoras nos seus enderezos de Internet:
http://www.usc.es/ilgas/ e http://www.cirp.es, respectivamente.
Sobre literatura galega ofrecen case tódalas editoriais información nos seus enderezos
de Internet. Tamén o fai o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón
Piñeiro e a revista O Ximnasio de Academo en http://www.ctv.es/USERS/mforca/home.
htm.
Para o estudio da organización do vocabulario en campos semánticos e para ve-las
diferencias entre os membros do campo pode ser moi útil o Diccionario de uso para a
comunicación de Paulino Novo Folgueira Xerais), especialmente no apartado dedicado
ós campos nocionais. O tomo III da Gramática da Lingua Galega (A Nosa Terra) de
Freixeiro Mato é imprescindible para todo o relacionado coa semántica.
Para a periodización da literatura galega pode verse artigo de Anxo Tarrío Varela
“Periodización da literatura galega” en Actas das Primeiras Xornadas das Letras Galegas
6
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
en Lisboa (Xunta de Galicia). Unha perspectiva un tanto diferente ofrece F. Rodríguez en
Literatura Galega Contemporánea (problemas de método e interpretación) (Edicións do
Cumio). Tamén o colectivo A nosa literatura: unha interpretación para hoxe Imprenta
Moret). Así mesmo as introduccións á Historia da literatura galega de D. Vilavedra
(Galaxia) ou á colectiva da AS-PG (Edicións A Nosa Terra).
O Consello de Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega ofrecen gravacións da
linguaxe oral. O libro de F. Fernández Rei e C. Hermida Bloques e áreas lingüísticas do
galego (Consello de Cultura Galega).
7
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
2. UNHA LINGUA PARA TODO
AS FUNCIÓNS DA LINGUAXE
O texto parte da idea de que tódalas linguas son válidas para todo, co propósito de desbotar
posibles prexuízos diglósicos. Séguese coa análise de textos orais planificados. Estúdiase o
sistema vocálico do galego. Lémbranse os conceptos fundamentais da acentuación gráfica
diacrítica e relaciónanse coa pronuncia. Por outra banda incídese na pronuncia correcta de
e/o abertos e pechados. Analízanse a connotación e a denotación. Realízase unha
caracterización cultural e social da Idade Media para estudiar despois as notas esenciais da
lírica galego-portuguesa. Proponse ó alumnado a análise e redacción dunha crónica
xornalística. Préstase atención á distribución do traballo en partes e á súa planificación.
Obxectivos didácticos
Incidir nas funcións da lingua que Jakobson non salienta no seu esquema clásico:
solidariedade, relación interpersoal, pertenza a un grupo, expresión dunha determinada
cultura e historia, etc.
Sinalar que nos textos orais planificados hai que emprega-lo rexistro adecuado,
habitualmente un rexistro formal.
Salienta-las normas que rexen en debates e intercambios similares relacionadas co
respecto ás opinións alleas, á vez de palabra, etc. Destacar tamén o valor que ten o debate
para a solución de problemas e enfrontamentos, tanto sociais como persoais.
Incidir na pronuncia correcta dos fonemas vocálicos, especialmente e/o abertos e
pechados.
Xustifica-lo emprego do acento gráfico diacrítico na distinción que se establece entre vocal
tónica/átona e entre vocal aberta/pechada.
Relaciona-la denotación con linguaxes coma a científica, o xornalismo de información ou a
linguaxe xurídica, que se tratarán máis adiante. Relaciona-la connotación coa linguaxe
literaria ou coa publicitaria, que así mesmo se tratarán máis adiante.
Sinala-los estereotipos e como adoitan aparecer na linguaxe publicitaria ou mesmo para
transmitir prexuízos.
Sinala-lo carácter oral da cultura medieval e de aí a importancia dos xograres. Meditar
sobre a careza dos manuscritos e tamén sobre o elevadísimo nivel de analfabetismo.
Comparar coa situación actual.
Analiza-las cortes literarias e as festas populares medievais. Incluí-las cantigas nestes
medios festivos. Relaciona-las cantigas medievais coas cancións actuais.
Indicar cómo a cultura e literatura trobadorescas se estenderon por toda a Europa medieval
e a súa contribución á elevación non só da cultura, senón mesmo da mellora da condición
feminina.
Establece-las partes dun traballo e planificalo.
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
18. As funcións da linguaxe.
8
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
19. Funcións da lingua de contacto, solidariedade, relación interpersoal, etc.
20. Textos orais planificados: características e tipos.
21. O sistema vocálico galego. Interferencias castelás.
22. Normas que rexen o emprego do acento gráfico diacrítico. O acento gráfico diacrítico na
pronunciadas vocais.
23. Pronuncia correcta de e/o abertos e pechados.
24. A denotación e a connotación.
25. A relixiosidade medieval.
26. A sociedade estamental medieval.
27. A transmisión da literatura na Idade Media.
28. As cortes literarias medievais: xograres, segreis e trobadores.
29. Caracterización básica da lírica galego-portuguesa.
30. A transmisión da lírica galego-portuguesa: Cancioneiros e outras testemuñas.
31. Partes dun traballo e planificación.
PROCEDEMENTOS
1. Lectura e análise de textos relacionados coa idea central da unidade. Producción de textos
orais e escritos a partir destes textos. Debate sobre as ideas contidas nestes textos.
2. Análise e caracterización de textos orais planificados: debate, mesa redonda, coloquio,
seminario, parladoiro.
3. Distinción de fonemas vocálicos e consonánticos en palabras e textos. Distinción dos
trazos característicos das vocais galegas. Prácticas de conmutación con fonemas vocálicos.
Distinción entre fonemas vocálicos e alófonos vocálicos. Pronuncia de palabras con e/o
abertos e pechados e especialmente de parónimos e homógrafos con e/o abertos e
pechados.
4. Acentuación de palabras que deben levar acento gráfico diacrítico. Pronuncia destas
mesmas palabras para xustifica- la presencia/ausencia de acento gráfico diacrítico.
5. Análise de textos con predominio da denotación e de textos con predominio da
connotación. Análise de estereotipos e actitude crítica ante os prexuízos racistas, sexistas,
etc., que poden transmitir de xeito inconsciente.
6. Análise de documentos para extraer deles as características sociais e culturais da Idade
Media.
7. Análise de documentos para establece-las notas fundamentais da lírica galego-portuguesa
e para establece-la súa transmisión por manuscritos e outros testemuños.
8. Comentario de cantigas medievais.
9. Análise das ilustracións do libro do alumno para establecer características da cultura e
literatura medievais, así como da pronuncia dos fonemas vocálicos.
10. Redacción dunha crónica sinxela a partir dun debate.
11. Planificación dun traballo.
9
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
ACTITUDES
12. Valoración non só das funcións clásicas da linguaxe sinaladas por Jakobson, senón
doutras como a de relación interpersoal, solidariedade, pertenza a un grupo, etc.
13. Consideración de textos orais planificados como debates, parladoiros, etc., como
elementos idóneos para a transmisión de ideas.
14. Interese por pronunciar correctamente os fonemas vocálicos.
15. Toma de conciencia das interferencias que se producen na pronuncia dos fonemas
vocálicos.
16. Actitude reflexiva ante a norma lingüística a partir dos motivos polos que se utiliza o acento
gráfico diacrítico.
17. Valoración da denotación e da connotación e gusto por relacionalas con distintos rexistros
da lingua: científico, literario, coloquial, etc. Actitude crítica ante os estereotipos que poden
transmitir prexuízos sexistas, raciais, etc.
18. Gusto por emprega-los mecanismos da connotación e da denotación nos propios textos,
tanto orais como escritos, e satisfacción por descubrir estes mecanismos nos textos alleos.
19. Interese por coñece-la cultura, sociedade e vida medievais, destacando non só o que
cambiou en relación coa actual, senón tamén aqueles elementos que se manteñen.
20. Actitude positiva cara á poesía medieval e cara á música da que ía acompañada.
21. Apertura cara a linguas e culturas alleas.
22. Interese polo coñecemento e conservación do patrimonio artístico e cultural a partir da
análise de manuscritos, pergamiños e miniaturas.
23. Valoración do que supuxo a lírica medieval na superación de prexuízos sobre a condición
feminina.
24. Consideración positiva do contacto entre linguas e culturas a partir do estudio da lírica
cortesá e das cortes literarias.
25. Gozo e pracer co comentario de cantigas medievais.
26. Gusto por redacta-la crónica dun debate.
27. Interese por planificar un traballo de investigación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
28. Comprende as distintas funcións da lingua, especialmente as que non analiza Jakobson.
29. Recoñece as características de debates, parladoiros, etc. e participa neles empregando os
recursos adecuado e respectando as normas que rexen para estes intercambios lingüísticos.
30. Distingue e define os fonemas vocálicos do galego. Organiza estes fonemas nunha
estructura e establece as relacións de oposición que hai entre eles, así como as de
neutralización.
31. Recoñece e elimina interferencias na pronuncia dos fonemas vocálicos.
32. Domina as normas do acento diacrítico e relaciónaas coa pronuncia das vocais.
33. Distingue a denotación da connotación e establece en qué rexistros predominan unha ou
outra.
34. Recoñece nos estereotipos prexuízos racistas, sexistas ou de calquera outro tipo.
10
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
35. Emprega nos seus textos adecuadamente a denotación e a connotación.
36. Comenta distintos textos orais planificados.
37. Coñece as características fundamentais da sociedade e cultura medievais.
38. Establece as notas distintivas da lírica galego-portuguesa e inclúea no seu contexto
cultural.
39. Reconstrúe o proceso de transmisión da lírica galego-portuguesa a través de manuscritos
e doutros testemuños.
40. Comenta de xeito sinxelo unha cantiga.
41. É quen de redactar unha crónica sinxela.
42. Planifica un traballo.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Utiliza-lo texto da páxina 27 para referirse ó debate parlamentario e as normas que o
rexen e sinalar ata qué punto estas normas son aplicables a calquera debate.
Ver vídeos e escoitar gravacións en fitas magnetofónicas, tanto propias como alleas,
para reparar na pronuncia das vocais. Utilizar gravacións consideradas canónicas para
observa-la correcta pronuncia das vocais (ver apartado de Recursos didácticos).
Aproveita-las ilustracións das páxinas 28 e 29 do libro do alumno para meditar sobre as
características dos fonemas vocálicos: arredondamento dos labios nas posteriores,
intensidade, musicalidade, etc.
Incidir en que ata os anos setenta o sistema vocálico do galego influía sobre o do
castelán falado en Galicia. Hoxe está a producirse o fenómeno contrario: é o sistema
vocálico castelán o que interfire sobre o galego, de xeito que non se fai en moitos casos
a distinción entre e/o aberto e pechado. Poden utilizarse as parellas de palabras que se
distinguen por presencia/ausencia de acento diacrítico segundo teñan vocal aberta e
pechada para facer exercicios de pronuncia destes sons. Recomendamos facer así
mesmo os exercicios de pronuncia que figuran no libro e disco compacto Os sons da
lingua (ver apartado de Recursos didácticos).
Moi importante facer comprender que o acento gráfico diacrítico non é un simple
capricho: que se apoia na distinción tónico/átono, aberto/pechado.
Relacionar denotación e connotación cos distintos rexistros da linguaxe. Mesmo se
poden facer exercicios tomados do propio argot do alumnado: humorismo ou
connotacións con que se aluden a aspectos da vida cotiá de estudiante referidos a
suspensos, chamadas de atención, etc. no rexistro informal cos amigos e cómo se alude
denotativamente a estes mesmos temas nun rexistro formal co titor ou titora, no boletín
de notas, etc.: o coloquial e connotativo latar convértese no denotativo non asistir a
clase, faltar. O alumnado tamén pode engadir estereotipos tomados da súa experiencia
cotiá.
Relaciona-lo diálogo co que sobre este xénero se sabe procedente da materia de
Filosofía: Platón, Erasmo, etc.
Aproveitamento e comentario das ilustracións das páxinas 36-39 do libro para introducir
ás formas de vida e cultura da Idade Media. Pódese suxerir cómo sería un banquete
medieval no salón do pazo de Xelmírez que se reproduce na páxina 36. Mesmo os
alumnos poden escribir unha redacción apóiándose nos datos que se dan na unidade e
nos seus coñecementos previos.
Realizar unha introducción ós manuscritos, materiais de escritura, tipos de letras,
miniaturas, etc. Tamén nos poden vir moi ben as ilustracións. Exlica-la etimoloxía da
palabra miniatura, que nada ten que ver con pequeno.
A partir dos textos 2.º e 3.º da páxina 39, que o alumno redacte un texto de creación
sobre a emoción que lle suscitaría atopar un raro manuscrito medieval tras unha tarefa
de busca.
11
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Falar brevemente sobre as bibliotecas que atesouran importantes manuscritos e libros.
Algunhas delas, como a propia Biblioteca Nacional de Madrid ata teñen acceso por
Internet. Falar das grandes bibliotecas galegas: Universidade de Santiago de
Compostela, da Fundación Penzol, etc. Falar brevemente sobre os Arquivos Históricos
ou sobre a Imprenta en Galicia. A Gran Enciclopedia Gallega presenta unha información
moi accesible.
Introduci-lo estudio das cantigas mediante a audición de gravacións de Amancio Prada,
Grupo de Cámara da Universidade de Santiago, etc.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Á parte da bibliografía lingüística de tipo xeral xa citada, son moi útiles o tomo I da xa
citada na primeira unidade Gramática da Lingua Galega de Freixeiro Mato para a
Fonoloxía, así como o III para a Semántica. Cremos básico para o estudio da fonoloxía
Os sons da lingua coordinado por X. L. Regueira (Xerais). Contén un disco compacto con
exemplos da pronuncia considerada correcta ou proposta como tal polos autores,
membros todos eles do ILG.
Á bibliografía xeral citada e ás antoloxías e libros clásicos sobre a poesía galego-
portuguesa de Pena (Sotelo Blanco), Landeira e Álvarez Blázquez (Galaxia), Gran
Enciclopedia Gallega, etc., hai que engadir agora os dous volumes da Lírica Profana
Galego-Portuguesa publicados polo Centro de Estudios Ramón Piñeiro, que conteñen
todo o corpus da lírica profana galego-portuguesa. Mesmo se dá información e textos
sobre eles a través de Internet no enderezo do Ramón Piñeiro citado na unidade 1. Moi
útil segue a ser A lírica galego-portuguesa de Elsa Gonçalves e Maria Ana Ramos
(Editorial Comunicaçao). Moi completo é o Dicionario da Literatura Medieval Galega e
Portuguesa de Giulia Lanciani e G. Tavani (Editorial Caminho, Lisboa). Segue a ser de
grande utilidade o xa clásico A poesía lírica galego-portuguesa de G. Tavani (Galaxia).
O congreso sobre literatura trobadoresca celebrado en Santiago ou a dedicación do Día
das letras do ano 1998 a Martín Codax, Mendiño e Xohan de Cangas tamén produciu
abundantes materiais dos que salientamos O mar das cantigas (Xunta de Galicia) e Tres
poetas medievais da ría de Vigo de H. Monteagudo, X. Alonso Montero e L. Pozo Garza.
Gravacións de cantigas medievais ou da súa música de Amancio Prada, Grupo de
Cámara da Universidade de Santiago de Compostela, etc.
Gravacións de debates, mesas redondas, coloquios, etc., da TV e da radio e mesmo as
realizadas polo propio alumnado sobre eles mesmos na clase. Textos xornalísticos con
informacións ou mesmo reproduccións de debates, mesas redondas, coloquios, etc.
Textos xornalísticos con informacións ou mesmo reproduccións de debates, mesas
redondas, coloquios, etc.
12
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
3. CREADORES DE MUNDOS
A LINGUAXE LITERARIA
A unidade parte da caracterización da linguaxe literaria. Analízase a carta persoal como texto
intermedio entre a formalidade do rexistro escrito e a espontaneidade do rexistro oral.
Estúdiase o sistema consonántico galego e préstase especial atención a fenómenos coma o
seseo, a gheada, a pronuncia do /ll/ e do /nh/, do /x/, etc. Tamén se fai alusión á pronuncia e
combinación de sons consonánticos. Saliéntanse as interferencias que produce o castelán,
especialmente nos falantes urbanos e máis novos. Resólvense dubidas no emprego de b/v e
explícanse os conceptos de ortoloxía e ortofonía. Estúdiase o fenómeno da sinonimia e
establécense diferencias entre os sinónimos. Caracterízase a lingua galega medieval e a lingua
das cantigas. O apartado de literatura dedicámolo á cantiga de amigo. No remate da unidade
anímase ó alumnado a redactar unha carta ó director e dáse información sobre onde acadar
información para os traballos.
Obxectivos didácticos
Ler de maneira adecuada e empregando distintos tipos de lectura.
Participar en debates e exposicións orais utilizando o rexistro adecuado ó contexto e
situación e respectando as normas destes intercambios.
Comprende-la linguaxe literaria como expresión da función poética da linguaxe.
Ver, a través da carta persoal, as relacións que hai entre linguaxe oral e linguaxe escrita.
Entender que a carta persoal non é só expresión da intimidade, senón que se pode
converter nun documento histórico de primeira orde.
Comprender que as consoantes están estructuradas nun sistema e distingui-lo xogo de
trazos comúns e trazos distintivos.
Distinguir entre pronuncia estándar e espontánea ou dialectal.
Valora-lo dialectalismo como unha riqueza e non estigmatizalo como erro ou vulgarismo.
Considera-la ortofonía e a ortoloxía como técnicas que permiten mellora-la pronuncia.
Aproveita-las interferencias no emprego de b/v para meditar sobre a relación que se
produce entre galego e castelán e as súas influencias mutuas.
Supera-lo estudio teórico e pasivo da sinonimia para conseguir que, a partir do seu
coñecemento teórico, o alumnado mellore as súas produccións tanto orais como escritas.
Presenta-la lingua medieval como un estadio intermedio entre o latín vulgar e o galego
actual. Comprender que desta lingua medieval proceden o galego e o portugués actuais.
Incluí-la cantiga de amigo no ámbito da cantiga de muller europea da época.
Acada-la correcta identificación da cantiga de amigo e dos subxéneros da cantiga de
amigo.
Recoñece-los recursos habituais da cantiga de amigo.
Fomenta-la creación e expresión do alumnado por medio da redacción de cartas persoais.
Recoñoce-los lugares onde se atopa información para un traballo.
13
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
43. As características da linguaxe literaria.
44. A linguaxe da carta persoal. A carta persoal como recurso literario: novelas epistolares.
45. O sistema consonántico galego.
46. Seseo, gheada, pronuncia de consoantes agrupadas e interferencias do castelán na
pronuncia das consoantes galegas. Pronuncia espontánea e formal dos grupos
consonánticos cultos.
47. Erros e interferencias no emprego de b/v. Homófonos con b/v.
48. Concepto de ortoloxía e de ortofonía.
49. A sinonimia: sinonimia total e parcial. Diferencias entre sinónimos. A diglosia: incidencia na
elección dun determinado sinónimo.
50. Características fónicas, morfosintácticas e léxicas do galego medieval e do galego das
cantigas.
51. A cantiga de amigo: características, relacións con outras literaturas, motivos, subxéneros,
recursos literarios.
52. A busca de información.
PROCEDEMENTOS
53. Establecemento das características da linguaxe literaria a partir da lectura dos dous textos
que abren a unidade.
54. Producción de textos orais e escritos ata debates a partir dos dous textos que abren a
unidade.
55. Lectura analítica en silencio e individual dos textos da unidade. Lectura en voz alta dos
textos da unidade.
56. Lectura e exame de cartas persoais para identifica-las características da súa linguaxe. A
utilización da carta como recurso narrativo.
57. Análise das características dos fonemas consonánticos galegos.
58. Análise de textos orais gravados en que aparezan seseo, gheada, consoantes agrupadas,
etc. Análise de fenómenos dialectais nestes textos e de interferencias producidas polo
sistema castelán. Comparación entre pronuncia espontánea e ata vulgar e pronuncia
estándar.
59. Exame e corrección de textos escritos, propios e alleos, con erros na escritura de b/v.
60. Exercicios de ortofonía para pronunciar de acordo coa pronuncia proposta como estándar
grafías como ao, gardar o coche, etc.
61. Exame dos instrumentos normativizadores da pronuncia, especialmente as páxinas iniciais
das NOMIG e o xa citado Os sons da lingua.
62. Comparación de sinónimos e establecemento das diferencias que se producen entre eles.
63. Exame de cantigas e doutros textos medievais para establece-las características do
galego medieval.
64. Análise de cantigas de amigo.
14
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
65. Redacción dunha carta ó director.
66. Realización de exercicios de autoavaliación.
67. Visita a bibliotecas e centros de documentación.
ACTITUDES
68. Valoración da linguaxe literaria como fonte de pracer e como unha forma privilexiada e
distinta de captar e expresa-la realidade.
69. Consideración da carta persoal como texto escrito que tenta reproducir características da
linguaxe oral e interese e gusto por usar este medio de comunicación e expresión.
70. Interese por descubri-los recursos literarios da carta persoal e a súa utilización na
literatura.
71. Valoración da carta persoal como documento de investigación histórica.
72. Interese por distingui-la pronuncia espontánea estándar das consoantes.
73. Actitude positiva cara ós fenómenos dialectais na pronuncia das consoantes,
considerándoos como expresión de riqueza lingüística, asumindo a necesidade dunha norma
estándar.
74. Interese por descubri-las relacións entre os fonemas consonánticos e por descubri-la
estructura da lingua no nivel dos fonemas.
75. Gusto por unha pronuncia coidada aproveitando as técnicas achegadas pola ortoloxía e
pola ortofonía.
76. Interese por descubrir e corrixir interferencias na pronuncia dos fonemas consonánticos.
77. Gusto por coñece-la norma ortográfica e por usala correctamente.
78. Valoración da sinonimia como unha forma de enriquece-lo propio vocabulario e de dotalo
de riqueza e precisión.
