Embed
Email

UNIDADE 1

Document Sample
UNIDADE 1
Shared by: HC111116084755
Categories
Tags
Stats
views:
20
posted:
11/16/2011
language:
Galician
pages:
48
LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 1

A comunicación está presente nas nosas vidas diarias, é fundamental para a convivencia e

para a evolución dos pobos. A través dos textos e actividades desta unidade queremos que o

alumno observe o seu arredor e tome conciencia da importancia que na súa vida ten

comunicarse de forma oral e escrita cos demais; pretendemos que intente mellorar esa

destreza e facerlle ver que canto mellor saiba comunicarse terá un coñecemento maior de si

mesmo e dos demais.



I. OBXECTIVOS

 Recoñecer o final dun texto como parte fundamental da súa estrutura.

 Comprender en que consiste o proceso comunicativo e diferenciar os elementos que

interveñen nel.

 Coñecer como está organizado o léxico e distinguir entre o campo semántico e a familia

léxica.

 Identificar palabras e diferenciar as súas partes.

 Recoñecer o alfabeto e diferenciar entre sons, letras e dígrafos.

 Coñecer as principais etapas da historia da literatura galega.



II. CONTIDOS



CONCEPTOS

 O final dos diferentes tipos de texto.

 A comunicación, a linguaxe e as linguas.

 A organización do léxico.

 A palabra e a súa estrutura.

 O alfabeto.

 A literatura galega e os períodos nos que se divide.



PROCEDEMENTOS

 Elaboración do final de varios tipos de textos.

 Identificación dos diferentes elementos que interveñen na comunicación.

 Formación de campos semánticos e familias léxicas.

 División en lexemas e morfemas de diferentes palabras.

 Identificación de sons e escritura de letras e dígrafos do alfabeto.

 Reflexión sobre a literatura galega e identificación dos períodos que se establecen na súa

historia.



ACTITUDES

 Coidado na realización do final dos textos propios.

 Conciencia da importancia dos elementos que fan posible un acto comunicativo.

 Interese polo enriquecemento do vocabulario.

 Interese por coñecer os fonemas e as letras.

 Valoración do acervo literario como produto estético, lingüístico e sociocultural.



III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 Realizar un final axeitado para un texto concreto.

 Indicar os elementos da comunicación que interveñen en distintas situacións

comunicativas.

 Relacionar palabras coas súas familias léxicas e os seus campos semánticos.

 Formar palabras engadindo morfemas flexivos e derivativos a varios lexemas.

 Identificar as letras e os dígrafos que conforman diferentes palabras.

 Coñecer e valorar os principais períodos da historia da literatura galega



IV. COMPETENCIAS BÁSICAS







LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 1 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Comprender os termos e contidos esenciais da unidade, tales como comunicación,

organización do léxico ou a palabra, entre outros, e expresalos correctamente de forma

escrita e oral. (C1, C7)

 Coñecer e valorar a importancia do alfabeto e da linguaxe escrita en xeral, como medio

para transmitir ideas e coñecementos, e para interactuar socialmente. (C1, C5, C6)

 Obter información sobre o proceso comunicativo, a linguaxe e as linguas, utilizando as

modernas tecnoloxías da información, e transformala en coñecemento. (C1, C4, C7)

 Aplicar ao estudo da comunicación as axeitadas técnicas e destrezas de traballo

intelectual, integrar os coñecementos adquiridos cos xa existentes, así como elaborar

conclusións e sínteses de forma autónoma e creativa. (C7, C8)



V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— CARLOS L. MEDRANO: 50 xogos de lingua. Técnicas de comunicación

oral e escrita, Vigo, Xerais, 1994.

— GIANNI RODARI: Gramática da fantasía. Introducción á arte de contar

historias, Pontevedra, Kalandraka, 1999.

— GONZALO NAVAZA: Elucidario, Vigo, Xerais, 1999.

 Páxinas web:

o . Instituto da Lingua Galega

o . Biblioteca virtual galega

o . Lexemas e morfemas

 Outras ideas:

— Traballar a linguaxe non verbal

— As linguas do mundo



VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Nesta dobre páxina completamos o contido que aparece no libro do alumno. Presentamos

exercicios de creación, de elaboración de estruturas morfolóxicas, de busca de información...;

exercicios lúdicos e entretidos que permiten aplicar os coñecementos adquiridos á vida real.



 EXPRESIÓN ESCRITA

LECTURA

Queremos que os alumnos teñan sentido crítico á hora de valorar as novas tecnoloxías

aplicadas aos medios de comunicación.

INTERNET: coñecemos e valoramos novos medios de comunicación.