79. Gusto por analizar e expresa-la propia intimidade a través da carta persoal.
80. Interese por coñece-la lingua medieval.
81. Toma de conciencia da diglosia ó rexeitar determinados sinónimos.
82. Valoración da literatura medieval e especialmente da cantiga de amigo dentro da cultura
europea e como expresión dunha mellora na condición feminina.
83. Pracer na lectura de cantigas de amigo.
84. Interese e gusto por expresar opinións propias dunha maneira precisa, cortés e rica por
medio dunha carta ó director.
85. Interese por coñecer-los centros de documentación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
86. É quen de ler, en voz alta e en soidade, e comprender textos e de resumilos e debater
sobre eles.
87. Coñece as características fundamentais da carta persoal e é quen de redactar cartas
persoais.
88. Recoñece o valor histórico e documental das cartas persoais.
89. Coñece o sistema consonántico do galego.
15
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
90. Descobre e corrixe interferencias e erros na pronuncia das consoantes.
91. Descobre dialectalismos na pronuncia das consoantes e distingue entre pronuncia coidada
ou estándar e espontánea ou coloquial.
92. Considera o dialectalismo non como un erro, senón como expresión da variedade e
riqueza da lingua.
93. Coñece as regras de uso de b/v e especialmente elimina interferencias ortográficas no uso
destas letras.
94. Distingue entre ortoloxía e ortofonía.
95. Comprende o concepto de sinonimia así como as diferentes clases de sinónimos.
96. Recoñece as características fundamentais da lingua medieval e da lingua das cantigas.
97. Identifica e comenta de xeito adecuado cantigas de amigo.
98. Inclúe o xénero das cantigas de amigo dentro das literaturas do contorno cultural europeo
da época.
99. É quen de expresa-la súa opinión, dun xeito razoado, claro e cortés, por medio dunha
carta ó director.
100. Identifica centros de documentación.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Comparar textos literarios e non-literarios sobre un mesmo feito ou fenómeno: a chuvia,
o firmamento, a Terra, a auga, etc. Compara-la definición de fonema do poema de Rivas
reproducido na páxina 45 coa definición técnica de fonema.
Salientar que o teléfono está a terminar coa carta persoal. Sen embargo, esta serve
como análise demorado das propias emocións. Por outra banda, está a ter unha
recuperación por medio do correo eléctronico. Impulsar ó alumnado cara ó emprego do
correo eléctronico.
Utiliza-la carta da páxina 47 como documento histórico que permite estudia-la literatura
dun determinado período. Empregar outras cartas con este mesmo propósito.
Examinar gravacións alleas (de radio e televisión) e gravacións realizadas ó propio
alumnado para estudia-la pronuncia dos fonemas consonánticos. Sinalar posibles
dialectalismos, erros, interferencias, etc.
Escoitar gravacións que reproducen a pronuncia dos fonemas que se considera
correcta (por exemplo o compacto do xa citado Os sons da lingua, de presentadores ou
actores e actrices considerados modélicos, etc.). Non esquecer que o estudio dos
fonemas non debe quedarse na teoría, senón que ha de analizar fundamentalmente
sons, ben os emitidos polo propio alumnado, ben os gravados.
Desenvolve-los conceptos de ortofonía e ortoloxía e empregalos para mellora-la
pronuncia do alumnado.
Adoitamos esquecer que tamén existe a interferencia ortográfica. Por outra banda non
só opera do castelán ó galego, senón tamén do galego ó castelán. Analiza-las
interferencias ortográficas a propósito de b/v neste sentido.
Emprega-la sinonimia para que o alumnado aumente o vocabulario e o manexe con
máis precisión e mesmo cambiando de rexistro segundo o esixan a situación e o
contexto: o cambio de rexistro non sempre o fai o alumnado de forma correcta ou doada.
Tentar pronuncia-los sons medievais. Compara-la ortografía medieval coa actual.
Sinala-la pervivencia de fonemas medievais nalgunhas zonas dialectais, coma A Limia.
Utiliza-las gravacións dialectais correspondentes a estas zonas para suxeri-la pronuncia
medieval.
16
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Audición de gravacións de cantigas de amigo para subliña-lo seu carácter de literatura
oral. Salienta-la importancia dos xograres. Emprega-las ilustracións do libro do alumno
para falar da música medieval e dos instrumentos utilizados na Idade Media.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Vídeo e magnetófono para realizar e reproducir gravacións da televisión e da radio, da
lingua oral espontánea e do propio alumnado para analiza-la pronuncia dos fonemas
consonánticos.
Epistolarios de fácil acceso como poden se-los de Manuel Antonio (Galaxia), Cabanillas
(Akal), etc. Cartas persoais producidas polo propio alumnado a partir de situacións
similares. Cartas de correo electrónico do propio alumnado.
Colaboración do departamento de informática para o exame e utilización do correo
electrónico.
Manuais sobre Normativa como pode ser O galego correcto (Ediciones SM),
especialmente para cuestións ortográficas.
Diccionarios xerais que adoitan trata-los sinónimos, especialmente o da Real Academia
Galega, e diccionarios de sinónimos e antónimos como os de Galaxia, Xerais, etc.
Diccionarios en CD ou correctores en CD como o de Edicións do Cumio ou do Instituto
da Lingua Galega. Moi útil resulta o xa citado Diccionario de uso para a comunicación de
Paulino Novo Filgueira (Xerais) polo seu comentario de sinónimos, antónimos,
parónimos, establecemento de campos nocionais, etc. Diccionarios de erros e dúbidas
como os de Galaxia ou Ediciós do Castro.
Seguen a ser válidos os recursos citados na unidade 2, especialmente Os sons da
lingua, os tomos I e III da gramática de Freixeiro Mato, etc.
Para a historia da lingua hai tres libros fundamentais e os tres de recentísima aparición:
Gramática Histórica Galega de Manuel Ferreiro (Laiovento), Historia social da lingua
galega de H. Monteagudo (Galaxia) e Historia da lingua galega de Ramón Mariño Paz
(Sotelo Blanco).
Para o apartado de literatura abonda cos recursos xa vistos na unidade 2. Engadámo-lo
estudio sobre a cantiga de amigo de Mercedes Brea e Pilar Lorenzo A cantiga de amigo
(Xerais).
Cartas ó director tomadas de distintos xornais e revistas. Cartas ó director creadas polo
propio alumnado a partir de situacións simuladas.
17
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
4. NA EUROPA DAS LINGUAS
O GALEGO, UNHA LINGUA ROMANCE
A unidade sitúa o galego dentro do conxunto das linguas romances. A continuación analiza as
distintas manifestacións da literatura biográfica e autobiográfica: diarios, autobiografías,
memorias, epistolarios, etc. Estúdiase a combinación de fonemas en sílabas e tamén a
entoación. Pásase revista á acentuación en ditongos e hiatos, así como ás interferencias que
se producen na acentuación. Examínase a organización do vocabulario en antónimos,
parónimos e homónimos. Estúdiase a cantiga de amor dentro do ámbito da lírica cortesá
europea e do amor cortés. Anímase ó alumnado á creación coa redacción dun diario. Danse
intruccións sobre cómo manexarse nos ficheiros das bibliotecas e mesmo en Internet para
atopar información.
Obxectivos didácticos
Ler adecuadamente, en soidade e en público, textos literarios e non literarios,
especialmente cantigas de amor.
Situa-la lingua galega dentro do conxunto das linguas romances.
Identifica-las características literarias dos textos biográficos e autobiográficos, os seu
valores literarios e tamén o seu valor testemuñal dunha época, movemento cultural, feitos
históricos, etc. distinguindo o que en eles hai de obxectivo e subxectivo.
Comprende-la organización dos fonemas na sílaba e cómo a organización de fonemas en
sílabas, ditongos, hiatos, etc. reproduce as características da pronuncia.
Establecer diferencias entre a escrita das palabras e a súa pronuncia.
Indicar qué fenómenos da linguaxe literaria, como contar unha sílaba de máis nos
esdrúxulos, a sinalefa, etc. teñen a súa razón na pronuncia.
Sinalar que a acentuación non fai máis que reproducir características da lingua falada.
Destaca-la importancia da antonimia e da paronimia na organización do vocabulario, pero
salientar tamén os seus valores lúdicos e literarios. Utilizar estes conceptos para aumenta-
lo vocabulario do alumnado, non só o pasivo, senón o activo.
Descubrir e corrixir interferencias na acentuación, que traducen interferencias na
pronuncia.
Descubri-la cultura medieval europea do amor cortés e cómo plasmou na cultura galega no
xénero das cantigas de amor.
Aumenta-los coñecementos históricos, literarios e culturais coa lectura e análise de
cantigas de amor, pero fundamentalmente gozar coa súa lectura e interpretación.
Analiza-la propia subxectividade e mesmo feitos históricos e obxectivos da vida de cada
día por medio da redacción dun diálogo.
Atopar información en bibliotecas e Internet.
18
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
101. O galego dentro do conxunto das linguas románicas.
102. Textos biográficos e autobiográficos, xéneros e características.
103. A estructura da sílaba.
104. Ditongos e tritongos.
105. O hiato.
106. Sons en contacto na cadea falada: sinalefas.
107. Combinación e distribución de fonemas.
108. Pausa, grupo fónico e entoación.
109. Principais tonemas.
110. A acentuación gráfica de ditongos e hiatos.
111. Interferencias na acentuación.
112. Os antónimos, os parónimos e os homónimos.
113. A lírica cortesá, o amor cortés e a súa extensión por Europa.
114. A cantiga de amor: características e recursos empregados nela.
115. Características do diario.
116. Información en bibliotecas e en Internet.
PROCEDEMENTOS
117. Situación do galego no conxunto das linguas romances.
118. Lectura e análise de textos referentes á situación do galego no conxunto das linguas
romances.
119. Lectura e análise de textos biográficos para establecer xéneros e características de
cada xénero.
120. Distinción entre sílabas abertas e libres.
121. Identificación e análise de ditongos e dos seus elementos constituíntes.
122. Distinción entre ditongos crecentes, decrecentes e homoxéneos.
123. Análise da combinación e distribución de fonemas.
124. Análise e pronuncia de sons en contacto na cadea falada.
125. Pronuncia adecuada de grupos fónicos coa debida entoación.
126. Trazado da curva melódica de distintos grupos fónicos.
127. Pronuncia correcta de ditongos e hiatos.
128. Descubrimento de interferencias do castelán na acentuación.
129. Establecemento de relacións de antonimia entre palabras.
19
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
130. Pronuncia e escritura de parónimos. Exercicios con parellas de parónimos.
131. Distinción entre homófonos e homógrafos. Exercicios combinatorios con homófonos e
homógrafos.
132. Estudio de documentos referentes á lírica cortesá, ó amor cortés e ó seu espallamento.
133. Lectura, análise e comentario de cantigas de amor. Caracterización de cantigas de
amor.
134. Audición de cantigas de amor.
135. Análise e redacción dun diario.
136. Busca de información en bibliotecas e Internet.
ACTITUDES
137. Valoración da diversidade lingüística da Romania e do mundo en xeral como unha
riqueza.
138. Actitude aberta cara a outras linguas e culturas.
139. Consideración do labor cultural do Imperio Romano.
140. Valoración dos procesos de normativización e normalización das linguas do noso
contorno.
141. Interese por coñece-la variedade e riqueza lingüística da Romania, de Europa e en xeral
do mundo.
142. Gusto por ler textos biográficos e autobiográficos, expresivos dunha intimidade rica e
testemuña da época histórica e cultural en que foron redactados.
143. Interese por coñece-los mecanismos estructurais da lingua a propósito da organización
dos fonemas en sílabas, ditongos, tritongos e hiatos.
144. Gusto pola pronuncia correcta de sílabas, combinación de fonemas, ditongos e hiatos e
interese por relacionar esta pronuncia correcta coa norma ortográfica correcta.
145. Actitude reflexiva ante a norma ortográfica que en moitas ocasións reproduce a
pronuncia dos sons, o seu acento de intensidade ou a súa entoación.
146. Gusto por distingui-los distintos rexistros da lingua e por utilizalos de xeito adecuado ó
contexto e á situación.
147. Interese por descubri-los desaxustes que se poden producir entre a pronuncia e a
escrita, como nas sinalefas.
148. Valoración da estructura que rexe tamén no léxico e interese e gusto por mellora-lo
propio vocabulario e as produccións propias, tanto orais como escritas, a partir dos
conceptos de paronimia, antonimia e homonimia.
149. Exploración dos valores lúdicos e literarios que ofrecen a paronimia, a antonimia e a
homonimia.
150. Gusto pola análise da evolución da lingua a partir do estudio da homonimia.
151. Tolerancia a partir da análise de textos biográficos ou autobiográficos que poden ofrecer
valoracións ou opinións sobre un mesmo feito histórico, personaxe, etc.
152. Apertura cara a outras linguas e culturas polos libros de viaxes e textos similares.
Respecto da paisaxe e do patrimonio artístico e cultural a partir destes textos.
20
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
153. Valoración do amor cortés como mellora da condición feminina e da lírica cortesá como
un factor de culturización e modernidade na Europa medieval. Interese por coñece-los
contactos entre linguas e literaturas e valoralos.
154. Gusto e pracer ó ler e comentar cantigas de amor.
155. Valoración da Europa medieval como lugar de encontro de diferentes linguas e culturas.
156. Gusto pola análise e transmisión da propia intimidade por medio da redacción dun
diario.
157. Interese por buscar información en bibliotecas e Internet.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
158. Le en voz alta e en silencio e soidade textos ensaísticos e literarios. Resume estes
textos e participa en debates a partir deles, expresando as súas ideas con claridade e
exactitude e respectando as alleas.
159. Sitúa o galego dentro do conxunto das linguas romances.
160. Comenta e identifica distintos tipos de textos biográficos e autobigráficos.
161. Comprende a estructuración dos fonemas en sílabas.
162. Distingue hiatos, ditongos e tritongos.
163. Identifica as distintas clases de ditongos.
164. Relaciona a pronuncia coa escrita de ditongos, tritongos e hiatos.
165. Coñece as normas que rexen as combinacións de fonemas.
166. Distingue entre escrita das palabras e pronuncia das palabras comprendendo
fenómenos coma a sinalefa.
167. Diferencia a pronuncia espontánea e ata descoidada da estándar e coidada. Relaciona
cada unha destas pronuncias cos rexistros da lingua.
168. Establece grupos fónicos e a entoación destes grupos fónicos.
169. Coñece as normas de acentuación en ditongos, tritongos e hiatos.
170. Descobre e corrixe interferencias na acentuación.
171. Coñece os procedementos de formación de antónimos así como os fenómenos de
paronimia e homonimia.
172. Recoñece as posibilidades literarias e lúdicas do xogo con parónimos, homónimos e
antónimos.
173. Comprende o concepto de amor cortés e de lírica cortesá así como o seu espallamento
por toda a Europa medieval.
174. É quén de identifica-las cantigas de amigo e os seus recursos literarios.
175. Redacta un diario distinguindo entre feitos subxectivos e obxectivos.
176. Atopar información en bibliotecas e Internet.
21
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Incidir en que variedade lingüística e cultural é riqueza: crear actitudes de apertura,
aprecio e tolerancia polas linguas e culturas alleas; as linguas e culturas, así como as
persoas, enriquécense no contacto co diferente. O illamento é sinónimo de
empobrecemento.
Compara-lo vello Imperio Romano coa idea da Comunidade Europea actual. Fronte ó
Imperio a Europa actual é a Europa das linguas, dos pobos e das culturas: consegue a
unidade respectando o diferencial. Analiza-los procesos de normativización e
normalización das distintas linguas romances europeas.
Comparar textos e gravacións das diferentes linguas europeas, mesmo traduccións de
textos literarios galegos a diferentes linguas e textos doutras linguas ó galego.
Analiza-lo texto biográfico e autobiográfico como texto literario e como texto expresivo
da intimidade, pero tamén como documento histórico, distinguindo nel o que hai de
obxectivo e subxectivo. Propoñer ó alumnado a redacción de textos deste tipo, como un
diario, de xeito que eles tamén distingan, ó redactaren o íntimo e subxectivo do que
pretende ser unha análise racional e obxectiva de feitos históricos cotiáns. O alumnado
pode reflectir nun diario un feito histórico obxectivo (por exemplo, a desaparición da capa
de ozono, a crise no Terceiro Mundo), pero outra cousa é a interpretación subxectiva, os
sentimentos que iso esperta. Do mesmo xeito ha de distinguir entre feitos e emocións
persoais e feitos obxectivos e externos: un namoramento, por exemplo, pode producirse
ó mesmo tempo que o remate dunha guerra no Terceiro Mundo. Ámbolos dous poden
aparecer no diario. Serán tratados de diferente xeito.
Relaciona-la pronuncia coa agrupación dos sons en sílabas, hiatos, etc. Relaciona-la
pronuncia coa colocación do acento gráfico. Salientar, xa que logo, que a norma
ortográfica non é un capricho. Do mesmo xeito relaciona-la pronuncia e as pausas cos
grupos fónicos e coa entoación. Indicar cómo reproduce a escrita a entoación: signos de
puntuación relacionados cos tonemas.
Salienta-las posibilidades lúdicas e literarias que ofrecen antónimos, parónimos e
homónimos.
Presenta-la cantiga de amor como froito da relación entre tódalas literaturas europeas
medievais a partir do espallamento da lírica cortesá provenzal.
Salienta-lo adianto de costumes que supón a lírica cortesá e o chamado amor cortés,
especialmente na mellora da condición feminina.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Gravacións de textos literarios e non literarios das distintas linguas romances para
comparalos entre si e co galego. Textos literarios escritos das distintas linguas romances
para comparalos cos galegos. Para os problemas de normalización e normativización
das linguas romances son moi útiles as Actas do I Simposio Internacional de linguas
Europeas e lexislacións (Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Bureau Européen pur
les langues répandues) e Actas do congresosobre linguas e culturas europeas
minoritarias publicadas por Fernández Rei e Noia Campos (Universidade de Vigo).
Traduccións ó galego de distintas obras literarias e non literarias, que fornecen
editoriais como Xerais, Galaxia, SM, etc. Interesantes son as traduccións de literatura
xuvenil do e ó galego de Editorial SM como a recente Memorias dunha vaca do vasco B.
Atxaga ou similares. Traduccións de textos galegos a outras linguas romances e non
romances. A Asociación Galega de Traductores, con sede na Universidade de Vigo, e a
súa revista Viceversa ofrecen información sobre temas de traducción do galego e ó
galego. Tamén AULIGA, con sede na Facultade de Filoloxía da atópase información
sobre esto aspecto no xa citado Tres poetas medievais da ría de Vigo de H.
Monteagudo, Pozo Garza e Alonso Montero. Sobre o cultivo da literatura galega por
parte de escritores de fóra de Galicia é moi útil Poetas alófonos en lingua galega de X.
Alonso Montero e X. M. Salgado. Tamén ofrece este libro información sobre a
musicación das cantigas e gravacións de cantigas por parte de cantantes, orfeóns, etc. É
unha boa fonte de información para todos estes aspectos.
22
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Gravacións realizadas polo alumnado de emisoras de televisión e radio que emiten en
distintas linguas romances captadas por radio e antenas parabólicas. Utilización de
Internet para acceder a información redactada en distintas linguas romances.
Textos biográficos, autobiográficos, etc. citados no libro do alumno e que son de moi
doado acceso. Poden levarse a clase para que o alumnado os follee, ler pequenos
anacos, etc. Produccións autobiográficas do propio alumnado, mesmo gravadas en fita
magnetofónica.
Para lingua seguen a ser útiles os recursos citados na introducción xeral e nas
unidades anteriores. Engadamos agora o Diccionario de ortografía da lingua galega de
Benxamín Dosil López e X. Rivero Costas (Fontel Edicións), que trata os problemas
ortográficos en relación coa pronuncia e coa morfosintaxe. Na mesma liña están
Prontuario ortográfico de galego de V. Arias López (E. do Cumio) e Guía rápida da lingua
de X. Pombo Mosquera (Xerais). Ofrecen listas de homónimos, parónimos, etc.
Resumen e poñen ó día esta información os xa citados O galego correcto / O galego de
uso (Ediciones SM).
Moi útil é o Diccionario etimolóxico latino-español de S. Segura Munguía (Anaya) que
ofrece os resultados dos étimos latinos non só nas linguas romances, senón tamén en
inglés ou alemán.
Á bibliografía xeral e recursos xa vistos de literatura na introducción e nas páxinas
anteriores hai que engadir A cantiga de amor de Vicente Beltrán (Xerais). Sobre a vida
de xograres e trobadores é moi útil Trobadores e xograres. Contexto histórico de António
Resende de Oliveira (Xerais).
As ilustracións do libro do alumno son moi útiles para aspectos como manuscritos,
instrumentos musicais medievais, miniaturas, etc. Pode ser útil acudir á exposición
itinerante de instrumentos musicais medievais organizada pola Xunta de Galicia en
diversas localidades de Galicia así como manexa-lo seu catálogo (Xunta de Galicia).
23
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
5. A LINGUA NA SOCIEDADE
XERGAS, BARALLETES E ARGOTS
A unidade ábrese cunha reflexión sobre as variedades sociais da lingua: xergas de oficios,
argots de determinados grupos sociais. Despois analiza a exposición, especialmente en textos
da vida cotiá. Estúdiase o texto como a mensaxe completa e pechada e a súa articulación en
parágrafos e enunciados, oracionais e non oracionais; faise así mesmo unha introducción á
oración: constituíntes inmediatos e clases. Relaciónase o uso dos signos de puntuación coa
distribución do texto en parágrafos e oracións. O vocabulario ocúpase de eufemismos, tabús e
disfemismos. Analízanse as cantigas de escarnio e maldicir así como as Cantigas de Santa
María. Anímase ó alumnado á creación dun panexírico ou gabanza sinxelos. Remátase co
instruccións sobre os índices no manexo de bibliografía e a fixación da información para un
traballo.