— Por grupos teñen que buscar información sobre internet (para que

serve?, quen o inventou?, quen o utiliza?...).

— Cada grupo ha de escribir as vantaxes e inconvenientes que ve en

internet.

— Lese en voz alta a información de cada grupo e establécese un

pequeno debate sobre as vantaxes e inconvenientes de internet.

FAINO TI

Con esta actividade preténdese animar os alumnos a que entren en contacto coa escritura

partindo do recoñecemento dunha das partes da estrutura dun relato.

OS DOUS FINAIS DISTINTOS: elaborar dous finais diferentes para o mesmo relato.

— Léselles aos alumnos un conto descoñecido por eles omitindo o final.



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 2 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



— Propónselles que creen dous finais axeitados e sorprendentes para a

historia; un ha de ser aberto e outro pechado.

— Lense en voz alta cada un dos finais, compáranse co orixinal da

narración e elíxese cal é o que se aproxima máis a este.

 COMUNICACIÓN





Reforzamos a idea de que a linguaxe pode ser verbal e non verbal, e que esta última

complementa á primeira.

AS ANÉCDOTAS SEN PALABRAS: traballar individualmente a comunicación non verbal.

— Cada alumno ten que contar unha anécdota que lle sucedera utilizando

a linguaxe non verbal.

— Na súa representación debe mesturar xestos, sons, cores, imaxes,

etcétera.

— Despois de rematar a representación, o profesor elixe un alumno para

que conte en voz alta a anécdota que el cre que entendeu.

— Ao final, o alumno confirma se o seu compañeiro entendeu o que el

intentou expresar mediante a linguaxe non verbal.



 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

Afianzamos os conceptos de campo semántico e familia léxica mediante a invención destes.

CAMPOS SEMÁNTICOS E FAMILIAS LÉXICAS FANTÁSTICAS: crear familias léxicas a partir

de campos semánticos inventados.

— Por parellas os alumnos teñen que inventarse un campo semántico e poñerlle

un nome.

— Han de incluír cinco palabras inventadas que pertenzan a ese campo

semántico e diferenciar os trazos semánticos que as caracterizan.

— A continuación, elegir dos de estas palabras y formar su familia léxica.

GRAMÁTICA

A través da creación de palabras facilitamos a comprensión e identificación da súa estrutura.

AS PALABRAS ENXEÑOSAS: inventar palabras e dotalas de sentido.

— Cada alumno combina diferentes lexemas con varios prefixos e sufixos para

crear novas palabras que definan obxectos, realidades, accións...,

humorísticas ou enxeñosas.

— Os alumnos definen as súas palabras creadas e elaboran unha redacción.

— Lense las redacciones e os compañeiros teñen que identificar as palabras

creadas e dicir que lexemas e morfemas as forman.

ORTOGRAFÍA

Esta actividade é unha sinxela forma de comprobar a asociación entre letras e o seu nome.

O XEROGLÍFICO GALEGO: inventar un xeroglífico e asocialo co alfabeto galego.

— Explicar aos alumnos que é un xeroglífico.

— Cada grupo inventa un xeroglífico no que deben estar representadas todas as

letras do galego e no que cada símbolo ou figura debe ter un nome.







LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 3 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



— No encerado escriben un pequeno texto dando só algunhas correspondencias

dos símbolos e figuras coas letras e dígrafos do galego.

— O resto dos grupos ha de adiviñar que texto hai debaixo do xeroglífico.

 LITERATURA

Con esta actividade pretendemos facer ver ao alumno que a literatura non é un feito illado,

senón que está inscrito nunha época determinada e vai da man de feitos históricos.

A LIÑA DO TEMPO: elaborar un mural cos períodos da literatura galega.

— Formar catro grupos e asignarlles cadanseu período da literatura galega.

— Cada grupo ten que recompilar información sobre os acontecementos

históricos máis importantes de cada período que sucederon en Galicia.

— Elixir ademais dous autores, escribir unha pequena biografía e seleccionar

dous textos literarios seus.

A información pódena plasmar nun mural que representa unha liña do tempo.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 4 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 2

A palabra, e máis en concreto a palabra escrita, é un dos instrumentos máis valiosos que

posuímos para expresar os nosos sentimentos e compartilos cos demais. As lecturas e mais as

actividades deste unidade están dirixidas a que o alumno saiba valorar este ben e sexa quen

de empregalo dun xeito preciso e persoal



I. OBXECTIVOS

 Saber redactar cartas e identificar as súas partes.

 Recoñecer os diferentes tipos de textos.

 Coñecer o vocabulario relacionado co corpo humano.