Obxectivos didácticos
Facer entende-la variedade social da lingua.
Salienta-la utilidade dos textos expositivos na vida cotiá: todos necesitamos entender
prospectos, instruccións de montaxe e funcionamento de aparellos, contratos, currículos.
Insistir en que non hai que quedar na análise do texto, senón pasar á producción.
Resaltar especialmente a coherencia e cohesión textuais e a división do texto en
parágrafos. Nos seus exames e traballos, o alumnado adoita evita-la división do texto en
parágrafos e presenta un continuum sen puntos e á parte.
Relaciona-las distintas clases de enunciados con distintos contextos e situacións
comunicativas: os non oracionais cos avisos ou cos anuncios por palabras dos xornais ou
mesmo cos refráns.
Salientar que o suxeito non é quen realiza a acción do verbo e que a única forma válida de
identifica-lo suxeito é a concordancia co verbo. Así evitaremos erros como as malas
análises de oraciónscon verbos como apetecer, gustar, importar, etc., e os erros na análise
das oracións pasivoreflexas: Véndese un piso/Véndense dous pisos. Estamos daquela ante
suxeitos.
Xustifica-los distintos signos de puntuación coas características de pausa, entoación, etc.,
da linguaxe oral.
Relacionar tabús, eufemismos e disfemismos coas distintas situacións e contextos;
salienta-lo compoñente cultural e tradicional dalgúns tabús.
Destaca-las relacións literatura-sociedade a propósito da lírica relixiosa e da satírica.
Relaciona-las cantigas relixiosas e as de escarnio e maldicir coas testemuñas que sobre a
Idade Media ofrecen as disciplinas de Historia, Filosofía, etc.
Tentar supera-la resistencia dos alumnos cara á creación literaria propoñendo a creación
dun texto sinxelo como é o do panexírico.
Salienta-la utilidade dos índices nos libros de consulta e necesidade de fixa-la información.
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
177. A lingua na sociedade: xergas, baralletes e argots.
24
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
178. A exposición na vida cotiá.
179. A linguaxe da exposición.
180. O texto e as súas características.
181. A distribución do texto en parágrafos e enunciados. Enunciados oracionais e non
oracionais.
182. Os constituíntes inmediatos da oración: suxeito e predicado.
183. Clases de oracións.
184. O emprego dos signos de puntuación en relación cos parágrafos e enunciados.
185. A concordancia no ámbito da oración.
186. Eufemismos, disfemismos e tabús.
187. As cantigas de escarnio e maldicir.
188. A poesía relixiosa.
189. Características do panexírico ou gabanza.
190. Índices e técnicas de fixar información.
PROCEDEMENTOS
191. Lectura e comentario de textos pertencentes a xergas e argots.
192. Creacións escritas e orais a partir destes textos, especialmente debates respectando as
normas deste tipo de intercambio lingüístico.
193. Análise de textos expositivos da vida cotiá.
194. Creación de textos expositivos sinxelos a partir dos modelos analizados.
195. Análise de textos establecendo os procedementos de coherencia e cohesión.
196. Creación de textos orais e escritos coa debida coherencia e cohesión e división en
parágrafos e enunciados.
197. Análise e creación de enunciados oracionais e non oracionais.
198. Análise e creación de enunciados de distinto tipo.
199. Análise de oracións nos seus constituíntes e clasificación en simples, complexas e
conxuntos oracionais.
200. Análise e creación de oracións independentes, coordinadas, subordinadas e
xustapostas.
201. Puntuación correcta de textos, parágrafos e enunciados.
202. Análise de relacións de concordancia na oración e creación de oracións.
203. Análise de textos con eufemismos, disfemismos e tabús.
204. Análise da función social dos eufemismos.
205. Consideración da función da literatura na transmisión de ideas.
206. Análise e comentario de cantigas de escarnio e maldicir. Establecemento e identificación
de subxéneros na cantiga de escarnio e maldicir.
207. Análise e comentario de cantigas relixiosas de Afonso X.
25
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
208. Análise e creación de panexíricos ou gabanzas.
209. Examen de índices.
ACTITUDES
210. Gusto e interese por coñece-las variedades sociais da lingua desbotando posibles
prexuízos clasistas.
211. Interese polo coñecemento e análise de textos correspondentes a distintas variedades
sociais.
212. Valoración da importancia dos textos expositivos na vida cotiá.
213. Interese por comprende-la organización dos textos, especialmente a súa distribución en
parágrafos e os procedementos de cohesión e coherencia. Gusto por construír textos de
acordo cos principios de distribución.
214. Valoración das distintas clases de enunciados e da súa relación coas persoas que
interveñen no intercambio lingüístico.
215. Desexo por coñecer e utiliza-las técnicas de construcción de enunciados e textos.
216. Interese por coñece-la organización da oración e por utilizar esta organización nas
propias produccións, para mellora-la capacidade lingüística.
217. Desexo polo coñecemento das distintas clases de oracións e interese por utilizalas nas
propias produccións escritas e orais.
218. Valoración das normas que rexen o emprego dos signos de puntuación.
219. Valoración dos eufemismos e tabús como expresivos de ideas e comportamentos
sociais e mesmo de tradicións e crenzas populares.
220. Capacidade crítica ante eufemismos e tabús que actúen enmascarando a realidade ou
que susciten ou oculten calquera tipo de prexuízos.
221. Gusto e interese por coñecer e utiliza-las capacidades expresivas e literarias de tabús,
eufemismos e disfemismos.
222. Interese por relacionar o emprego de tabús, eufemismos e disfemismos cos distintos
rexistros da lingua, contextos e situacións.
223. Gusto por coñece-los mecanismos da concordancia e por utilizalos nos propios textos
orais e escritos para acadar unha maior claridade e xusteza.
224. Interese por coñece-la función social da literatura e a súa importancia na transmisión de
ideas.
225. Pracer e gusto coa análise e comentario de cantigas de escarnio e maldicir e con
cantigas relixiosas.
226. Interese por coñece-lo pasado a través da literatura.
227. Interese por aprender técnicas de índices de fixar información.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
228. Comprende a variación social que se produce na lingua e coñece as xergas e argots
máis característicos.
229. É quen de establece-las características lingüísticas das xergas e argots máis
característicos.
26
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
230. Recoñece as técnicas básicas da exposición e o seu emprego en prospectos, contratos,
currículos, etc.
231. É quen de utiliza-la exposición para compoñer textos sinxelos de instruccións,
currículos, contratos, etc.
232. Recoñece o texto, a súa distribución en parágrafos e os procedementos de coherencia e
cohesión textuais. É quen de empregar estes procedementos nas creacións propias.
233. Distingue as diferentes clases de enunciados e constrúe enunciados apropiados ás
distintas situacións, contextos e finalidades comunicativas, tanto orais como escritos.
234. Distribúe a oración nos seus constituíntes inmediatos e distingue as distintas clases de
oracións e emprega estes coñecementos na mellora da construcción dos seus textos.
235. Relaciona e xustifica o emprego dos signos de puntuación coa distribución do texto en
parágrafos e cos distintos tipos de enunciados que compoñen os textos.
236. Coñece os procedementos de concordancia no ámbito da oración e emprégaos nas
súas produccións.
237. Recoñece eufemismos e tabús e relaciónaos con distintas finalidades expresivas, así
como con posibles prexuízos sexistas, racistas, clasistas, etc.
238. Valora a importancia de eufemismos, tabús e disfemismos na creación literaria.
239. Relaciona eufemismos e tabús con tradicións e crenzas populares.
240. Comprende a función social da literatura.
241. Establece relacións entre literatura e sociedade.
242. Comenta e clasifica en subxéneros as cantigas de escarnio e maldicir.
243. Comenta as Cantigas de Santa María.
244. Recoñece tipos de índices e domina técnicas de fixación da información.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
O alumnado adoita entender moi ben as diferencias dialectais da lingua, pero non tanto
as sociais. Estudia-las variantes sociais sen estigmatizalas como incorrectas ou vulgares.
Incidir en que unha mesma persoa pode empregar distintas variedades sociais segundo
a situación e o contexto: o argot estudiantil é válido entre amigos no recreo, pero non
nunha situación formal. Salientar que a persoa culta é a que sabe utilizar o rexistro de
lingua adecuado a cada situación e contexto.
Para a análise de xergas e argots partir da propia experiencia do alumnado con estas
linguaxes especiais. Promover investigacións sinxelas sobre linguaxes especiais do seu
contorno.
Supera-la mera análise da linguaxe dos textos expositivos da vida cotiá e indicar cómo
é preciso comprender estes textos na vida cotiá e mesmo redactalos. É fundamental
insistir sobre a redacción: ¿quen non necesitará redactar un currículo?
Tomando como modelo enunciados non oracionais dos anuncios por palabras, dos
carteis ou da publicidade facer que o alumnado cree enunciados non oracionais
similares. Salienta-la utilidade de dominar estas técnicas: ¿quen non necesita algunha
vez crear un anuncio por palabras para vender ou comprar algo?
Erro moi común nos exercicios e exames dos nosos alumnados é a organización do
seu texto sen divisións en parágrafos. Aconsellar crear textos que se dividan en tres
páragrafos: un de iniciación, outro de desenvolvemento e un terceiro de conclusións.
Obrigar a respecta-la distribución en parágrafos en exames e traballos de clase.
27
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Aproveita-lo estudio do enunciado non oracional para analiza-los refráns como mostra
da sabedoría popular e tradicional.
Salientar que os enunciados van marcados por unha determinada entoación segundo
sexan asertivos, interrogativos, exclamativos, etc. Non esquece-los aspectos orais da
lingua, como adoito facemos obsesionados pola linguaxe escrita.
Relacionar eufemismos, tabús e eufemismos coa creación literaria, especialmente coas
cantigas de escarnio e maldicir que se tratan na unidade.
Análise dalgúns tabús como expresivos da cultura popular: ensaio dunha etnografía
espiritual a partir dos tabús sobre o lobo, o raposo, etc.
Aproveita-la análise da literatura desta unidade para caracteriza-la Idade Media:
teocentrismo, sociedade feudal, relixiosidade, etc.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Gravacións da radio e da televisión con exemplos de textos en xergas, argots, etc.
Estas mesmas gravacións poden conter eufemismos e disfemismos.
Textos literarios, similares ós da páxina 85, con exemplos de argot e xergas. A novela
contemporánea de protagonista xuvenil contén exemplos abondos.
Gravacións sobre conversas do propio alumnado para analizar estes mesmos
fenómenos. Gravacións realizadas polo alumnado no seu contorno.
Información sobre xergas ofrécea Férmín Bouza Brey nos volumes Etnografía y folklore
de Galicia (Xerais), así como Costa Clavell en Bandolerismo. Romerías y jergas gallegas
(La Voz de Galicia). Ámbolos dous libros dan referencias bibliográficas moi interesantes.
Textos expositivos da vida cotiá como prospectos, instruccións de uso, contratos,
receitas de cociña, etc., achegados polo propio alumnado. Tamén se poden achega-los
procedentes da propia secretaría do centro. Hai modelos oficiais de contratos e
documentos similares preparados por institucións como pode se-lo Concello de
Redondela. O Centro de Estudios Ramón Piñeiro está a traballar así mesmo sobre
modelos para este tipo de textos e ofrece asesoramento e consulta á quen lla solicite. O
Galego de uso (Ediciones SM) ofrece introducción a estes temas e exemplos analizados.
Enunciados non oracionais procedentes de titulares xornalísticos, anuncios por
palabras, anuncios publicitarios, coleccións de refráns, etc. O alumnado pode facer unha
achega deste tipo de textos.
Coleccións de noticias e artigos xornalísticos para analiza-la articulación en paragráfos:
os xornais adoitan respectar moi ben as normas de división do texto en parágrafos.
Para lingüística e literatura seguen a ser válidos os recursos indicados nas unidades
anteriores. Cómpre engadir El eufemismo en Galicia de Montero Cartelle (Anexo 17 de
Verba). Para o estudio das cantigas de escarnio e maldicir é fundamental As cantigas de
escarnio de Giuilia Lanciani e G. Tabani (Xerais). Para as Cantigas de Afonso X é
fundamental a edición de W. Mettmann (Xerais) ou a máis accesible e económica deste
mesmo autor en Castalia. Hai unha antoloxía escolar das Cantigas de Afonso X debida a
B. Graña (Galaxia), moi útil neste nivel. Para ve-lo proceso de creación, influencias, etc.
do cancioneiro mariano segue a ser fundamental Tiempo y gozo eterno en la narrativa
medieval (La cantiga CIII) de Filgueira Valverde (Xerais). Para comprende-la relación de
Afonso X con Santiago é moi interesante Estudios sobre lírica medieval de X. Filgueira
Valverde (Galaxia).
Ilustracións do libro para introducción ó manuscrito como obra de arte.
Textos xornalísticos de gabanzas para que sirvan de modelo ó alumnado para a
creación literaria. Pode ser moi útil O libro dos amigos de Otero Pedrayo.
Novelas históricas para comprende-la vida medieval: poden usarse desde as clásicas
de López Ferreiro ata a Romeiría de Xelmírez ou as máis actuais de Dario Xohán
Cabana, Lola González, etc.
28
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
6. DO LATÍN Ó GALEGO
LINGUA DA ADMINISTRACIÓN E DA XUSTIZA
A unidade iníciase cunha reflexión sobre a substitución do latín polo galego en documentos,
testamentos, doazóns, regulamentos de gremios e confrarías, etc. entre os séculos XIII e XV e,
xa que logo, o proceso de normalización experimentado polo galego na Idade Media.
Analízanse as características da linguaxe xurídica. Estúdiase a estructura do suxeito e a do
predicado, as distintas clases de predicado e as funcións e complementos que aparecen no
predicado. Lémbrase a norma de emprego do h así como a que rexe o uso da preposición a
con complemento directo. No vocabulario pásase revista a popularismos, cultismos e
semicultismos. Estúdiase a prosa da Idade Media. Séguese cunha análise da crónica
xornalística e cunha incitación ó alumnado para compoñer unha crónica periodística sinxela.
Para rematar, infórmase sobre as fichas para fixar información.
Obxectivos didácticos
Comprende-lo proceso de substitución do latín.
Salienta-la ameaza da diglosia que xa está presente desde Fernando III e Afonso X.
Manexar e entende-los distintos textos da prosa non literaria medieval.
Asimila-la estructuración da oración en suxeito e predicado e comprende-las distintas
clases de predicado e de complementos do predicado. Non debemos quedar na simple
análise, senón facer que o alumnado xogue coas distintas estructuras sintácticas para dici-
lo mesmo pero con diferentes estructura: Miña irmá é médica/Eu teño unha irmá médica.
Entende-los textos xurídicos, expresión máxima da convivencia en sociedade democrática.
Distinguir entre exposición e argumentación nos textos xurídicos.
Distingui-los distintos xéneros da linguaxe xurídica.
Incidir na identificación do suxeito en oracións que presentan como verbos apetecer,
agradar, gustar, importar... Distinguir o complemento circunstancial do complemento de
réxime.
Eliminar interferencias do castelán especialmente en oracións tipo Lavouse as mans,
Fíxose unha casa, Habían tres anos...
Comprende-las interferencias no emprego do h, sinalando así mesmo as que produce o
galego sobre o castelán.
Insistir no emprego da preposición a con complemento directo para eliminar interferencias
moi habituais.
Habituar á lectura analítica de textos literarios e non literarios e a resumilos ou mesmo
comentalos, rebatelos, etc., tanto oralmente como por escrito.
Comprende-la riqueza da prosa non literaria galega e cómo na actualidade os lingüistas se
inspiran nela para crear unha linguaxe xurídica ou administrativa galega enxebre.
Relaciona-los textos literarios en prosa co noso contorno histórico e cultural.
Confeccionar distintos tipos de fichas.
29
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
245. A normalización do galego na Idade Media.
246. Primeiros síntomas de diglosia nos reinados de Fernando III e Afonso X.
247. As características da linguaxe xurídica.
248. Exposición e argumentación na linguaxe xurídica.
249. Xéneros da linguaxe xurídica.
250. A estructura do suxeito e do predicado.
251. As oracións impersoais: clases.
252. A estructura do predicado: predicado nominal e predicado verbal.
253. Funcións e complementos no predicado.
254. Normas de emprego do h. Interferencias ortográficas no uso do h.
255. A norma no uso de a con complemento directo. Interferencias neste uso da preposición.
256. Popularismos, cultismos e semicultismos.
257. A prosa non literaria na Idade Media.
258. A prosa literaria na Idade Media.
259. Características da crónica xornalística.
260. Tipos de fichas.
PROCEDEMENTOS
261. Lectura, análise e debate de textos sobre a normalización do galego na Idade Media.
262. Lectura, análise e comentario de diversos textos da linguaxe xurídica.
263. Análise de textos propios e alleos, orais e escritos, para analiza-la articulación das
oracións nos constituíntes inmediatos.
264. Análise de oracións impersoais propias e alleas, de textos orais e escritos. Creación oral
e escrita de oracións impersoais de distintas clases.
265. Análise e clasificación de predicados e dos seus elementos en produccións propias e
alleas, orais e escritas. Creación de oracións con distintas clases de predicados e
complementos, na linguaxe oral como na escrita.
266. Transformacións, substitucións e incrementos para identifica-las funcións que aparecen
no predicado.
267. Análise dos diferentes tipos de se. Creación de oracións, na linguaxe oral e e escrita,
onde aparezan exemplos das distintas funcións de se, tanto pronominais como non
pronominais.
268. Creación, na linguaxe oral e escrita, de estructuras reflexivas, recíprocas, pasivo-
reflexas e impersoais.
269. Identificación en textos propios e alleos, orais e escritos, de cultismos, semicultismos e
popularismos. Emprego de termos procedentes desta análise nas propias creacións.
30
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
270. Análise e comentario de textos pertencentes á prosa medieval.
271. Análise da pervivencia da materia de Bretaña na literatura galega actual.
272. Análise e elaboración de distintos tipos de fichas.
ACTITUDES
273. Gusto e interese polo proceso de normalización do galego medieval.
274. Valoración da linguaxe xurídica no que ten de exposición clara de dereitos e deberes.
275. Consideración das leis como textos precisos e baseados no interese común.
276. Gusto polo coñecemento da linguaxe xurídica e dos seus diferentes xéneros, en tanto
en canto son textos fundamentais nun Estado de dereito e nunha sociedade democrática.
277. Interese por coñece-la articulación da oración en suxeito e predicado e por utilizar estes
coñecementos na mellora das propias produccións, tanto orais como escritas.
278. Gusto por emprega-las distintas estructuras do predicado, mesmo expresando a mesma
idea, para dotar de variedade e riqueza a sintaxe das propias creacións.
279. Distinción dos valores expresivos que se producen entre activa e pasiva, pasiva reflexa
e activa, etc. e gusto por usar esta variedade de estructuras nas propias creacións, tanto
orais como escritas.
280. Gusto por empregar unha linguaxe correcta e sen interferencias recoñecendo e
corrixindo en textos propios e alleos, orais e escritos castelanismos no emprego do
reflexivo, na construcción do CD, etc.
281. Pracer coa riqueza das estructuras lingüísticas xa que permiten dici-lo mesmo de
distinto xeito: activa-pasiva, predicación-atribución, etc.
282. Interese por coñecer textos en prosa medievais non literarios e por descubrir cómo
están a ser recuperados para crear unha lingua xurídica, administrativa, etc., galega libre de
interferencias.
283. Gusto polo coñecemento do pasado e da historia da lingua así como por ve-las liñas da
súa evolución desde o latín.
284. Gusto por ver cómo moitos dos temas da prosa literaria medieval perviven na
actualidade.
285. Actitude positiva ante o intercambio lingüístico e cultural que supoñen as narracións da
materia de Troia, da de Bretaña, etc.
286. Consideración dos valores que transmiten estas narracións: amizade, amor cortés,
xustiza, etcétera.
287. Aumento da propia estima redactando unha crónica xornalística sinxela.
288. Interese por fixa-la información en fichas.
31
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
289. Escoita con atención e respecto as produccións dos compañeiros e compañeiras e sabe
realizar delas unha crítica correcta, sinalando erros sen ofender e salientando tamén os
acertos.
290. Resume por oral e por escrito os textos informativos que aparecen na unidade ou outros
similares.
291. Crea textos orais e escritos similares ós anteriores con coherencia e cohesión.
292. Comprende o proceso de normalización que se produciu no galego medieval e o paso
do uso do latín ó galego en documentos e demais prosa non literaria.
293. Distingue as características máis rechamantes da lingua dos textos non literarios
medievais e identifica os seus distintos xéneros: testamento, doazón, regulamento gremial,
etcétera.
294. Establece a estructura suxeito-predicado das oracións e identifica as diferentes clases
de palabras que poden realiza-la función de suxeito.
295. Distingue entre predicado nominal e predicado verbal e os constituíntes e complementos
que poden aparecer en cada un destes predicados.
296. Comprende o concepto de impersonalidade e distingue as distintas clases de oracións
impersoais.
297. Emprega os conceptos gramaticais anteriores na mellora das produccións propias e
alleas.
298. Descobre as características fundamentais da linguaxe xurídica.
299. Distingue popularismos, cultismos e semicultismos e emprega estes conceptos para
enriquece-lo seu vocabulario e para acadar unha expresión correcta, especialmente no
referente ós semicultismos.
300. Coñece as normas do uso do h de xeito que descobre e corrixe interferencias.
301. Descobre e corrixe interferencias na construcción reflexiva, na impersoal, etc.
302. Coñece e comenta os textos fundamentais da prosa literaria medieval.
303. É quen de redactar unha crónica xornalística sinxela.
304. Elaborar distintos tipos de fichas.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Pode compararse a situación actual da linguaxe xurídica e administrativa galega coa
que se producía nos séculos XIII-XV.
Compara-los cadros de documentos en latín, galego e castelán que ofrece H.
Monteagudo na súa citada Historia Social da Lingua Galega (Galaxia).
Comparar algún documento medieval (testamento, doazón, contrato, etc.) con outro
actual.
Salienta-lo comportamento de Fernando III e Afonso X cando se dirixen ós galegos. Hai
moitos datos na citada obra do profesor Monteagudo.
Levar á clase traduccións ó galego do Código Penal, Civil, de regulamentos que saen
no DOG, de normas do propio centro, etc., para ver cómo estamos máis en contacto coa
linguaxe xurídica do que parece. Levar á clase algunha sentencia. Compara-la linguaxe e
estructura da sentencia coa das leis.
32
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Facer unha lista de interferencias castelán-galego e galego-castelán no emprego de h-.
O alumnado pode colocalas primeiro por orde alfabética e despois por orde de
frecuencia.
Descubrir interferencias no emprego da preposición a con CD en textos xornalísticos,
tanto da prensa escrita como da radio e da televisión. Mesmo se poden atopar erros
destes tipo en materiais que manexa o alumnado.
Na sintaxe non nos debemos conformar coa análise. Debemos procurar que o
alumnado utilice as estructuras aprendidas nas propias produccións, tanto orais como
escritas. Os exercicios do libro do alumno van encamiñados moitas veces nesta
dirección.
Ve-la pervivencia dalgúns dos temas da prosa literaria medieval na actualidade,
especialmente da materia de Troia. O Ulises de Joyce non se entende sen a Odisea.
Levar á clase traduccións ó galego da Ilíada e da Odisea, publicadas polo Consello de
Cultura Galega (Galaxia).
Salienta-la pervivencia da materia de Bretaña xa non só no Quixote ou na literatura
galega actual, senón no cine, nos cómics ou nos videoxogos.
Relaciona-los heroes fantásticos destas narracións cabaleirescas cos heroes
fantásticos do cine ou das teleseries actuais.
Analiza-los valores que defendía a literatura cabaleiresca e a súa importancia na
civilización occidental.
Relaciona-lo libro dos Miragres de Santiago coa cultura do Camiño.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Seguen a ser válidos os recursos sinalados para lingua e literatura dados nas unidades
anteriores, especialmente na unidade 2. Nesta unidade son moi útiles as historias da
lingua xa citadas en unidades anteriores de H. Monteagudo (Galaxia), Mariño Paz
(Sotelo Blanco) e Freixeiro Mato (Laiovento). Son moitas as coleccións de documentos
que van saíndo. Para este nivel sen embargo podemos emprega-los volumes xa clásicos
de Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros e sobre todo a Historia do Galego-
Portugués de Clarinda de Azevedo Maia (Instituto Nacional de Investigaçao Científica de
Coimbra). Boas antoloxías da prosa literaria medieval son o volume III da Prosa galega
da cátedra de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago (Galaxia), a
de Pena xa citada (Sotelo Blanco) ou a de Freixeiro Mato (A Nosa Terra). Edicións de
textos literarios medievais que son xa emblemáticas son as de Ramón Lorenzo da
Crónica Xeral (Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo) e da Crónica Troiana
(Fundación Barrié de la Maza), así como os Miragres de Santiago de X. L. Pensado
(Revista de Filología Española).
Versións galegas do Código Penal e Civil. Leis fundamentais coma o Estatuto de
Autonomía, Lei de Normalización Lingüística, etc. Regulamentos e leis aparecidos no
DOG. Regulamentos e normas do propio centro. Sentencias aparecidas no DOG ou que
poida haber na secretaria do centro.
Películas de cine e televisión onde os xuízos ocupen un lugar destacado. Poden
gravarse da TVG para analiza-la terminoloxía xurídica.
Gravacións da radio e da televisión e textos xornalísticos que permitirán analizar
oracións e mesmo descubir erros.
Para a análise morfosintáctica poden ser moi útiles libros como Prácticas de lingua,
Novas prácticas de lingua e Exercicios avanzados de lingua de Antonio Colmenero
(Edicións do Cumio). Tamén Prácticas gramaticais e construcción de textos de M.
Rosales (Xerais).
Sobre cultismos, popularismos e semicultismos ofrece moita e boa información a
Gramática Histórica galega. Tomo II Lexicoloxía de Manuel Ferreiro (Laiovento).
A Revista Xurídica Galega, editada pola Asociación Xurídica Galega, ofrece textos,
comentarios legais e sentencias en galego.
O Instituto da Lingua Galega na súa páxina web ofrece unha antoloxía de textos de
prosa medieval galega: http://www.usc.es/ilgas/.
33
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
7. BILINGÜISMO CON DIGLOSIA
OS SÉCULOS ESCUROS DO GALEGO
A unidade establece os conceptos de bilingüismo e diglosia e analiza a decadencia do galego
debido ás guerras civís de don Pedro e don Enrique, ás rebelións irmandiñas, ó apoio dado a
Juana la Beltraneja e á definitiva centralización promovida polos Reis Católicos. Estúdiase a
linguaxe administrativa e á súa mestura de exposición e argumentación. Análizanse o
substantivo e o grupo nominal, así como os problemas e interferencias que se producen na
formación do seu xénero e número. Estúdianse os castelanismos ó longo da historia e faise
especial fincapé nos innecesarios. A literatura ocúpase da chamada escola poética galego-
castelá e tamén das mostras da literatura culta dos chamados Séculos Escuros. Danse
consellos sobre a ordenación das fichas e reflexiónase sobre a utilidade de resumos e cadros
sinópticos para elaborar traballos.
Obxectivos didácticos
Comprender e comentar textos informativos sobre a época estudiada. Resumilos e
participar en debates e exposicións orais a partir deles.
Ler, comprender e comentar textos literarios representativos do período.
Examina-las causas históricas que determinan a situación diglósica do galego.
Entende-los textos da linguaxe administrativa habituais na vida cotiá e ser quen de redacta-
los que se empregan máis habitualmente como instancias, declaracións ou formularios.
Distingui-las distintas clases de substantivos.
Comprende-la estructura do grupo nominal.
Utilizar estes coñecementos gramaticais para mellora-la sintaxe das produccións propias.
Analiza-las razóns que levan á Normativa a elixir unhas determinadas formas de xénero e
número: maior extensión demográfica e/ou xeográfica, tradición literaria, etc.
Eliminar erros e interferencias no emprego de s/x.
Meditar sobre a grande influencia do léxico castelán sobre o galego desde a Idade Media e
acadar un léxico máis enxebre nas propias produccións, orais e escritas.
Coñece-las características, autores e textos máis importantes da escola galego-castelá.
Valora-los textos dos Séculos Escuros como unha mostra do que puido ser unha literatura
galega culta.
Aprender a ordenar fichas e a utilizar resumos e cadros sinópticos.
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
305. Bilingüismo e diglosia.
306. As orixes medievais da situación diglósica do galego.
307. Os Séculos Escuros.
308. As características da linguaxe administrativa.
34
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
309. Xéneros da linguaxe administrativa: oficios, informes, convocatorias, requirimentos,
instancias, bandos, etc.
310. O substantivo: definición e caracterización.
311. Clases de substantivos.
312. Formación de xénero e número: norma, interferencias e dialectalismos.
313. O xénero semántico.
314. O castelanismo desde a Idade Media ata hoxe. O castelanismo innecesario.
315. Norma e interferencia no emprego de s/x.
316. A escola poética galego-castelá.
317. A literatura culta dos Séculos Escuros: principais autores e textos.
318. Características do informe.
319. A orde das fichas.
320. O resumo e o cadro sinóptico.
PROCEDEMENTOS
321. Lectura e análise de textos referentes á situación diglósica do galego.
322. Debate sobre a situación diglósica do galego no pasado e no presente a partir dos
textos.
323. Análise de textos administrativos.
324. Recoñecemento dos distintos textos da linguaxe administrativa.
325. Elaboración de textos administrativos sinxelos como instancias ou declaracións.
326. Análise das distintas clases de substantivos de textos orais e escritos.
327. Emprego de distintas clases de substantivos nos textos propios, para mellora-la
expresión, especialmente abstractos, colectivos, xentilicios, etc.
328. Análise das formas normativas de formación de plural e de xénero meditando sobre as
razóns das escollas normativas.
329. Descubrimento de dialectalismos na formación de xénero e número en textos propios e
alleos.
330. Descubrimento e corrección de interferencias na formación de xénero e número de
substantivos, tanto en textos propios como alleos.
331. Análise de grupos nominais para descubri-la súa estructura e para, a partir do
recoñecemento desta estructura, enriquece-los propios mecanismos de formación de grupos
nominais.
332. Establecemento de relacións entre distintas estructuras do grupo nominal que, sen
embargo, expresan o mesmo significado para comprende-la riqueza morfosintáctica da
lingua: A mesa que está aquí/esta mesa. O coche del/o seu coche. Un rapaz de Ourense/un
rapaz ourensá. Utilización desta variedade de estructuras nas propias mensaxes para
enriquece-la súa sintaxe.
333. Construcción de oracións que axuden a comprende-lo fenómeno do xénero semántico.
334. Descubrimento de castelanismos innecesarios en textos do pasado e en textos actuais.
335. Descubrimento e corrección de castelanismos.
35
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
336. Achado e corrección de interferencias no emprego de s/x, tanto en galego como en
castelán.
337. Ordenación de fichas.
338. Elaboración de resumos e cadros sinópticos.
ACTITUDES
339. Interese por coñece-lo pasado do galego e as causas da diglosia.
340. Desbotamento de prexuízos sobre a inferioridade do galego.
341. Valoración da importancia que ten para a vida cotiá a comprensión dos textos
administrativos máis habituais.
342. Interese pola aprendizaxe das técnicas de redacción de textos administrativos sinxelos.
343. Gusto por acadar información a partir da análise de textos e doutros instrumentos
similares, mesmo de Internet.
344. Interese e xuízo positivo sobre as tarefas de normalización.
345. Interese por coñece-las diferentes clases de substantivos e o seu emprego nas
diferentes clases de linguaxe.
346. Aceptación razoada da norma ó coñece-las súas razóns.
347. Aceptación do dialectalismo na formación do número, pero sabendo que si é lexítimo
usalo na lingua coloquial non o é así no rexistro formal.
348. Gusto polo xogo coa lingua a partir das diferentes posibilidades de construcción do
grupo nominal sen que cambie o seu significado: Un terreo con moita area/moi areoso/que
ten moita area, etc.
349. Interese por usar unha lingua correcta e enxebre.
350. Recoñecemento do valor xa non estrictamente literario senón de testemuña que
presentan os textos da escola galego-castelá e da literatura culta dos Séculos Escuros para
manter, anque sexa minimamente, o galego como lingua escrita.
351. Gusto por expresar opinións de forma obxectiva a través dun informe.
352. Interese por ordena-la información en fichas, resumos e cadros sinópticos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
353. Distingue entre bilingüismo e diglosia e comprende os motivos históricos que levaron o
galego a unha situación diglósica.
354. Recoñece as características da linguaxe administrativa.
355. Distingue os distintos tipos de textos administrativos: oficios, instancias, etc.
356. Comprende os textos administrativos habituais na vida cotiá e é quen de redactar
instancias, declaracións e outros textos similares.
357. Comprende os textos informativos da unidade, é quen de resumilos por oral e por
escrito e presentar un xuízo crítico sobre eles.
358. Participa en debates de acordo coas normas que rexen este xénero.
359. Define o substantivo, recoñece as súas distintas clases e comprende a estructura do
grupo nominal.
36
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
360. Emprega estes coñecementos sobre o substantivo e o grupo nominal para mellora-las
produccións orais e escritas.
361. Descobre dialectalismos e interferencias na formación do xénero e do número.
362. Comprende as razóns da Normativa para elixir unhas determinadas formas de xénero e
número como correctas.
363. Coñece as normas que rexen o uso de s/x e elimina interferencias ortográficas.
364. Recoñece cultismos, popularismos e semicultismos.
365. Descobre castelanismos e elimina aqueles que son innecesarios.
366. Establece as causas da decadencia da lingua e literatura galegas no século XV e nos
Séculos Escuros.
367. É quen de comenta-los textos básicos da escola galego-castelá e da literatura culta dos
Séculos Escuros.
368. Ordena fichas e elabora resumos e cadros sinópticos.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Do mesmo xeito que se fai cos dous textos que abren a unidade, relaciona-la situación
do galego nos Séculos Escuros cos actuais esforzos normalizadores, mesmo comentado
o labor que desenvolven distintas institucións, públicas e privadas, empeñadas na
normalización. O seu labor pode consultarse en Internet. Sinalamos estes enderezos no
apartado de Recursos.
Realización dunha enquisa por parte do alumnado sobre o nivel de normalización do
galego acadado no seu contorno.
Fixarse na importancia que ten para a normalización do galego o seu emprego na
linguaxe administrativa. Analise por parte do alumnado do emprego do galego como
lingua da Administración no seu propio contorno. Analiza-la vida administrativa do centro
e a lingua empregada nela.
Informar sobre o labor da Escola Galega de Administración Pública e doutras
institucións como a Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación de Funcionarios
pola Normalización Lingüística, Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de
Santiago, etc.
Proxecta-lo estudio do substantivo e do grupo nominal superando a análise e facendo
que o alumnado empregue nas súas produccións substantivos abstractos ou colectivos,
xentilicios, heterónimos, etc. Para aumenta-la súa competencia activa. Enriquece-los
seus procedementos sintácticos facendo que exprese a mesma idea con distintas
estructuras do grupo nominal.
Realizar unha ficha ortográfica sobre os erros e interferencias máis habituais no
emprego de s/x usando diccionarios xerais, diccionarios de dúbidas e outros
instrumentos normativos.
Analizar textos literarios ou fragmentos deles que recrean a época dos Irmandiños ou a
dos Séculos Escuros: A tecedeira de Bonaval e O castelo de Pambre de López Ferreiro,
Un home de Vilameán de Bernárdez Vilar, O Mariscal de Cabanillas, etc.
Analizar gráficas dos estudios Lingua Incial e competencia lingüística en Galicia, Usos
lingüísticos en Galicia e Actitudes Lingüísticas en Galicia da RAG.
Valora-la importancia dos textos da literatura culta dos Séculos Escuros como
expresión da capacidade da lingua galega daqueles tempos para a literatura culta e
compara-la decadencia do galego en relación co español e portugués e coa súa
ausencia da imprenta na época de espallamento desta.
Desbotar prexuízos sobre os castelanismos e o léxico patrimonial galego: a influencia
do castelanismo é tal que se considera que formas como lunes, miércoles... son máis
espontáneas e populares cás xenuínas luns, mércores...
37
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
RECURSOS DIDÁCTICOS
Diccionarios, antoloxías e manuais citados xa nas unidades anteriores.
Para este período seguen a ser imprescindibles as xa citadas obras sobre a historia do
galego de Freixeiro Mato, Monteagudo e Mariño Paz; conteñen ademais moita
información bibliográfica e de todo tipo.
A escola galego-castelá foi recentemente estudiada por Manuel Polín en A poesía lírica
galego-castelá (Universidade de Santiago). X. R. Freixeiro publicou unha antoloxía moi
boa da literatura dos Séculos Escuros (A Nosa Terra).
Libros de historia como os debidos a Villares, Barreiro, etc.
Para analiza-la penetración do castelanismo léxico e ver cómo os falantes ata
consideran máis popular estes cós termos xenuínos galegos ver Estudios de
Sociolingüística do galego. Sobre a norma culta do galego (Galaxia). Dáse ademais
información e bibliografía sobre normalización e normativización.
Exemplar das NOMIG para le-las xustificacións que se fan das escollas normativas na
formación do xénero e do número.
O galego correcto (Cadernos de SM) trata con demora tódolos aspectos normativos e
ofrece moitos exercicios complementarios. O Galego de uso (Cadernos de SM) ofrece
abundantes exemplos de textos administrativos e unha lista final de termos léxicos
incorrectos, os máis deles castelanismos.
Sobre a consideración do galego e dos galegos nos Séculos Escuros son moi útiles
Galicia vista por los no gallegos de Alonso Montero (Júcar) e A imaxe de Galicia e os
galegos na literatura castelá (Galaxia) de X. Caramés Martínez.
Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia, Usos lingüísticos en Galicia e
Actitudes lingüísticas en Galicia do Seminario de Sociolingüística da Real Academia
Galega.
Manual de Linguaxe administrativa galega de X. García Cancela e C. L. Díaz Abraira
(Escola Galega de Administración Pública-Xunta de Galicia) e Léxico da Administración
da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (RAG).
Ofrecen información sobre normalización as institucións citadas anteriormente
das que dámo-los seus enderezos en Internet: http://www.usc.es/ilgas/;
http://www.interbook.net/colectivo/amesanl; http://www.cirp.es.
Hai edición facsimilar recente dos textos das Festas Minervais e da súa lingua debida a
Alonso Montero e publicada pola Universidade de Santiago de Compostela.
38
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
8. A RAZÓN DA LINGUA
A PREHISTORIA DA NORMALIZACIÓN
A unidade medita sobre a concepción da lingua dos ilustrados, especialmente a que mantiña o
padre Sarmiento, que podemos considerar un verdadeiro iniciador da normalización do galego.
Analízanse as características da exposición científica. Estúdianse as funcións non privativas do
substantivo, así como os determinativos. Faise especial fincapé nas interferencias dos
determinativos. Nos aspectos normativos trátase da polémica segunda forma do artigo. En
ortografía pásase revista ás contraccións dos determinativos. Incídese no uso de formas do
determinativo que cada vez se empregan menos como son os posesivos de pertenza exclusiva
e o posesivo distributivo. Explícase o concepto de castelanismo latente. No apartado dedicado
a literatura estúdiase a obra literaria dos ilustrados e a literatura popular de tradición oral e
anónima. Proponse ó alumnado a creación dun artigo de divulgación científica. Danse, no
remate, instruccións sobre a organización definitiva do traballo.
Obxectivos didácticos
Salienta-la labor dos ilustrados, especialmente de frei Martín Sarmiento, como adiantados
no estudio da lingua e nas propostas de normalización do galego.
Basea-las afirmacións sobre o proceso centralizador e unificador do século XVII en leis e
disposicións concretas: Decreto de Nova Planta, Real Cédula de Aranjuez de 1768, Real
Cédula de 1780.
Supera-lo nivel de análise ó estudia-la linguaxe científica e acadar que o alumnado realice
exposicións científicas adecuadas tanto oralmente como por escrito.
Indicar que o galego é unha lingua que só moi recentemente se empregou de forma masiva
na ciencia. Salienta-los esforzos para crear unha linguaxe científica galega e comenta-la lei
sobre o emprego do galego no Ensino (Ver apartado de Recursos).
Supera-lo nivel de análise no substantivo e no determinativo e promover un uso máis rico
destas formas polo alumnado, tanto nas creacións orais como escritas.
Explicar o concepto de castelanismo latente. Pode compararse co de anglicismo latente.
Salienta-la importancia dos textos literarios dos ilustrados en tanto en canto son a única
mostra de literatura escrita do século XVIII.
Analiza-lo labor filolóxico de Sarmiento como antecedente da moderna lingüística
románica.
Fundamenta-lo emprego das contraccións na escrita como un reflexo da lingua oral.
Resalta-la importancia da literatura oral popular como expresión da cultura tradicional pero
tamén pola súa influencia sobre a literatura culta do Prerrexurdimento e Rexurdimento.
Facer comprende-la importancia da estructura dun traballo.
39
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
369. As ideas lingüísticas dos ilustrados, especialmente Feijoo e Sarmiento.
370. A exposición científica.
371. Funcións privativas e non privativas do substantivo.
372. Os determinativos: clases, formas, interferencias.
373. Contraccións dos determinativos.
374. Problemas no emprego da segunda forma do artigo, dos posesivos de pertenza
exclusiva e do posesivo distributivo.
375. O emprego do artigo co posesivo.
376. O concepto de castelanismo latente.
377. A literatura dos ilustrados.
378. A literatura popular anónima de transmisión oral.
379. A centralización borbónica e a súa influencia sobre o galego. Principais leis que afectan
ó galego.
380. Características do artigo xornalístico de divulgación científica.
381. Estructura e partes dun traballo.
PROCEDEMENTOS
382. Lectura e análise de textos dos ilustrados e de textos informativos sobre estes ilustrados
para comprende-las súas ideas lingüísticas. Exposicións orais e escritas, resumos e debates
a partir destes textos.
383. Análise e comentario de exposicións científicas.
384. Creación de exposicións científicas sinxelas a partir dos textos analizados.
385. Análise de textos escritos e orais, propios e alleos, para descubri-las funcións do
substantivo e do grupo nominal.
386. Creación de textos orais e escritos en que aparezan as distintas funcións do substantivo
e do grupo nominal.
387. Análise de textos para descubri-los determinativos e comparalos para ve-los seus
distintos significados.
388. Creación de textos orais e escritos usando os diferentes demostrativos.
389. Descubrimento e corrección de interferencias no emprego dos demostrativos.
390. Análise do actual proceso de normalización do galego como un longo labor que
podemos considerar iniciado por ilustrados como Feijoo ou Sarmiento.
391. Análise das contraccións dos demostrativos.
392. Pronuncia das contraccións dos demostrativos para salientar que a lingua escrita tenta
reproducir fenómenos da lingua oral.
393. Comentario e análise de textos literarios da Ilustración.
40
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
394. Comentario e análise de textos narrativos e líricos da literatura popular.
395. Achega de textos literarios populares de tradición oral.
396. Establecemento de relacións entre a literatura oral e a literatura culta: a influencia do
conto, influencia da lírica popular no Rexurdimento.
397. Redacción dun artigo sinxelo de divulgación científica.
398. Estructuración definitiva dun traballo.
ACTITUDES
399. Interese por coñece-los comezos da reivindicación da lingua e cultura galegas.
Valoración do esforzo dos ilustrados, máxime trala gran depresión cultural dos Séculos
Escuros.
400. Consideración positiva das propostas innovadoras para aquela dos ilustrados en canto á
normalización do galego.
401. Valoración da figura de frei Martín Sarmiento como gran precursor dos estudios sobre o
galego e antecedente das actuais propostas normalizadoras.
402. Interese e gusto pola lectura da literatura popular de tradición oral e consideración da
súa influencia sobre a literatura culta, especialmente no Prerrexurdimento e Rexurdimento,
así como sobre os autores de contos contemporáneos.
403. Gusto e interese por participar en debates adecuando o rexistro lingüístico ó contexto e
á situación, así como pola elaboración de textos escritos.
404. Interese por coñece-la morfosintaxe do substantivo e dos determinativos para mellora-
las produccións propias. Respecto da norma ortográfica considerando que tentan en moitas
ocasións, como ocorre no caso das contraccións dos determinativos, reproduci-las
características da linguaxe oral e que, polo tanto, non se trata dunha imposición arbitraria.
405. Interese polo emprego dunha sintaxe e dun vocabulario cada vez máis ricos.
Satisfacción coa lectura e análise dos textos literarios e non literarios debidos ós ilustrados,
valorando a súa importancia para que o galego recuperase a expresión escrita e
considerando o seu valor de documento histórico e filolóxico.
406. Pracer coa lectura e comentario dos textos da literatura popular oral.
407. Gusto por coñece-las técnicas e recursos propios da exposición científica e por realizar
sinxelas exposicións científicas.
408. Interese por coñece-las características do artigo xornalístico de divulgación.
409. Gusto por estructurar correctamente as partes dun traballo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
410. Coñece as ideas e o labor dos ilustrados sobre a lingua galega, como a de frei Martín
Sarmiento.
411. Participa en debates e intervén oralmente de xeito apropiado e co rexistro adecuado ó
contexto.
412. Comprende os textos informativos que abren a unidade e é quen de resumilos por oral e
por escrito e dar un xuízo crítico sobre eles relacionándoos cos seus coñecementos previos.
413. Distingue as técnicas da exposición científica e é quen de realizar exposicións
científicas sinxelas.
414. Recoñece as funcións privativas e non privativas do substantivo e emprega estes
coñecementos na construcción dos propios textos.
41
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
415. Identifica os diferentes determinativos e úsaos de xeito adecuado nas súas produccións.
416. Descobre e corrixe interferencias no emprego dos determinativos en textos propios e
alleos.
417. Afianza o coñecemento da norma ortográfica que rexe as contraccións dos
determinativos e comprende que esta norma tenta reproduci-las características da linguaxe
oral.
418. Descobre e corrixe castelanismos latentes en textos alleos e propios.
419. Recoñece e comenta textos dos ilustrados.
420. Comenta e clasifica en xéneros textos da literatura popular de tradición oral.
421. Explica o proceso de centralización que se produce no século XVIII.
422. Valora a literatura popular pola influencia que exerce sobre a literatura culta e tamén
descobre cómo a literatura culta inflúe sobre a popular.
423. Recoñece e usa os procedementos e técnicas dos artigos xornalísticos de divulgación
científica e é capaz de redactar un artigo sinxelo deste tipo.
424. Estructura de xeito adecuado dun traballo.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Relaciona-las propostas normalizadoras de Sarmiento coa súa concreción nas actuais
leis de normalización do galego como a propia Lei de Normalización Lingüística ou as
disposicións legais que se refiren ó uso do galego no Ensino.
Analiza-lo comportamento e reacción do alumnado ante o galego no ensino e na
ciencia. Realización por parte do alumnado dunha enquisa sinxela sobre este tema.
Analiza-la figura de Sarmiento no contexto do século XVIII. A celebración do quinto
centenario do nacemento de Sarmiento en 1995 proporcionou materiais abundantes dos
que partir, especialmente os editados polo Consello da Cultura Galega.
Analizar textos científicos galegos. Pode partirse dos propios libros de texto do
alumnado. Analizar vocabularios terminolóxicos científicos galegos. Falar do proxecto
TERMIGAL do Centro Ramón Piñeiro, que pretende crear unha terminoloxía científica
para o galego.
Relaciona-las normas que rexen a escrita das contraccións coas contraccións da
linguaxe oral.
Indicar que, aínda que a Academia e o ILG, recomendan o uso da segunda forma do
artigo determinado, moitos lingüistas e pedagogos da lingua cuestionan esta forma e
está a desaparecer do uso. Sen embargo, o recente Diccionario da Real Academia
Galega (1997) manteno. Mesmo a maioría dos académicos non usan esta segunda
forma nos seus escritos individuais. Este é o estado da cuestión: convén comentalo,
aínda que se respecte a norma académica, sen esquecer que esta prefire a segunda
forma do artigo aínda que non a impón de xeito obrigatorio. Si impón a pronuncia da
segunda forma. Facer que o alumnado cree textos en que aparezan grupos nominais en
distintas funcións. Moi importante é incidir na distinción entre complemento de réxime e
complemento circunstancial. Facer substitucións para fixa-los conceptos de deter-
minativos e pronome.
Substituí-los determinativos por formas perifrásticas máis longas para comprende-lo
seu valor e viceversa.
Tratar de xustificar sempre as normas ortográficas e gramaticais en razóns filolóxicas.
Citar e comenta-las leis do século XVIII que afectan ó galego e que contribúen a
empeora-la súa situación diglósica. En contraposición analiza-lo labor dos ilustrados
como Sarmiento.
42
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Sinalar que os textos literarios escritos do século XVIII non teñen un gran valor estético,
pero si teñen o gran mérito de mante-la presencia, aínda que sexa testemuñal, do galego
na escrita.
Supera-lo mero nivel de análise de textos e facer que o alumno cree textos literarios e
non literarios, que cambie as súas estructuras de xeito que se dea conta das
posibilidades expresivas, das estructuras sintácticas que poden expresar un mesmo
contido e para que tome conciencia da súa capacidade lingüística.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Seguen a ser moi válidas as historias da lingua e bibliografía xeral citadas nas unidades
anteriores.
O centenario de Sarmiento celebrado en 1995 xerou bastantes materiais sobre isto.
Salientémo-los publicados polo Consello da Cultura Galega, especialmente a guía das
exposicións didácticas Frei Sarmiento e a Galicia do seu tempo (Texto de Filgueira
Valverde e fotografía de Xurxo Lobato).
Sobre as ideas lingüísticas dos ilustrados seguen a ser imprescindibles as edicións e
estudios de X. L. Pensado: Católogo de voces e frases da lingua galega, Colección de
voces e frases da lingua galega, Opúsculos lingüisticos do século XVIII (Galaxia). Tamén
pode usarse A filosofía ilustrada de Fr. Martín Sarmiento de Pilar Allegue (Xerais). Así
mesmo O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso (Consello de Cultura
Galega/ Universidade de Santiago de Compostela).
Exemplares do Estatuto de Galicia, Lei de Normalización Lingüística, etc., para
compara-la actual situación legal e de normalización do galego coa que solicitaba
Sarmiento. Moi útil pola información e bibliografía que ofrece sobre o galego no ensino é
O vocabulario galego-castelán no ensino en Galicia. Unha aproximación sociolingüística
de S. Esteban Radío (Galiza Editora). Remitimos a ela. Sobre a situación legal do galego
tamén O galego e as leis de Pilar García Negro (Edicións do Cumio).
Artigos divulgativos de temas científicos, mesmo recollidos polo propio alumnado, de
xornais e revistas como O Correo Galego, Tempos novos, A Nosa Terra, Natureza
galega, etc. Para a linguaxe científica coidamos imprescindible Lingua e Ciencia de Luís
Daviña Facal (Xerais). Diversas terminoloxías científicas como as publicadas pola
Dirección Xeral de Política Lingüística, Sociedade Galega de Historia Natural, etc. O
Centro Ramón Piñeiro ten unha sección dedicada a elaboración de terminoloxía
(TERMIGAL): lembrémo-lo enderezo electrónico deste centro http://www.cirp.es.
Sobre literatura popular interesan Poesía popular de Galicia de Domingo Blanco
(Xerais), Cántigas populares de Drothé Schubarth e A. Santamarina (Galaxia) no
referente á lírica e Antoloxía do conto popular galego de H. Harguindey e Maruxa Barrio
(Galaxia) e Contos populares da provincia de Lugo (Galaxia-Fundación Fingoi).
Comentarios moi bos sobre textos da literatura popular ofrecen Antón Risco, Domingo
Blanco, Victoria Ruiz de Ojeda e Luciano Fernández en Comentarios de textos populares
e de masas (Xerais).
Gravacións de cancións folclóricas de Mercedes Peón, A Roda, Toxos e Flores, etc.
Sobre interferencias e castelanismos, ademais da bibliografía citada, cómpre engadir
Vacilacións, interferencias e outros pecados da lingua galega de X. Graña Núñez (Ir
Indo).
Textos xornalísticos sobre cuestións referentes á normalización do galego que poden
recoller na prensa diaria os alumnos e alumnas e seguimento das campañas de
institucións como a Mesa pola Normalización Lingüística. Os enderezos electrónicos
destas institucións figuran nos recursos das unidades anteriores.
Gravacións sobre creacións propias e alleas para analiza-lo emprego de
determinativos. Gravacións de programas de radio e televisión onde aparezan cancións
populares para analizalas na clase.
43
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
9. O COMEZO DO CUARTO PODER
A RECUPERACIÓN DA ESCRITA
A unidade parte da recuperación da escrita en galego con propósitos de espallamento entre o
pobo para animar á loita contra os franceses e despois para defender ou ataca-los principios da
Constitución de Cádiz e do absolutismo. Faise unha introducción á linguaxe xornalística e ós
xéneros máis importantes do xornalismo. Estúdiase o adxectivo. Repásanse as regras de
emprego da coma poñéndoa en relación coas pausas que se producen na linguaxe oral.
Lémbranse as normas de emprego de que/ca, como/coma nas comparacións. Danse unhas
sinxelas normas de estilo a propósito de palabras longas, retrousos e clixés. Estúdianse os
primeiros textos en prosa do XIV, a poesía de comezos de século e a obra galega de
Nicomedes Pastor Díaz. Tamén se analiza A casamenteira de A. Benito Fandiño. Remátase
cuns causellos para redactar-los traballos con claridade e concisión.
Obxectivos didácticos
Indicar que os textos propagandísticos do XIX valen, á parte da súa calidade literaria, por
facer que o galego sexa lingua de propaganda política, trala prostración dos Séculos
Escuros.
Salientar que algún destes textos ten un claro propósito reivindicativo de Galicia e dos
galegos, tralos tópicos negativos emitidos nos Séculos Escuros, especialmente as Proezas
de Galicia (ver apartado de Suxestións didácticas).
Sobrepasa-la simple consideración erudita de Nicomedes Pastor Díaz como o primeiro
poeta culto da idade moderna e destacar que emprega o galego nun xénero
eminentemente culto como é a égloga.
Facer que o alumnado distinga entre xornalismo de información e de opinión e que
identifique os distintos xéneros periodísticos en relación co propósito comunicativo que
manifestan sobre o receptor: información pura, opinión, posible manipulación do receptor,
etc.
Conseguir que o alumnado identifique con seguridade as distintas funcións do adxectivo e
do grupo adxectivo, especialmente que distinga unha función que adoita suscitar bastantes
dificultades: a de predicativo.
Acadar que o alumnado analice correctamente a estructura do grupo adxectivo, que ás
veces presenta dificultades: resaltar que o núcleo adxectivo pode levar cuantificadores
adverbios e complementos representados habitualmente por un grupo preposicional.
Salienta-los valores expresivos e literarios da adxectivación. Incidir na posible manipulación
do receptor por medio da adxectivación valorativa e subxectiva.
Eliminar dúbidas, erros e interferencias referidos ó adxectivo: apócope, comparativos e
superlativos especiais, construcción comparativa, etc.
Facer que o alumnado descubra palabras longas, clixés e retrousos na lingua dos medios
de comunicación e ata na prensa escrita.
Relacionar A casamenteira con obras similares do contorno cultural, especialmente coas
da literatura castelá. Salienta-los seus elementos prerrománticos.
Analiza-la linguaxe e especialmente o léxico dos textos propagandísticos para poñer en
dúbida a súa suposta popularidade inxenua.
Concienciar sobre a importancia da claridade e da concisión nos traballos.
44
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
425. Os comezos da prosa galega no XIX: a literatura de propaganda política.
426. Importancia da literatura de propaganda política para a recuperación do galego.
427. Características da linguaxe xornalística.
428. Xéneros da linguaxe xornalística: información, opinión e mixtos.
429. O adxectivo e o grupo adxectivo: funcións, forma, graos, valores estilísticos.
430. O emprego da coma.
431. As normas da construcción comparativa.
432. Palabras longas, retrousos e clixés.
433. A poesía galega nos comezos do XIX: vilancicos, poesía de circunstancias, a figura de
Nicomedes Pastor Díaz.
434. Os comezos do teatro galego: A Casamenteira de A. Benito Fandiño.
435. As características da noticia.
436. Claridade e concisión nos traballos.
PROCEDEMENTOS
437. Lectura en voz alta e en silencio de textos informativos sobre os temas tratados na
unidade.
438. Participación en debates a partir destes textos respectando as normas deste
intercambio.
439. Análise de textos propagandísticos de comezos do século XIX para salienta-la súa
importancia na recuperación do galego.
440. Análise dos valores e funcións do adxectivo en textos propios e alleos.
441. Análise de grupos adxectivos para establece-la súa constitución.
442. Distinción entre os valores especificativo e explicativo do adxectivo, así como da
adxectivación valorativa, da literaria e dos epítetos.
443. Creación de textos orais e escritos onde se utilice o adxectivo.
444. Análise e emprego de formas apocopadas dos adxectivos.
445. Exame de estructuras comparativas.
446. Substitución dos comparativos e superlativos propios da linguaxe coloquial polos
especiais propios da linguaxe formal.
447. Descubrimento e corrección de erros na apócope, nas estructuras comparativas e no
emprego de comparativos e superlativos.
448. Análise do emprego da coma en textos propios e alleos e utilización deste signo
ortográfico.
45
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
449. Exame e análise, especialmente de textos xornalísticos e dos medios de comunicación
de masas, para descubrir palabras longas, retrousos e clixés. Substitución por outras formas
máis apropiadas.
450. Comentario e análise de textos poéticos de comezos do século XIX.
451. Análise de A casamenteira de A. Benito Fandiño.
452. Prácticas de mellora de textos na procura de claridade e concisión.
ACTITUDES
453. Valoración dos textos propagandísticos de comezos do XIX xa que baixo unha aparente
popularidade propagan un léxico culto, especialmente o procedente da linguaxe política.
454. Consideración da importancia dos sistemas democráticos para o desenvolvemento das
linguas, especialmente das minoritarias.
455. Actitude positiva cara ás capacidades de tódalas linguas: tódalas linguas teñen recursos
para expresar tódalas ideas.
456. Interese por coñece-los intentos dos primeiros escritores en galego por crear unha
ortografía.
457. Actitude crítica ante os textos xornalísticos de xeito que se distingue entre periodismo de
información, de opinión e xéneros míxtos.
458. Gusto por coñece-los valores e estilística do adxectivo e por relacionalo cos distintos
rexistros. Interese por empregalos nas propias creacións e de acordo co xénero e rexistro
que se use.
459. Actitude crítica ante adxectivacións valorativas ou subxectivas que tentan manipula-lo
receptor.
460. Actitude crítica ante adxectivacións valorativas que supoñen prexuízos racistas e
sexistas.
461. Actitude positiva ante os sistemas democráticos.
462. Aprecio polos textos en prosa de comezos do XIX non só polo que supoñen na
normalización do galego, senón para desbotar prexuízos sobre Galicia e os galegos
habituais nos Séculos Escuros.
463. Valoración da obra de Nicomedes Pastor Díaz en tanto en canto fai que o galego
apareza nun xénero tan culto como a égloga.
464. Pracer e gusto co coñecemento dos valores expresivos do adxectivo e co seu emprego
en textos propios.
465. Interese por coñece-la norma lingüística, por xustificala e por empregala en
comparacións, formación de comparativos e superlativos, apócopes e utilización da coma.
466. Pracer ó comentar textos literarios xa que son fonte de gozo estético e de coñecemento
do pasado ou da intimidade.
467. Superación do sentimento de inferioridade ante a propia capacidade expresiva
redactando unha noticia sinxela.
468. Valoración da redacción clara e concisa dos traballos.
46
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
469. Coñece e valora a importancia dos textos propagandísticos de comezos do XIX na
recuperación da escrita e do uso público do galego.
470. Le analiticamente textos informativos sobre a etapa estudiada, é quen de resumilos por
oral he escrito e de emitir un xuízo crítico.
471. Participa en debates utilizando o rexistro adecuado e respectando as normas deste
intercambio.
472. Coñece e identifica as funcións do adxectivo e do grupo nominal.
473. Descobre e emprega os valores expresivos da adxectivación.
474. Relaciona os comparativos e superlativos coloquiais e cultos cos distintos rexistros da
lingua e emprégaos de acordo cos cambios de rexistro adecuados ó contexto e situación.
475. Descobre e corrixe erros e interferencias no emprego de comparativos e superlativos e
na construcción comparativa, tanto nas produccións propias como nas alleas, tanto escritas
como orais.
476. Comprende e relaciona coas pausas da linguaxe oral as normas de emprego da coma.
477. Recoñece, especialmente en textos dos medios de comunicación de masas, palabras
longas, retrousos e clixés.
478. Distingue entre xéneros xornalísticos de información e de opinión.
479. Identifica os trazos dos distintos xéneros do xornalismo.
480. Amosa capacidade crítica e analítica ante os textos xornalísticos e dos medios de
comunicación.
481. Coñece, analiza e comenta os principais textos en prosa de comezos do século XIX, así
como a poesía desta mesma etapa.
482. Valora A casamenteira en tanto en canto é obra inicial do teatro galego.
483. É quen de redactar unha noticia sinxela.
484. Redacta con claridade e concisión.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Relaciona-los textos de propaganda política do XIX coas actuais técnicas de
propaganda política e ata coa actividade dos partidos actuais ó presentar programas,
enviar propaganda ós electores, etc.
Meditar sobre o emprego do diálogo ou parladoiro nestes textos. Relacionalo co visto
na unidade 1 e 2 sobre estes textos. Comparar estes diálogos políticos cos actuais
parladoiros de tema político, especialmente os tan habituais na radio.
Estes diálogos presentan unha suposta inxenuidade: ¿son tan inxenuos, populares e
espontáneos como parecen?
Relaciona-lo emprego do galego nestes diálogos co expresado nas unidades anteriores
sobre a situación do galego en relación co castelán: a maioría do pobo, labrego e
mariñeiro, non empregaría o castelán pois non o necesitaba para a súa actividade; a
minoría castelanfalante e asimiladora eran os funcionarios, comerciantes, etc., que si
necesitaban o castelán para a súa actividade, non así a maioría do pobo. No remate do
XIX e nos comezos do XX esta situación cambiará: emigración, espallamento do Estado
liberal e das súas institucións, etc.
47
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Relacionar As proezas de Galicia cunha defensa de Galicia e dos galegos fronte os
tópicos sobre Galicia e os galegos dos Séculos Escuros: esta obra publícase cando xa o
exército francés abandonara Galicia.
Como sempre, a análise do adxectivo non ha de quedar na competencia pasiva. O
alumnado debe aproveita-los conceptos teóricos sobre o adxectivo para mellora-las súas
produccións orais e escritas.
Incidir na posible manipulación do receptor por medio de adxectivacións subxectivas e
valorativas.
Presenta-la obra de Nicomedes Pastor Díaz non só como algo erudito ou estrictamente
literario, senón como a importancia que ten que se use o galego nun xénero culto como
a égloga ou a poesía pastoril e mesmo cunha métrica tamén culta (estancia,
heptasílabos e hendecasílabos, etc.) Compara-la visión que de Galicia e dos galegos
–requintados pastores– ofrece Pastor Díaz coa que se ofrecía nos Séculos Escuros.
Propoñer unha recepción crítica das mensaxes da prensa e dos medios de
comunicación escrita a partir da identificación dos obxectivos e técnicas empregados
polos distintos xéneros periodísticos, distinguindo moi ben entre información obxectiva,
falsa información, opinión, etc.
O estudio do comparativo e superlativo pode ser moi útil para fixa-los conceptos de
rexistros lingüísticos entre o alumnado: hai superlativos e comparativos propios do
rexistro coloquial e espontáneo e outros propios do rexistro culto. Relacionar estes
rexistros e superlativos e comparativos cos contextos e situacións adecuados.
Relacionar pausas da lingua oral co emprego da coma.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Ilustracións do libro de texto: poden compararse estas ilustracións de paisaxes,
pastores, etc. coas descricións que ofrecen os textos literarios.
Á parte da bibliografía e recursos xa citados na introducción e nas unidades anteriores,
podemos engadir agora Literatura galega. Séculos Escuros e Rexurdimento de Dobarro
Paz e outros (Vía Lactea) pois ofrece un apéndice de cadros sinópticos así como unha
moi útil antoloxía de textos e ata suxestións de comentarios destes textos. Sinalemos
que emprega a chamada normativa de mínimos. Moi aproveitable para obter textos é
tamén Prosa Galega I da Cátedra de Lingua e Literatura Galega da Facultade de
Filoloxía da USC (Galaxia). Para a prensa desta etapa e das seguintes é básico Prensa
literaria en Galicia (1809-1920) de César Antonio Molina (Xerais). Segue a ser moi útil
para esta etapa e para todo o Prerrexurdimento e Rexurdimento Poesía e restauración
cultural de Galicia en el siglo XIX de J. L. Varela (Gredos).
Xornais e revistas, mesmo achegados polo propio alumnado, para examinar distintos
tipos de artigos xornalísticos, así como retrousos, clixés e palabras longas que adoitan
aparecer nestes textos.
Gravacións de telexornais, noticiarios radiofónicos e parladoiros de radio e televisión
para analizalos.
Crónicas deportivas que adoitan usar unha adxectivación subxectiva e valorativa.
Textos neoclásicos casteláns, portugueses, franceses, etc., especialmente do xénero
pastoril, para comparalos cos de Nicomedes Pastor Díaz.
Sobre xornalismo son moi útiles as publicacións da editorial LEA, xa que está
especializada en temas relacionados coa prensa e cos medios de comunicación de
masas.
Para distintos temas tratados nesta unidade é moi útil O galego de uso (Cadernos de
SM), especialmente os seus temas 2, 3, 4, 5, 20 e 21.
Programas de partidos políticos e propaganda política de todo tipo para comparalos cos
textos de propaganda política dos comezos do XIX. Gravacións de propaganda política
realizada por radio e televisión.
48
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Folletos de propaganda, anuncios publicitarios, etc., en que predomina unha
adxectivación valorativa e subxectiva. Mesmo poden empregarse anuncios gravados de
radio e televisión.
Folletos de instruccións, prospectos de todo tipo, exposicións científicas e textos
similares para salienta-la súa adxectivación obxectiva e especificativa, comparándoas
coa dos textos anteriores.
49
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
10. UNHA LINGUA SEN GRAMÁTICA NIN DICCIONARIOS
OS PRECURSORES
A unidade estudia o labor dos autores do Prerrexurdimento e a situación en que se atopaba o
galego, como ben indica o título, unha lingua sen diccionarios nin gramáticas. Faise especial
fincapé no movemento provincialista e na sublevación de Carral de 1846. Estúdiase o ensaio
como mestura de exposición e argumentación, así como texto divulgativo por excelencia. No
apartado de gramática analízase o pronome, con especial atención ós problemas de
interferencias e dialectalismos. Na ortografía repásanse as contraccións do pronome persoal.
No apartado de vocabulario pásase revista a palabras baúl e redundancias. Danse, no remate,
ambas normas básicas para a presentación dos traballos.
Obxectivos didácticos
Facer comprende-lo esforzo dos autores do Prerrexurdimento que escriben nunha lingua
sen diccionarios nin gramáticas e sen normalizar. Salienta-los esforzos a prol da
normativización e da normalización de autores como Pintos.
Salienta-la importancia da celebración dos Xogos Florais de 1861, pois o galego entra nun
ámbito (teatros, burguesía) antes só reservado ó castelán.
Destacar figuras que se converteron en mitos como poden se-los casos de Faraldo ou
Añón.
Resalta-lo esforzo que supuxo e supón o proceso normativizador e normalizador do galego
e ensinar a valoralo a partir da análise dos textos sen normativizar desta etapa.
Distinguir claramente as características e funcións do pronome: pertencente a unha clase
cerrada, substituto do grupo nominal, significado ocasional, etc.
Comentar as interferencias no emprego dos pronomes e os dialectalismos.
Incidir nas contraccións dos pronomes persoais, especialmente algunhas que lle resultan ó
alumnado máis difíciles de entender como llelo, llela, llelos, llelas.
Analiza-lo emprego das redundancias e das palabras baúl nas propias creacións do
alumnado e do seu contorno.
Indicar cómo a poesía do Prerrexurdimento parte da literatura popular, pero emprega así
mesmo xéneros cultos que contribúen a supera-lo concepto de diglosia.
Evidentemente a literatura do Prerrexurdimento presenta castelanismos, vulgarismos e
incorreccións abundantes; pero tamén presenta construccións e locucións enxebres e
termos léxicos que hoxe están en retroceso ou perdidos polo avance do castelanismo nos
últimos tempos: subliñar estes termos e construccións enxebres.
Salienta-la importancia da presentación nos traballos.
50
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
485. A lingua no período 1840-1863.
486. Movementos sociais, culturais e políticos na etapa 1840-1863.
487. Os Xogos Florais de 1861 e o Álbum de la Caridad.
488. O ensaio: exposición e argumentación para divulgar e convencer.
489. O pronome: concepto, caracterización e funcións. Clases de pronomes.
490. Interferencias e dialectalismos no uso dos pronomes.
491. As contraccións dos pronomes persoais.
492. A colocación do pronome persoal átono.
493. Palabras baúl e redundancias.
494. Análise da obra de Añón, Camino e Pintos.
495. A narración: elementos e características.
496. Técnica de presentación de traballos.
PROCEDEMENTOS
497. Lectura e análise de textos informativos sobre o período tratado.
498. Lectura, análise e comentario de textos ensaísticos.
499. Elaboración por parte do alumnado de ensaios curtos e sinxelos, especialmente a partir
dos textos analizados na unidade.
500. Análise dos pronomes de textos propios e alleos.
501. Descubrimento e corrección de interferencias e dialectalismos no emprego dos
pronomes en textos propios e alleos, orais e escritos.
502. Creación de textos orais e escritos en que se empreguen distintas clases de pronomes e
en distintas funcións.
503. Análise das contraccións dos pronomes reflectidas na escrita en textos propios e alleos.
Emprego en creacións propias escritas das contraccións pronominais.
504. Descubrimento en textos propios e alleos, especialmente en textos dos medios de
comunicación de masas, de palabras baúl e redundancias.
505. Exercicios tendentes a eliminar redundancias e palabras baúl para acadar unha
expresión máis rica e precisa.
506. Análise e comentario de textos do Prerrexurdimento: Añón, Camino, Pintos...
507. Elaboración dunha narración sinxela para comprender mellor os elementos da
narración.
508. Análise da presentación de libros e traballos.
51
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
ACTITUDES
509. Gusto por participar en debates ou realizar exposicións orais usando o rexistro
adecuado ó contexto e situación e respectando as achegas alleas.
510. Valoración do movemento provincialista e da súa incidencia na recuperación da lingua.
511. Interese e gusto por coñece-la historia da lingua galega e por ver cómo o camiño cara á
normalización actual foi longo e difícil.
512. Aprecio pola obra dos escritores do Prerrexurdimento, máxime cando escribían nunha
lingua sen normativizar nin normalizar.
513. Valoración dos actuais instrumentos normativos e da normalización ó comparalos coa
situación da lingua no Prerrexurdimento.
514. Gusto por coñece-los mecanismos da lingua como a substitución do grupo nominal
polos pronomes e por usalos nas propias produccións.
515. Interese por descubrir usos e interferencias os pronomes en textos propios e alleos e
por empregar estes coñecementos para evitar estas interferencias.
516. Aprecio da variedade dialectal ó estudia-las formas dialectais dos pronomes, pero ó
mesmo tempo interese por coñece-la norma e os motivos polos que a Normativa elixiu unhas
formas pronominais e non outras para a lingua estándar.
517. Interese por coñece-la norma que rexe a escrita das contraccións dos pronomes e por
basear esta norma nas contraccións que se producen na linguaxe oral.
518. Aprecio do actual proceso de normativización da lingua galega a partir da análise dos
textos sen normativizar do Prerrexurdimento.
519. Interese por eliminar ou substituír redundancias e palabras baúl para mellora-la
precisión e concisión.
520. Gusto e pracer coa lectura e comentario de textos literarios.
521. Interese por presentar ben os traballos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
522. Comprende e resume textos informativos sobre o tratado na unidade e produce textos
orais e escritos con coherencia e cohesión sobre os temas da unidade.
523. Expresa por oral e escrito de xeito coherente os conceptos tratados na unidade.
524. Participa en debates e exposicións orais de forma adecuada e empregando o rexistro
conveniente coa situación e co contexto.
525. Coñece os principais feitos, ideas e personaxes do chamado movemento provincialista.
526. Comprende a importancia que tivo o provincialismo sobre a recuperación da lingua e
cultura galegas.
527. Analiza de forma axeitada os recursos do ensaio e é quen de redactar un texto
ensaístico sinxelo.
528. Distingue as distintas clases de pronomes e as súas funcións.
529. Comprende os trazos característicos da categoría pronome: significado ocasional, clase
cerrada de palabras, incompatibilidade con determinativos, etc.
530. Identifica interferencias e dialectalismos no emprego dos pronomes e corríxeos.
531. Domina e emprega a norma ortográfica no referente ás contraccións dos pronomes.
52
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
532. Coñece e emprega adecuadamente as normas que rexen a colocación do pronome
persoal átono.
533. Comenta de forma adecuada textos dos principais autores e obras e coñece os autores
e obras máis significativos deste período.
534. Identifica e substitúe ou elimina palabras baúl e redundancias.
535. Recoñece os elementos fundamentais dunha narración.
536. É quen de elaborar unha narración sinxela.
537. Presenta correctamente os traballos.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Levar á clase A gaita galega de X. M. Pintos en edición facsímile (ou fotocopias de
páxinas significativas desta edición; ver Recursos didácticos) e analizar algunhas das
propostas de Pintos sobre normativización do galego, normalización, relación de
palabras galegas con latinas, etc.
Buscar en diccionarios e enciclopedias (por exemplo na Gran Enciclopedia Gallega, no
Diccionario da Literatura Galega de Galaxia e en obras similares) nomes de autores e
xornais e revistas desta época e facer unha ficha de cada un deles. Ordenalos
alfabeticamente. Pode ser un traballo feito en equipo. Ata pode elaborarse un sinxelo
mural con eles.
Lectura e comentario na clase de textos literarios sobre a sublevación de 1846 como
poden ser fragmentos de Os camiños da vida de Otero Pedrayo ou do máis recente
Morning Star de X. Miranda.
Traballo interdisciplinar con historia sobre o movemento de 1846.
Elaboración por parte do alumnado dunha lista de interferencias no emprego dos
pronomes e posterior tratamento do tema nunha ficha de morfosintaxe.
Elaboración de mapas dialectais sinxelos sobre as formas dos pronomes.
Exame de prensa escrita ou mesmo de gravacións de radio e televisión para facer unha
lista de redundancias e palabras baúl.
Elaboración por parte do alumnado dunha lista das redundancias e das palabras baúl
que usan máis habitualmente e propostas de substitución ou eliminación.
Lectura de textos de Los Precursores de Manuel Murguía.
Exame na clase da edición facsímile de El Álbum de la Caridad ou de fotocopias de
páxinas representativas.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Seguen a ser válidos a bibliografía e recursos citados na unidade anterior,
especialmente as obras de Varela, Molina, etc. Á parte podemos engadi-las edicións
facsímiles, doadas de atopar e que mesmo existen na biblioteca da maioría dos centros,
de El Álbum de la Caridad (Giner, 1976), A gaita gallega (Real Academia Galega), Os
Precursores (La Voz de Galicia).
Textos literarios en que se trata a revolución de 1876: Os camiños da vida, Morning
Star, etc.
Textos clásicos de historia sobre a sublevación de 1846 e mesmo o xurdimento do
nacionalismo: Maiz, Beramendi, Barreiro, etc. Adoita habelos nos propios departamentos
de literatura ou nos de historia ou mesmo na biblioteca xeral de tódolos centros.
Ensaios variados e especialmente artigos ensaísticos de xornal ou revista. O propio
alumnado pode facer un labor de achega, en grupo ou individualmente, destes textos.
Textos escritos, especialmente dos medios de comunicación, onde se advirtan
interferencias no emprego dos pronomes ou ben dialectalismos.
Mapas sobre fenómenos dialectais como os que presenta a Dialectoloxía da lingua
galega de Fernández Rei (Xerais).
53
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Gravacións que presenten fenómenos dialectais sobre o uso dos pronomes; mesmo
poden ser gravacións realizadas da televisión ou da radio polo propio alumnado. Moi
útiles son as gravacións en fita que acompañan a A nosa fala. Bloques e áreas
lingüísticas do galego de Fernández Rei e Hermida Gulías (Patronato da Cultura
Galega).
Para os temas de palabras baúl e redundancias é moi aproveitable O galego de uso,
temas 3 e 5 (Cadernos de SM).
Emprego dos propios textos do Prerrexurdimento, sen normativizar, para analizar
incorreccións e dialectalismos no emprego dos pronomes.
Exemplares das NOMIG e das gramáticas, manuais de uso do galego e diccionarios de
dúbidas citados nas unidades anteriores e na introducción xeral para ser manexados,
lidos e comentados na clase.
54
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
11. A AFOUTEZA DE ROSALÍA
VARIEDADES DIALECTAIS E LINGUA ESTÁNDAR
Nesta unidade analízase a obra literaria de Rosalía. Rosalía parte dun galego dialectal e
aprovéitase esta circunstancia para analiza-las variedades do galego. Tamén se salienta o
proceso de creación dunha lingua estándar, que se contrapón ás variedades diastráticas e
diatópicas. Estúdiase a linguaxe das ciencias humanísticas. No apartado de gramática préstase
atención ó verbo: á súa morfoloxía, os valores e usos dos distintos tempos. Unha atención
especial dedícase ó infinitivo persoal. No apartado de vocabulario reflexiónase sobre as
perífrases e os circunloquios. No remate, danse instruccións sobre cómo confecciona-la
bibliografía e realizar citas e referencias bibliográficas no traballo.
Obxectivos didácticos
Valora-la figura de Rosalía non só como un clásico e como a escritora coa que comeza o
Rexurdimento, senón tamén como escritora, muller, nun mundo dominado daquela polos
homes.
O estudio do dialectalismo nunca debe supoñe-la súa consideración negativa. Pero,
susliñese que a lingua estándar supera o dialectalismo e é necesaria la normalización.
Valorar adecuadamente o que supuxo a publicación de Cantares Gallegos, primeiro libro
publicado integramente en galego. Sinalar que A gaita gallega contén textos en galego,
castelán, latín...
O estudio do verbo non se debe quedar na simple teoría sobre análise ou identificación dos
valores propios e estilísticos das formas verbais. Hai que procurar que o alumno incorpore
estes conceptos á súa práctica como creador de mensaxes orais e escritas. O mesmo
faremos a propósito das perífrases.
Estimular, a propósito dos circunloquios, a capacidade crítica do alumnado ante a linguaxe
da radio e da televisión: a miúdo aparecen personaxes nestes medios, que actúan como
modelos lingüísticos, que empregan unha lingua abundante en circunloquios.
Incardinar a Rosalía no seu tempo e en relación coas literaturas do contorno.
Facer entende-las diversas interpretacións que ó longo do tempo foron enriquecendo a
obra de Rosalía: poeta costumista e reivindicadora de Galicia, poeta social, poeta da
saudade, poeta feminista, etc.
Concienciar sobre a importancia de elaborar citas, referencias e bibliografía correctamente.
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
538. Bloques e áreas lingüísticas do galego.
539. Concepto de lingua estándar.
540. Trazos da linguaxe das ciencias humanísticas.
541. O verbo: definición. Morfemas verbais. Formas persoais e non persoais.
542. Valores e usos dos tempos verbais.
543. Os empregos do infinitivo persoal e do non persoal.
55
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
544. Erros e interferencias na conxugación.
545. A ortografía das formas verbais: dúbidas e erros máis habituais.
546. Perífrases e circunloquios.
547. Rosalía de Castro no seu tempo.
548. Análise de Cantares Gallegos.
549. Análise de Follas Novas.
550. As técnicas de redacción dun traballo.
551. A bibliografía: normas.
552. Cita e referencia bibliográficas.
PROCEDEMENTOS
553. Análise e comentario de textos, gravacións e mapas dialectais.
554. Lectura de textos, como os que abren a unidade, que fan meditar sobre o carácter
extraordinario de Rosalía.
555. Lectura e análise de textos das ciencias humanísticas.
556. Análise do verbo nos seus elementos constituíntes: lexema verbal, vocal de unión,
morfemas.
557. Lectura de textos para establece-los diferentes valores das súas formas verbais.
558. Análise de textos con infinitivos persoais e non persoais e creación de textos con
infinitivos persoais e non persoais. Especial atención ó emprego do infinitivo persoal.
559. Descubrimento e corrección de interferencias no emprego da conxugación regular e da
irregular.
560. Descubrimento e corrección de erros ortográficos nas formas verbais.
561. Análise de textos con perífrases. Establecemento dos valores destas perífrases,
especialmente das perífrases verbais. Emprego das perífrases verbais en textos propios.
562. Descubrimento de circunloquios en textos propios e alleos e substitución por formas
máis adecuadas.
563. Comentario de textos informativos sobre a época de Rosalía, o galego do seu tempo ou
a súa situación como muller escritora.
564. Comentario de textos significativos de Cantares Gallegos e Follas Novas.
565. Redacción dun traballo por parte do alumnado manexando bibliografía e ata soportes
como CD, vídeos ou información a partir de Internet.
566. Análise e elaboración de bibliografías, citas e referencias.
56
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
ACTITUDES
567. Interese e respecto polas variedades dialectais, pero comprendendo que a lingua
estándar é a lingua do rexistro formal.
568. Gusto por coñecer e usa-la lingua estándar.
569. Interese por coñece-lo proceso de estandarización do galego e os criterios normativos.
570. Rexeitamento de prexuízos sexistas a través da análise da figura de Rosalía.
571. Interese por coñece-los usos e funcións dos distintos tempos verbais para usalos nas
propias produccións e acadar unha lingua máis rica.
572. Gusto por dota-las propias creacións dunha maior enxebreza morfosintáctica usando o
infinitivo conxugado.
573. Interese por usa-las formas verbais correctas e por evitar erros e interferencias na
conxugación.
574. Valoración da linguaxe das ciencias humanísticas, interese por comprende-los seus
trazos e por aproveitalos para volver máis claras e precisas as propias produccións,
especialmente na exposición, oral e escrita, de traballos e exercicios de clase e nos exames.
575. Gusto por coñece-las perífrases, especialmente as verbais, e por aproveita-los seus
valores expresivos.
576. Identificación de circunloquios que nada engaden e que só estragan a concisión.
Desexo de eliminalos ou substituílos para acadar unha lingua máis concisa.
577. Interese por coñecer un dos grandes clásicos da literatura: Rosalía de Castro.
Valoración do seu labor na recuperación da lingua e cultura galegas. Consideración da súa
categoría dentro xa non só da literatura galega, senón da literatura peninsular e da universal.
578. Gusto por expresarse con exactitude nun traballo e por manexa-las técnicas de
obtención e manipulación de información, mesmo as máis modernas como Internet.
579. Gusto pola exactitude na bibliografía, citas e referencias.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
580. Coñece os principais fenómenos dialectais do galego e sitúaos correctamente no
espacio.
581. Establece os principais bloques e áreas do galego.
582. Comprende o concepto de lingua estándar e os criterios para fixala.
583. Valora a figura de Rosalía, tanto na historia da literatura como na historia do feminismo.
584. Coñece os trazos fundamentais da época de Rosalía.
585. Segmenta as formas verbais en lexema, vocal de unión e morfemas.
586. Descobre os valores dos diferentes tempos verbais e os seus usos estilísticos.
Emprégaos de forma adecuada nas propias produccións.
587. Descobre e corrixe erros na conxugación verbal, tanto na regular como na irregular.
588. Coñece as normas de uso do infinitivo persoal e úsao de xeito adecuado, sen incorrer
en hiperenxebrismos, nas propias produccións.
589. Identifica as perífrases verbais, recoñece os seus valores e úsaas adecuadamente nas
produccións propias.
57
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
590. Recoñece os trazos característicos da linguaxe das ciencias humanísticas.
591. Identifica circunloquios e substitúeos.
592. Coñece os temas e recursos literarios de Follas Novas e Cantares Gallegos.
593. Comenta convenientemente poemas significativos de Cantares Gallegos e Follas
Novas.
594. Redacta con claridade e precisión un traballo.
595. Usa as normas para elaborar bibliografía, citas e referencias.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Levar á clase mapas dialectais do galego extraídos de obras como Dialectoloxía da
lingua galega de Férnández Rei ou do Atlas Lingüístico Galego e examinalos (ver
Recursos didácticos).
Analizar e estudiar gravacións en que aparezan fenómenos dialectais como as citadas
no apartado de Recursos didácticos. Poden analizarse trazos dialectais da lingua do
propio alumnado e tamén de gravacións feitas polo alumnado de programas de radio ou
televisión. Comenta-los fenómenos dialectais que reproduce a lingua de series da TVG
de éxito como Mareas Vivas.
Levar á clase diccionarios como o da RAG, de erros e dúbidas, escolares, gramáticas e
ata correctores ortográficos para programas de ordenador (coma os do ILG ou o recente
de Edicións de Cumio) para comparar coa situación en que escribía Rosalía.
Falar das institucións que se ocupan hoxe da normativización e normalización da lingua
e comparar coa época de Rosalía. Ofrecer mesmo os enderezos electrónicos destas
institucións que xa citamos en unidades anteriores.
Lectura e análise de textos similares ós que se ofrecen no libro do alumno para
comprender mellor a época en que se desenvolveu o labor de Rosalía. Pode facerse un
traballo interdisciplinar con historia, filosofía, etc.
Lectura de textos inspirados por Rosalía ou sobre Rosalía pertencentes a autores
galegos e non galegos (ver apartado de Recursos didácticos).
Realizar teatro lido na clase a partir da obra de Vidal Bolaño Agasallo de sombras, que
recrea de xeito moi persoal a vida e obra de Rosalía, así como as súas relacións con
Aguirre, Murguía, etc. Debate na clase a partir do lido.
Falar de institucións que se ocupan do legado de Rosalía como o Patronato Rosalía de
Castro, A Casa Museo de Rosalía, etc. Hai o proxecto de crear un centro que recolla
todo o publicado sobre Rosalía, que dirixirá o profesor Alonso Montero.
Audición de poemas de Rosalía gravados por Amancio Prada, corais e orfeóns, etc.
Estimula-lo uso do infinitivo persoal, que está a desaparecer da lingua dos máis novos
e nos medios urbanos. Cómpre evita-los hiperenxebrismos no uso deste infinitivo pois
non debe aparecer, por exemplo, nas perífrases verbais como adoita ocorrer no uso de
falantes pouco coidadosos pero que queren pasar por moi puristas.
Facer unha especie de gramática comparada da conxugación castelá e galega para
evita-las abundantes interferencias que se dan neste apartado. Pode ser un labor que
faga o propio alumnado, individualmente ou en grupo. Cada alumno ou grupo de
alumnos pode ocuparse duns determinados verbos e ofrece-los resultados nunha posta
en común.
Propoñer ó alumnado para a realización dun traballo non só as fontes tradicionais de
libros e bibliotecas, senón os novos soportes en vídeo, CD e mesmo a consulta de
enderezos de Internet.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Para os temas de dialectoloxía son fundamentais Dialectoloxía da lingua galega de F.
Fernández Rei (Xerais): os seus mapas dialectais seguen a ser fundamentais. Utilísima é
a colección de textos dialectais así como as gravacións en fita magnetofónica que ofrece
58
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego de F. Fernández Rei e C. Hermida
Gulías (Consello da Cultura Galega). Existe tamén un Arquivo do galego oral e un
Arquivo Dialectal da Lingua Galega no Instituto da Lingua Galega. O Consello da Cultura
Galega dispón do Arquivo Sonoro de Galicia. Tamén poden consultarse os tomos
publicados do Atlas Lingüístico do Galego (Fundación Barrié de la Maza).
Gravacións musicadas de poemas de Rosalía por Amancio Prada, corais e orfeóns, etc.
Gravacións de vídeo e fita magnetofónica realizadas polo propio alumnado de
produccións propias e alleas a partir da radio e da televisión para comentar trazos
dialectais, mesmo de series de éxito que reproducen estes trazos dialectais como a
citada Mareas vivas.
Para o estudio do verbo ofrecen materiais, á parte das obras gramaticais xa citadas, Os
verbos galegos de Manuel Díaz Regueiro (Xunta de Galicia) e Diccionario dos verbos
galegos de R. Nicolás (Cumio). Esta última ofrece tamén un CD de verbos. Para as
perífrases verbais segue a ser fundamental Perífrasis verbales en el gallego de G. Rojo
(Anexo 2 de Verba). Aínda hoxe é básico tamén El verbo gallego de A. Santamarina
(Anexo 4 de Verba). Moi aproveitable neste nivel, tanto para o verbo como para moitos
outros aspectos de morfosintaxe e lingua, é Novas prácticas de lingua de A. Colmenero
(Cumio).
Textos das ciencias humanísticas: poden analizarse os que utilizan os alumnos en
historia, filosofía, etc.
A bibliografía sobre Rosalía é ben copiosa. A de acceso máis doado e útil nestes niveis
poden ser: Rosalía de Castro de X. Alonso Montero (Júcar); Estudios rosalianos de
Carballo Calero (Galaxia); A lingua de Rosalía de Castro de Carballo Calero
(Universidade de Santiago); Rosalía de Castro e o seu tempo de C. Davieis; Rosalía de
Castro. Documentación biográfica e bibliografía crítica de Andrés Pociña e Aurora López
(Fundación Barrié de la Maza); Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro de F.
Rodríguez (ASPG); Actas do Congreso Internacional de estudius sobre Rosalía de
Castro e o seu tempo (Consello da Cultura Galega-Universidade de Santiago); Rosalía
de Castro e a súa obra literaria de C. Poullain (Galaxia). Para ve-la pervivencia de
Rosalía sobre os autores actuais e mesmo sobre os de fóra de Galicia véxase Coroa
poética para Rosalía de Castro (Xerais) e Vintesete escritores de fóra falan de Rosalía
de Castro (Fundación Rosalía de Castro), ámbolos dous de X. Alonso Montero. Edicións
fiables de Cantares Gallegos e de Follas Novas son as de Andrés Pociña e Aurora López
(Sotelo Blanco), as de Vilavedra e Monteagudo (Galaxia) ou a de Varela Jácome
(Xerais). Hai edición facsímile da primeira edición de Cantares Gallegos moi accesible
pois foi publicada polo Concello de Vigo en 1985 e figura na biblioteca de moitos centros.
A colección Biblioteca das Letras Galegas ofrece edicións de Cantares Gallegos (de
Xavier R. Baixeras) e de Follas Novas (de Marina Mayoral e Blanca Roig) adaptadas a
este nivel do Ensino. Para unha visión de Rosalía desde unha perspectiva feminista
pode verse as páxinas que lle dedica Carmen Blanco en Literatura galega da muller
(Xerais) ou o número que lle dedicou a revista A festa da palabra silenciada. Unha visión
dos distintos xuízos que suscitou a obra de Rosalía desde a súa publicación aparece en
En torno a Rosalía (Júcar. Edición de X. Alonso Montero). Como guía de comentario, en
que se empregan distintas técnicas de análise, citemos “Comentario dun poema de
Rosalía de Castro” de C. Rodríguez Fer, que figura no seu libro Poesía galega. Crítica e
metodoloxía (Xerais).
12. RECUPERACIÓN LITERARIA
O PARADOXO DO REXURDIMENTO
A unidade analiza a situación do galego na época da Restauración. Cando se asenta o
Rexurdimento, comeza a perda de falantes de galego máis importante. A nova estructura
burocrática, a urbanización, a lei Moyano de 1857, o decreto sobre o ensino do castelán e en
castelán de 1902, etc., inciden dun xeito decisivo na desgaleguización. Analízase a linguaxe da
canción xuvenil, especialmente a do rock. No apartado de gramática estúdianse as chamadas
partes invariables: adverbio, preposición, conxunción e interxección. En ortografía resólvense
dúbidas na escritura xunta ou separada de palabras e locucións que adoitan producir erros.
59
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Reflexiónase sobre o emprego correcto das preposicións. Repárase no labor de estudio da
lingua que fixo o Rexurdimento. Estúdiase a obra poética de Pondal. No remate anímase ó
alumnado á redacción dun artigo de crítica. Danse unhas instruccións sobre o deseño de
páxina do traballo.
Obxectivos didácticos
Salienta-lo paradoxo que se produce no Rexurdimento: recuperación literaria pero perda de
falantes.
Analiza-las propostas normalizadoras do Rexurdimento.
Citar e comenta-las disposicións legais do período da Restauración así como cambios
políticos, económicos e sociais que inciden na situación do galego.
Analizar polo miúdo os recursos das letras de rock.
Citar e comentar actos concretos deste período que inciden na normalización do galego:
Xogos Florais de Tui de 1891, os proxectos e realizacións da célebre xuntanza da Cova
céltica, etc.
Facer comprende-las funcións do adverbio, especialmente como complemento
circunstancial e como modificador ou cuantificador do adxectivo ou doutro adverbio.
Conseguir que o alumnado distinga claramente entre preposicións, conxuncións
coordinantes e conxuncións subordinantes.
Facer comprende-lo concepto de locución adverbial, preposicional e conxuntiva.
Lograr que o alumnado coñeza os diccionarios e gramáticas xurdidos na etapa do
Rexurdimento e mesmo comparalos cos actuais.
Valora-lo labor de Pondal non só como poeta, senón como gran introductor de cultismos no
galego.
Meditar de forma crítica sobre mito e realidade do celtismo.
Concienciar sobre dar un deseño de páxina adecuado ó traballo.
60
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
596. A lingua na época do Rexurdimento.
597. A restauración e o galego.
598. A lingua do rock.
599. O adverbio e o grupo adverbial.
600. Preposicións e conxuncións.
601. As interxeccións: propias e impropias.
602. Erros, interferencias e dialectalismos no emprego de adverbios, preposicións,
conxuncións e interxeccións.
603. A escritura xunta ou separada de palabras e locucións que suscitan dúbidas e erros.
604. Léxico galego prerromano.
605. Os precursores da normalización: propostas e intentos normalizadores na época do
Rexurdimento.
606. Os estudios sobre o galego na época do Rexurdimento: primeiros diccionarios e
gramáticas.
607. A obra poética de Eduardo Pondal.
608. Características do artigo de crítica.
609. O deseño de páxina.
PROCEDEMENTOS
610. Lectura de textos informativos sobre a situación do galego na época da Restauración,
comparación coa situación actual. Resumo e comentario dos textos, participación en debates
e expresións de opinións persoais a partir deles.
611. Análise das letras de rock para establece-las súas características.
612. Debate e análise dos conceptos de subliteratura, paraliteratura, literatura de masas e
outros similares.
613. Análise da estructura e funcións do adverbio e do grupo adverbial.
614. Distinción de nexos e clasificación destes en preposicións, conxuncións coordinantes e
conxuncións subordinantes.
615. Exame das distintas clases de adverbios, preposicións e conxuncións. Utilización destas
palabras nas creacións propias orais e escritas para supera-la pobreza e falta de variedade
que se advirte no emprego destas palabras.
616. Establecemento dos adverbios e nexos máis usuais entre o alumnado e substitución por
outros para acadar unha variedade e riqueza no emprego destas clases de palabras.
Especial atención ó emprego de adverbios e nexos xenuinamente galegos que cada vez son
menos empregados, especialmente polos falantes máis novos e no medio urbano.
617. Identificación e corrección de erros e interferencias no emprego de adverbios,
preposicións e conxuncións.
61
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
618. Análise de usos incorrectos de preposicións en textos propios e alleos, orais e escritos e
especialmente dos medios de comunicación. Uso correcto destas preposicións nas propias
creacións orais e escritas.
619. Exame das gramáticas e diccionarios do Rexurdimento.
620. Comentario de textos da época que propoñen a normalización do galego.
621. Comentario de textos significativos de Queixumes dos pinos e Os Eoas.
622. Redacción dun artigo sinxelo de crítica.
623. Creación de páxinas con marxes, sangrados, etc.
ACTITUDES
624. Toma de conciencia sobre o proceso de abandono do uso do galego que se produce a
partir da Restauración.
625. Actitude positiva cara ó mantemento do galego e castelán como linguas iguais dentro da
Comunidade.
626. Interese e gusto por participar en debates e exposicións orais, así como por expesa-las
súas ideas por escrito.
627. Actitude crítica ante os textos das cancións xuvenís e gusto por coñece-los seus
recursos literarios.
628. Valoración do papel representado polos nexos na comunicación lingüística en canto a
organización das ideas e precisión.
629. Capacidade crítica ante textos, especialmente dos medios de comunicación, que fan un
mal uso dos nexos.
630. Respecto da norma ortográfica.
631. Interese por coñece-lo pasado do galego así como os esforzos realizados ó longo do
tempo para acada-la súa normativización e normalización.
632. Valoración do patrimonio cultural.
633. Gozo e pracer coa lectura e comentario de textos literarios.
634. Capacidade crítica ante libros, películas, etc., mostrando as súas opinións por oral e por
escrito, pero mantendo sempre o respecto e apoiando esta crítica en razóns.
635. Interese por deseñar correctamente a páxina de traballo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
636. Coñece a situación da lingua galega durante o período da Restauración.
637. Coñece as principais propostas normalizadoras realizadas durante o Rexurdimento así
como o labor de estudio da lingua.
638. Comprende os recursos utilizados nos textos das cancións xuvenís.
639. Analiza a estructura do grupo adverbial, distingue as distintas clases de adverbios e as
funcións que realiza esta clase de palabras.
640. Distingue entre preposicións, conxuncións coordinantes e conxuncións subordinantes.
641. Descobre e corrixe erros e interferencias no emprego de adverbios, preposicións e
conxuncións.
62
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
642. Coñece o valor expresivo da interxección e distingue entre interxeccións propias e
impropias.
643. Afianza a norma ortográfica de separación de palabras.
644. Coñece os termos máis característicos de orixe prerromana e clasifícaos.
645. Comprende o ambiente cultural do Rexurdimento.
646. Coñece e caracteriza a producción literaria de E. Pondal.
647. Comenta e analiza convenientemente textos representativos de Queixumes dos pinos e
Os Eoas.
648. Comprende o enriquecemento da lingua galega debido á obra de Pondal.
649. É quen de redactar unha crítica sinxela de forma cortés e razoada.
650. Emprega nos traballos as normas de deseño de páxina.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Analizar disposicións legais que durante este período influíron decisivamente na
situación do galego, como pode se-la lei Moyano.
Analizar gráficas do xa citado Mapa sociolingüístico de Galicia na liña en que o fai o
texto do libro do alumno que abre esta unidade para constata-la perda de falantes que
sofre o galego a partir da Restauración.
Levar á clase edicións facsímiles de obras lingüísticas deste período que son de doado
acceso como as gramáticas de Saco e Arce ou Mirás, El Idioma gallego. Su antigüedad y
vida de A. María de la Iglesia ou mesmo o CD publicado polo Centro de Estudios Ramón
Piñeiro que contén tódolos diccionarios galegos publicados ata 1960.
Analizar actos como os Xogos Florais de Tui de 1891 e comenta-los discursos máis
importantes pronunciados neles, que son de doado acceso (ver apartado de Recursos
didácticos).
Explica-la actividade da Cova céltica e os proxectos e actividades que xurdiron desta
xuntanza.
Analiza-lo labor de Murguía como inspirador ideolóxico e patriarca das letras galegas.
Engadir novos exemplos de paraliteratura ou subliteratura como poden ser relatos
policiais, novelas rosa, etc.
Supera-la pobreza no emprego de adverbios, preposicións e conxuncións que adoita
presentar gran parte do alumnado. Por outra banda, adoitan usarse as formas comúns
ou parecidas coas castelás mentres están a caer en desuso moitas formas
xenuinamente galegas. Promove-lo emprego destas formas. O bo uso das preposición
sofre constantes interferencias, especialmente a partir da lingua dos medios de
comunicación de masas: facer unha lista de erros máis habituais nestes medios e
comentala na clase cos alumnos. O alumnado pode facer unha recollida de erros
preposicionais na lingua dos medios de comunicación de masas e comentalos despois
na clase.
Relaciona-lo emprego da conxunción co rexistro lingüístico.
Analiza-la obra de Pondal desde a perspectiva da nova crítica feminista (ver Recursos).
Comentario literario do texto do Himno galego.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Para as cuestións de historia da lingua seguen a ser moi útiles os libros xa citados en
unidades anteriores de Freixeiro Mato, Monteagudo, Mariño Paz e Ferreiro. Para o
estudio do vocabulario prerromano engadimos Aprender palabras e significados de
Mercedes Espiño Amil e Helena Sánchez Rodríguez (Vía Láctea).
63
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Para os temas de gramática segue a ser básica a bibliografía xa citada nas unidades
anteriores. Cómpre engadir agora, por ser moi útil para a preposición, Diccionario de
réximes verbais, de Xesús Riveiro (Xunta de Galicia).
Artigos de crítica cinematográfica, de televisión, de música, etc., tomados de xornais e
revistas.
Gravacións de grupos de rock e de música xuvenil e pop en xeral. Números da revista
Bravú e especialmente Rock bravú. A paixón que queima o peito de X. Valiño (Xerais).
Unha boa análise da lingua do rock ofrécea o artigo “A canción Camarada Sitting Bull” de
Dolores Vilavedra (En Comentario de textos populares e de masas. Edición de C.
Rodríguez Fer. Xerais).
Libros de historia xeral como os clásicos de Villares, Barreiro, etc., son unha boa
introducción ó mito e realidade do celtismo. Tamén os estudios sobre o nacionalismo, xa
clásicos de Maiz, Beramendi, etc. Ofrece información abundante sobre estes temas a
Gran Enciclopedia Gallega nas entradas correspondentes. Para entrar en situación sobre
o celtismo existen xa moitos vídeos sobre a Galicia castrexa, a citania de santa Tegra,
etcétera. Editados pola Voz de Galicia, TVE, TVG, etc. Para entende-lo ambiente da
Cova céltica e o labor de Murguía como patriarca das letras galegas segue a ser moi útil
Manuel Murguía de Vicente Risco (Galaxia), así como os recentes Manuel Murguía de H.
Rabunhal Corgo (Laiovento) e Prosas recuperadas. O periodismo de Manuel Murguía
(Antoloxía básica 1853-1923) de X. A. Durán (Caixa Galicia-RAG). Para publicacións da
época e mesmo o ambiente cultural o xa citado estudio de César Antonio Molina así
como Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas, coordinado por D.
Vilavedra (Galaxia).
Para o ambiente cultural desta época así como para o de todo o Rexurdimento son moi
útiles os vídeos editados por Vídeo-Voz e dirixidos por X. A. Durán: Indalecio Armesto:
loita, paixón e morte dun heterodoxo./Pedras, torres e pazos: os últimos vestixios do
poder romántico./Segredos dun suicida: Vesteiro Torres.
Sobre Pondal cómpre ve-lo capítulo I de De Pondal a Novoneyra de Méndez Ferrín
(Xerais), Eduardo Pondal de Amado Ricón (Galaxia), A harpa e a terra de M. Forcadela
(Xerais), Pondal: do dandysmo á loucura de M. Ferreiro (Laiovento) e De Breogán aos
pinos. O texto do Himno Galego de Manuel Ferreiro (Laiovento). Unha intepretación
feminista da poesía de Pondal e que suscitou un grande interese e polémica nos últimos
tempos é Misoxinia e racismo na poesía de Pondal de M. X. Queizán (Laiovento).
Edicións accesibles da obra de Pondal son a de Queixume dos pinos da Biblioteca
Básica da Cultura Galega (Galaxia), a da Editorial Sotelo Blanco debida a Manuel
Ferreiro. Hai xa edición de Os Eoas desde 1992 debida a Amado Ricón (Fundación
Barrié de la Maza). Unha edición preparada pensando nestes niveis do ensino é Eduardo
Pondal. Poesía debida a M. Forcadela (Xerais. Biblioteca das Letras Galegas).
Hai edicións facsímiles accesibles de El idioma gallego. Su antigüedad y vida (Voz de
Galicia), das gramáticas de Mirás (Akal), Saco (Tanco), Valladares (Galaxia). Poden
levarse á clase para que as manexen e vexan os alumnos e alumnas. Recentemente o
Centro Ramón Piñeiro editou en CD tódolos diccionarios galegos publicados ata 1960.
Para todo o relacionado coa normalización e normativización na época do
Rexurdimento son fundamentais Os precursores da normalización (Xerais) e A
reivindicación da lingua galega no Rexurdimento (1840-1891). Escolma de textos
(Consello da Cultura Galega), ámbolos dous de C. Hermida Gulías. O xa citado Prosa
Galega 1 ofrece os textos fundamentais dos Xogos Florais de Tui.
64
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
13. A LINGUAXE DA PUBLICIDADE
UNHA LINGUA PARA CONVENCER
A unidade ábrese cunha reflexión sobre os actos de fala para pasar a tratar da publicidade, que
busca informar e convencer. Medítase sobre o emprego do galego na publicidade e nos medios
de comunicación en xeral. Analízase a lingua da publicidade e saliéntase a combinación que se
produce nesta linguaxe de diversos códigos. No apartado de gramática estúdianse as oracións
coordinadas así como as subordinadas substantivas e adxectivas. Analízanse erros habituais
no emprego da coma como a súa colocación entre suxeito e verbo, verbo e complemento
directo, etc. Expóñense os erros e interferencias máis habituais no emprego de relativos e
interrogativos. En vocabulario exponse a impropiedade. Analízase brevemente a situación
social e cultural de Galicia na época de Curros, para pasar despois a analiza-la poesía de
Curros Enríquez, o gran poeta cívico de Galicia. Propónse ó alumnado a elaboración dun
anuncio por palabras. Remátase dando consellos sobre o borrador do traballo.
Obxectivos didácticos
Asimila-las distintas clases de actos de fala.
Distingui-lo que de información e manipulación pode haber nas mensaxes publicitarias.
Descubrir prexuízos sexistas, racistas, clasistas ou de calquera outro tipo nas mensaxes
publicitarias.
Identifica-los procedementos retóricos empregados pola linguaxe publicitaria.
Descubri-los diferentes códigos que se combinan nas mensaxes publicitarias.
Meditar sobre a importancia de que o galego se empregue cada vez máis nas mensaxes
publicitarias.
Establecer de forma clara a distinción entre coordinación, xustaposición e subordinación de
oracións.
Acadar unha sintaxe variada e rica nas produccións propias.
Meditar sobre a impropiedade e os mecanismos que a producen.
Manter unha actitude crítica e reflexiva ante a lingua dos medios de comunicación de
masas.
Completa-la visión do Curros poeta cívico coa do Curros poeta íntimo e costumista.
Valora-la función das asociacións de emigrantes na cultura galega, especialmente co gallo
da fundación da RAG.
Valora-la importancia de borrador e a revisión nos traballos.
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
651. Os actos de fala: informar, convencer, influír.
652. Actos de fala e publicidade.
653. O galego na publicida e nos medios de comunicación.
65
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
654. Características da linguaxe publicitaria.
655. Análise dos diversos códigos da linguaxe publicitaria.
656. Publicidade e retórica.
657. As oracións coordinadas: clases, nexos.
658. As oracións subordinadas substantivas.
659. As oracións adxectivas: funcións, nexos, clases.
660. Erros e interferencias nas construccións de oracións coordinadas, subordinadas
substantivas e adxectivas.
661. Erros habituais no emprego da coma.
662. A impropiedade e as súas causas.
663. A impropiedade nos medios de comunicación de masas.
664. A sociedade galega na época de Curros: emigración, foros, caciquismo.
665. O labor cultural dos emigrados en América. A fundación da RAG.
666. A poesía civil de Curros.
667. A poesía íntima e costumista de Curros.
668. As características do anuncio por palabras.
669. Borrador e revisión de traballo.
PROCEDEMENTOS
670. Análise de actos de fala.
671. Estudio de anuncios publicitarios tomados de diferentes medios.
672. Exame dos diferentes códigos que interveñen na publicidade.
673. Análise dos procedementos retóricos utilizados pola publicidade.
674. Estudio das funcións da linguaxe que aparecen na publicidade.
675. Descubrimento en anuncios publicitarios de prexuízos sexistas, racistas, clasistas ou
que supoñan calquera outro tipo de prexuízo ou discriminación.
676. Distinción en anuncios publicitarios entre información e incitación ó consumo.
677. Análise de oracións coordinadas en textos propios e alleos, orais e escritos. Producción
de textos orais e escritos en que se use a coordinación con variedade e precisión.
678. Análise de oracións subordinas substantivas en textos propios e alleos, orais e escritos.
Creación de textos orais e escritos en que se usen tódalas variedades de oracións
subordinadas substantivas nas súas diferentes funcións.
679. Análise de oracións adxectivas en textos propios e alleos, orais e escritos. Producción
de textos orais e escritos en que se usen tódalas variedades de subordinadas adxectivas.
680. Corrección de erros e interferencias en oracións coordinadas, subordinadas
substantivas e adxectivas.
681. Análise crítica do emprego incorrecto da coma en textos propios e alleos.
682. Descubrimento e corrección de impropiedades en textos propios e alleos, especialmente
dos medios.
66
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
683. Estudio da sociedade galega da época de Curros.
684. Lectura e análise de textos significativos de Aires da miña terra e O divino sainete.
685. Examen de borradores e realizarían de revisións.
ACTITUDES
686. Valoración dos actos de fala como unha forma de informar, influír sobre o interlocutor,
etc.
687. Actitude crítica ante a mensaxe publicitaria.
688. Crítica dos anuncios publicitarios que transmitan contidos sexistas, racistas, clasistas,
etc.
689. Superación do sentimento apocalíptico ante a publicidade: a publicidade non é mala nin
boa per se. A capacidade crítica do receptor distinguirá o positivo e negativo nos anuncios
publicitarios.
690. Valoración da combinación de distintos códigos na mensaxe publicitaria.
691. Estima polos procedementos retóricos utilizados pola publicidade que emparentan a súa
linguaxe coa linguaxe literaria.
692. Capacidade crítica ante a publicidade comercial, pero tamén ante a publicidade
institucional, que pode converterse en propaganda política encuberta.
693. Interese por coñece-las diferentes estructuras de coordinación e por usalas na propia
expresión oral e escrita, mellorando así as produccións.
694. Interese por coñece-las diferentes estructuras de subordinación substantiva e adxectiva
e por usalas nas propias mensaxes orais e escritas, mellorando así estas produccións.
695. Gusto por descubrir e corrixir impropiedades de xeito que se acade unha lingua correcta
e precisa.
696. Valoración da función social da poesía e como documento para coñece-lo estado da
sociedade e dos seus problemas.
697. Actitude positiva cara á normalización do galego e á súa irrupción en medios.
698. Interese por coñece-lo pasado.
699. Pracer e gusto coa lectura e análise de textos literarios.
700. Gusto por mellorar borradores de traballo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
701. Distingue os diferentes actos de fala.
702. Coñece os recursos retóricos empregados pola publicidade.
703. Recoñece os distintos códigos que se combinan nas mensaxes publicitarias.
704. Ten unha actitude crítica ante a publicidade e descobre en anuncios posibles mensaxes
sexistas, racistas ou clasistas.
705. É quen de analizar un anuncio publicitario de calquera medio.
706. Distingue entre coordinación, xustaposición e subordinación de oracións.
707. Coñece e emprega os distintos mecanismos da coordinación de oracións.
67
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
708. Identifica as distintas clases de oracións subordinadas substantivas e as súas funcións.
Emprega estas oracións con variedade e corrección nas propias produccións.
709. Comprende os mecanismos da subordinación adxectiva e incorpóraos ás súas
produccións.
710. Profunda no emprego da coma e desbota erros.
711. Distingue e corrixe impropiedades.
712. Identifica e evita erros e interferencias no emprego de relativos e interrogativos
indirectos.
713. Coñece a situación histórica e social de Galicia na época de Curros.
714. Coñece a obra de Curros, especialmente Aires da miña terra e O divino sainete.
715. Comenta de forma adecuada textos significativos de Aires da miña terra e O divino
sainete.
716. É quen de redactar un anuncio sinxelo.
717. Elabora borradores e revisa adecuadamente traballos.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Supera-la visión apocalíptica que adoita darse ás veces da publicidade: a publicidade
pode ser boa ou mala. Coñecer novos productos útiles é bo. O que hai que saber é
distinguir publicidade verdadeira de enganosa, informacións obxectivas de prexuízos,
etcétera.
Insistir en que a publicidade non é só lingua, senón que nela aparecen practicamente
tódolos códigos comunicativos, así como connotacións de todo tipo.
Incidir na necesidade de que o galego ocupe cada vez máis espacio na publicidade,
especialmente en medios como a TVG: é unha tarefa normalizadora que está de moita
actualidade.
Supera-lá mera análise sintáctica. O alumnado ha de da-lo paso de construír oracións
en que empregue tódalas estructuras sintácticas analizadas para supera-la pobreza
sintáctica e de nexos que adoita ser normal nunha porcentaxe elevada do alumnado.
Relaciona-las impropiedades analizadas ou estudiadas cos medios de comunicación en
que aparecen e ata con linguaxes como a política, deportiva, etc., en que son moi
habituais. Meditar sobre a función de modelo lingüístico dos medios de comunicación, de
xeito que ata se imitan os seus erros por consideralos símbolos de modernidade, éxito,
etcétera.
Relaciona-los malos usos da coma, como o seu emprego entre suxeito e verbo, con
pronuncias incorrectas nestes mesmos medios de comunicación, pois locutores e
locutoras hai que fan pausa entre verbo e suxeito, suxeito e complemento directo, etc.,
ou non fan a pausa que pide a elisión do verbo.
Facer que o alumnado lea en voz alta e pronuncie textos coas pausas adecuadas, que
se traducirán en comas na escrita.
Meditar sobre o fenómeno da emigración na época de Curros e relacionalo coas
condicións sociais que se vivían en Galicia (Ver apartado de Recursos). Salienta-lo labor
cultural, político e social das sociedades de emigrados.
Curros é o gran poeta cívico. Sen embargo, cómpre non esquece-la súa vertente de
poeta íntimo e costumista.
RECURSOS DIDÁCTICOS
As obras de historia da lingua de Monteagudo, Freixeiro Mato e Mariño Paz
proporcionan non só datos históricos relacionados coa lingua, senón tamén unha moi
68
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
boa selección bibliográfica sobre ensino, cultura, emigración, política, lexislación, etc. Alí
remitimos para atopar recursos ben escolleitos sobre estes temas.
Anuncios publicitarios de televisión, radio, xornais e revistas, etc., achegados polo
propio alumnado tras un labor de recollida. Mesmo poden gravalos con magnetófono e
vídeo. Pode organizarse un traballo de recollida en grupos. Tamén se pode propoñe-la
súa análise en grupos de traballo e individualmente.
Para a publicidade é moi útil Publicidade e lingua galega de Fernando F. Ramallo e
Gabriel Rei Doval (Consello da Cultura Galega). Así mesmo o artigo de C. Hermida
Gulías “A campaña publicitaria En galego o que ti queiras”, incluído en Comentarios de
textos populares e de masas (C. Rodríguez Fer, editor. Xerais).
Sobre Curros son moi útiles Curros Enríquez de Carlos Casares (Galaxia), A evolución
ideolóxica de Curros Enríquez de F. Rodríguez (Galaxia) ou o número monográfico de A
Nosa Terra, Creba-las liras. Edicións accesibles de Curros son as de Casares, Poesía
galega completa (Galaxia), ou a das obras completas debidas a este mesmo estudioso
(Editorial Aguilar). Hai edición escolar de Aires da miña terra na Biblioteca das Letras
Galegas (Xerais) ó coidado de B. Varela Jácome. Esta mesma colección tamén ofrece
unha edición escolar de O divino sainete, ó coidado de Xavier R. Baixeras.
Gravacións de poemas de Curros por distintos orfeóns e corais, especialmente da
Cántiga.
Como intoducción a esta época e á emigración, á parte dos libros xerais de historia xa
citados, cómpre citar as Crónicas de X. A. Durán (Akal), Figuras da nación de R. Villares
(Xerais), Emigrantes, caciques e indianos de Núñez Seixas (Xerais), A emigración de C.
Sixirei Paredes (Galaxia). Moi interesantes son as obras publicadas polo Consello de
Cultura Galega sobre a emigración, especialmente polas moi boas e abundantes
ilustracións que nos introducen moi ben ó mundo da emigración: Patrimonio cultural
galego na emigración e Galicia e América. Cinco séculos de historia. Sobre a emigración
galega á Habana pode verse o vídeo W. A. Insúa. O señor embaixador da Galicia
emigrante (Vídeo Voz TV).
Para o estudio das impropiedades e para acadar materiais complementarios pode verse
O galego de uso (Cadernos de SM), especialmente o seu tema 2, así como o Diccionario
de uso para a comunicación de Paulino Novo Folgueira (Xerais).
Anuncios por palabras procedentes de diferentes xornais achegados polo propio
alumnado.
69
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
14. AS NOVAS LINGUAXES
NOVO RETO NORMALIZADOR
A unidade ábrese coa meditación sobre cómo o galego entrou na época do Rexurdimento na
galaxia Gutenberg. Agora ten o reto de entrar nas novas tecnoloxías da comunicación: radio,
televisión, CD, vídeo, Internet... Análizase a linguaxe da radio, da televisión e do cine. Pásase
revista en gramática ós distintos tipos de subordinadas circunstanciais. Analízase a
xustaposición e a súa relación coas pausas, na linguaxe oral, para expresar diversos valores.
Analízase o emprego dos signos de puntuación, especialmente a coma, en relación coa
anteposición de oracións circunstanciais e circunstantes en xeral. Acláranse cuestións
normativas relacionadas con sufixos e terminacións como -mento, -eo, etc. Analízanse
brevemente os procesos de formación de palabras: prefixación, derivación e composición. No
apartado dedicado a literatura estúdianse o teatro e a narrativa do Rexurdimento. Analizase
publirreportaxe e coa proposta ó alumnado de realizar unha publirreportaxe. No remáte dáse
unha información sinxela sobre procesadores de textos e a súa utilidade para os traballos.
Obxectivos didácticos
Familiariza-lo alumnado coas novas fontes de información, especialmente con Internet.
Analizar de xeito crítico as mensaxes cinematógraficas, televisivas e radiofónicas que
adoitan recibir.
Dar a coñece-la presencia do galego nestes medios e concienciar sobre a súa importancia.
Animar á creación de guións sinxelos de radio, televisión ou cine.
Supera-la análise sintáctica tradicional e facer que o alumnado empregue nas súas
creacións os distintos tipos de subordinación circunstancial con conxuncións e locucións
conxuntivas variadas.
Facer entende-los valores expresivos da entoación e da pausa na linguaxe oral a propósito
das oracións xustapostas.
Relaciona-la posición dos circunstantes e das oracións circunstanciais coa pausa,
focalización ou énfase e emprego de signos de puntuación.
Facer entender que, aínda que o teatro e a narrativa teñan no Rexurdimento moita menor
importancia cá lírica, teñen un gran valor na normalización da lingua.
Indicar cómo Lamas Carvajal consegue por primeira vez que obras en galego se convertan
en bestseller.
Cónoce-la utilidade dos procesadores de textos.
Contidos e metodoloxía
CONTIDOS
CONCEPTOS
718. A prensa en galego na época da Restauración.
719. O galego e os novos medios.
720. A linguaxe da radio, da televisión e do cine.
721. As oracións subordinadas circunstanciais.
722. A xustaposición.
70
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
723. O emprego da coma e doutros signos de puntuación en relación coas oracións
circunstanciais e con outros circunstantes.
724. A norma no emprego de sufixos e terminacións.
725. A formación de palabras.
726. O guión cinematográfico e televisivo.
727. O teatro do Rexurdimento: características, principais autores e obras.
728. A narrativa do Rexurdimento: características, principais autores e obras.
729. O labor xornalístico e literario de Lamas Carvajal.
730. As características da publirreportaxe.
731. O procesador de textos.
PROCEDEMENTOS
732. Análise de vídeos, CD, películas, series televisivas, etc., en galego.
733. Consulta de enderezos galegos en Internet.
734. Análise da linguaxe da radio, da televisión e do cine a partir de películas, gravacións en
vídeo, etc.
735. Análise de oracións circunstanciais de textos propios e alleos, orais e escritos.
Construcción de textos orais e escritos que presenten toda a variedade de oracións
circunstanciais e coas distintas conxuncións e locucións conxuntivas.
736. Exame e construcción de textos con infinitivos conxugados de valor circunstancial e con
participios e xerundios en construcción absoluta de valor circunstancial.
737. Puntuación correcta de textos que presenten oracións circunstanciais e especialmente
oracións e complementos circunstanciais adiantados.
738. Análise en textos orais e escritos, propios e alleos de palabras formadas por prefixación,
sufixación e composición.
739. Comentario dos valores expresivos e ata lúdicos que poden presenta-la prefixación,
sufixación e composición.
740. Establecemento de relacións entre os diferentes prefixos e sufixos e os rexistros da
lingua.
741. Comentario e análise das principais obras teatrais e narrativas.
742. Comentario e análise das principais obras narrativas do Rexurdimento.
743. Análise de O tío Marcos da Portela e posta en relación con outras publicacións en
galego do Rexurdimento como A Monteira, O Galiciano, etc.
744. Análise e comentario da obra literaria de Lamas Carvajal.
745. Práctica con procesador de textos.
71
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
ACTITUDES
746. Valoración para a normalización do galego de que houbese publicacións xornalísticas
totalmente escritas en galego na época do Rexurdimento.
747. Actitude aberta ante os novos medios como CD, Internet, etc., e valoración da
importancia do uso do galego nestes novos medios para a súa normalización.
748. Interese por coñece-las técnicas propias da radio, da televisión e do cine nunha
sociedade dominada pola presencia destes medios.
749. Actitude crítica ante o emprego destes medios e as mensaxes que transmiten.
750. Interese por coñece-las técnicas do guión cinematográfico e televisivo e ata por
empregalas en creacións propias.
751. Gusto por coñece-la historia da radio, do cine e da televisión en galego.
752. Interese por coñece-las estructuras das oracións circunstanciais e por usalas con
variedade e riqueza de conxuncións e locucións conxuntivas nas propias creacións tanto
orais como escritas.
753. Valoración da entoación e da pausa para que as oracións xustapostas cobren
determinados valores na linguaxe oral e que permiten prescindir neste rexistro das
conxuncións.
754. Gusto por puntuar correctamente os textos escritos e por relaciona-la puntuación coas
pausas da lingua oral.
755. Interese por coñecer cómo no Rexurdimento a lingua e literatura galegas van
camiñando cara á normalización pouco a pouco ó haber un teatro e unha narrativa galegos e
non só poesía.
756. Valoración da obra de Lamas Carvajal no xornalismo. Gusto por combinar linguaxe
verbal e outros códigos nunha publirreportaxe.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
757. Participa de forma adecuada en debates e exposicións orais, respectando as regras
destes intercambios lingüísticos e usando o rexistro adecuado a cada situación e contexto.
758. Le en voz alta e en soidade textos literarios e non literarios de xeito adecuado e
comprendendo o seu contido. É quen de resumilos, comentalos e crear textos orais e
escritos a partir deles criticándoos, completándoos e dando unha opinión razoada sobre
eles.
759. Comprende o papel que na normalización da lingua representa o seu uso nos medios de
comunicación e nas novas tecnoloxías da comunicación.
760. Coñece as técnicas e recursos propios das linguaxes radiofónicas, televisiva e
cinematográfica.
761. Analiza as mensaxes do cine, radio e televisión con actitude crítica descubrindo posibles
contidos sexistas, antidemocráticos, exaltadores da violencia, racistas, etc.
762. É quen de elaborar un sinxelo guión televisivo, radiofónico ou cinematográfico a partir
dos modelos ofrecidos no libro do alumno.
763. Coñece e analiza os mecanismos da subordinación circunstancial e emprégaos nas
propias creacións orais e escritas.
764. Recoñece os valores expresivos das pausas e entoacións nas oracións xustapostas na
lingua oral.
72
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
765. Profunda nas normas de uso da coma.
766. Descobre erros e interferencias nos sufixos e terminacións.
767. Recoñece os procesos de formación de palabras.
768. Relaciona prefixos e sufixos cos rexistros da lingua, especialmente relaciona raíces
prefixas e sufixas de orixe grega e latina coa linguaxe científica e técnica.
769. Coñece os principais autores e obras do teatro e narrativa do Rexurdimento e é quen de
comentar textos teatrais significativos desta época.
770. Comprende e valora adecuadamente o labor literario e xornalístico de Lamas, así como
o éxito de publicacións súas como O tío Marcos da Portela e O catecismo do labrego.
771. Domina as técnicas da publirreportaxe e ata é capaz de elaborar, individualmente ou en
grupo, unha publirreportaxe sinxela.
772. Coñece as técnicas elementais de procesador de textos.
SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS
Leva-lo alumnado á sala de ordenadores do centro e darlles enderezos de Internet
galegos para que valoren a presencia do galego na rede. Tamén se lles poden dar para
que os busquen na súa casa, na clase de informática, etc. Ata se pode programar unha
actividade común coa materia de Informática.
Facer unha breve introducción á historia da radio, da televisión e do cine galegos.
Analiza-los recursos da linguaxe cinematográfica, radiofónica e televisiva sobre
gravacións en vídeo de películas, series, programas, etc., que resulten moi atractivos
para o alumnado. Eles mesmos poden propoñer películas, series, etc., que lles gustaría
analizar. Non hai que esquecer que esta análise ha de ser moi elemental, na liña dos
recursos mínimos que se explican no libro do alumno.
Intentar descubrir en películas de éxito, series, etc., mensaxes sexistas, racistas,
clasistas, etc. que pasan desapercibios pero que penetran subliminalmente.
A análise da sintaxe adoita producir erros e vacilacións. Cando non se sabe se unha
oración é causal, condicional, etc. propoñemos que se substitúa a conxunción ou
locución conxuntiva por unha considerada tipo: nas condicionais se, nas causais porque,
etcétera.
Reforza-lo uso do infinitivo conxugado en construccións con valor circunstancial.
A linguaxe do noso alumnado caracterízase pola pobreza no emprego de nexos. Para
as causais sempre usa porque, para as finais para que... E iso no caso de que non
empregue a simple xustaposición ou a coordinación con e. Facer que nas súas
produccións orais e escritas use toda a gama de conxuncións e locucións conxuntivas
que aparecen citadas nas NOMIG.
Simular na clase ou na sala de audioviosuais un programa de radio ou televisión por
medio dun traballo en grupo en que haxa presentadores, guionistas, cámaras, etc.
Poden empregarse as cámaras de vídeo do centro e mesmo facer unha actividade
común co departamento de audiovisuais.
Sinalar que a lírica foi considerada durante moito tempo por algúns críticos e
historiadores da literatura, coma a propia Pardo Bazán, como o único xénero que debía
ser cultivado en galego, pois o galego non era lingua para a narrativa nin o teatro. A
partir disto valora-la importancia dos textos narrativos e teatrais do Rexurdimento.
Levar á clase edicións facsímiles de fácil acceso de O tío Marcos da Portela e A
Monteira (ver Recursos didácticos).
RECURSOS DIDÁCTICOS
Son válidos moitos dos recursos citados en unidades anteriores.
73
LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º BACHARELATO
PROGRAMACIÓNS DE AULA
Para as publicacións periódicas en galego ó dito nas unidades anteriores podemos
engadir Repertorio bibliográfico sobre a prensa galega de Rosa Cal e C. Pérez Pais
(Lea), Apuntes para la historia de la prensa del siglo XIX en Galicia de C. Fernández
Pulpeiro (Ediciós do Castro) e Historia de la prensa gallega de E. Santos Gayoso (O
Castro).
Edicións facsímiles de O tío Marcos da Portela (EDMAN ediciones) e A Monteira (Xunta
de Galicia)
Unha boa introducción á historia do cine, da radio e da televisión en Galicia ofrécea a
Gran Enciclopedia Gallega nas entradas correspondentes. Unha boa introducción á
historia do cine en Galicia é O cine en Galicia de Xosé Nogueira (A Nosa Terra). Para as
técnicas do guión cinematográfico e televisivo é fundamental Escribir un guión de X.
Cermeño (Xunta de Galicia. Col. Andel). Esta mesma colección Andel ofrece libros tan
útiles e sinxelos como A televisión, Os oficios do cine e da televisión, As catro vidas
dunha película, A radio... Tódolos libros desta colección son moi útiles neste nivel do
ensino.
Para cuestións normativas recomendamos O galego correcto (Cadernos SM).
Sobre as novos medios de comunicación e o galego podemos ver A identidade fronte
á rede de L. Alvárez Pousa (Xerais). Enderezos galegos de Internet son
http://www.xunta.es; http://www.igape.es; http://www. usc.es; http://www.uvigo.es;
http://www.anosaterra.com; http:// www.ocorreogalego.com; http://www.museodopobo.
es; http://www.vieiros.com, etc.
Para a narrativa do Rexurdimento é imprescindible Narrativa galega: tempo do
Rexurdimento de Modesto Hermida (Xerais), así como as publicacións de novelas e
textos narrativos do Rexurdimento que vén realizando o Centro Ramón Piñeiro. Hai
edición da poesía completa de Lamas debida a García Negro (O Castro) e posuímos
unha edición escolar de O Catecismo do Labrego obra de V. Ruíz de Ojeda (Xerais.
Biblioteca das Letras Galegas). Antoloxía da poesía de Lamas ofrécea o tomo que a
Biblioteca Básica da Cultura Galega dedica a Lamas (Galaxia).
Para o teatro do Rexurdimento citémo-los xa clásicos O teatro galego e Antoloxía do
teatro galego, ámbolos dous de M. Lourenzo e M. Pillado (Ediciós do Castro) e para o
nivel escolar, Manual e escolma da literatura dramática galega (Sotelo Blanco) de
Manuel F. Vieites.
Pensando nestes niveis do ensino é útil Manual e escolma do Rexurdimento de Román
Raña (Sotelo Blanco).
74
Get documents about "