 Identificar substantivos e dominar a formación do feminino e do plural.

 Distinguir as sílabas nas palabras, diferenciando ditongos de hiatos, e clasificalas segundo

a acentuación.

 Coñecer e identificar os xéneros literarios.



II. CONTIDOS



CONCEPTOS

 A carta.

 O texto e a súa clasificación.

 O vocabulario relacionado co corpo humano.

 O substantivo. O xénero e o número.

 A sílaba e o acento.

 Os xéneros literarios.



PROCEDEMENTOS

 Redacción e lectura de cartas.

 Identificación de diferentes tipos de texto.

 Emprego do vocabulario relacionado co corpo humano.

 Aplicación das regras de formación do feminino e do plural nos substantivos.

 División en sílabas das palabras, identificando a tónica.

 Identificación de hiatos e ditongos.

 Escritura de palabras agudas, graves e esdrúxulas.

 Lectura, análise e interpretación de textos literarios.



ACTITUDES

 Valoración da propia expresión escrita e interese en que esta sexa precisa e correcta.

 Interese na comprensión e discernimento de tipos de texto.

 Coidado e interese na escolla dun léxico preciso para producir textos propios.

 Interese por saber dividir silabicamente as palabras e por discernir ditongos de hiatos.

 Valoración dos textos literarios e recoñecemento dos diferentes xéneros.



III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 Escribir cartas e recoñecer os elementos formais destas.

LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 5 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Recoñecer os diferentes tipos de texto.

 Utilizar de forma axeitada o vocabulario relacionado co corpo humano.

 Coñecer as regras de formación do feminino e do plural nos substantivos.

 Dividir as palabras en sílabas, recoñecendo a tónica, e clasificalas en agudas, graves ou

esdrúxulas.

 Identificar os diferentes xéneros literarios e coñecer as súas características principais.



IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Asimilar os coñecementos básicos da unidade e expresalos correctamente de forma oral e

escrita. (C1, C7)

 Recoñecer os elementos que se utilizan na creación de cartas para ser competente na

elaboración, interpretación e utilización de distintos tipos de textos con intencións

comunicativas ou creativas. (C1, C6, C7)

 Asimilar o vocabulario relacionado co corpo humano e integralo nas producións orais e

escritas adaptadas a situacións comunicativas determinadas. (C1, C5, C7)

 Coñecer as normas ortográficas de uso e aplicalas a calquera tipo de texto lingüístico para

interactuar lingüisticamente dun xeito adecuado. (C1, C5)

 Entender diferentes modelos textuais literarios: poesías, fragmentos de novelas e de textos

dramáticos que lles sirvan para facilitarlles a lectura como fonte de pracer. (C1, C6)



V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— LUÍS ARRIBAS: Que é unha biblioteca, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1990.

— AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ e outros: Animación á lectura, Vigo, Xerais, 1991.

 Música:

— CARLOS NÚÑEZ: Todos los mundos, BMG, 2002.

— DULCE PONTES: O primeiro canto, Polydor, 2004.

 Filmes:

— Cyrano de Bergerac, de JEAN PAUL RAPPENEAU. Francia,1990.

 Outras ideas:

— O amor como tema noutras artes

— A importancia dos libros

VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

A continuación, nesta dobre páxina, presentamos varios exercicios nos que o alumno vai poñer

en práctica dunha forma amena e divertida os contidos aprendidos na unidade. Procuramos

que sexan exercicios diferentes aos vistos na aula, nos que poidan aplicar á vida real o seus

coñecementos adquiridos.



 EXPRESIÓN ESCRITA





LECTURA

Pretendemos que os alumnos valoren e queiran os libros e de aí que sexa importante que se

acheguen a eles.

A CASA DOS LIBROS: buscamos información sobre as bibliotecas do noso contorno.

— Invitar á aula a un bibliotecario e realizar un coloquio con el.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 6 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



 Os alumnos preparan preguntas previamente sobre o traballo de bibliotecario (que fai

exactamente?, cantos libros hai na biblioteca na que traballa?, cal é a súa relación cos

libros?, etcétera).

 Pídeselle á persoa invitada que leve algún recurso educativo no que se amose algún

aspecto do seu traballo diario.

— Por grupos procurarán información sobre as bibliotecas que existen no

centro escolar, preto del e en internet.

— Todo o alumnado realiza unha visita, ben virtual ben real, á que se

considere a mellor das bibliotecas presentadas.

FAINO TI

Con esta actividade refórzase a competencia do alumno á hora de escribir cartas.

AS CARTAS MUSICAIS: transformar unha canción de amor nunha carta.

— Pónselles aos alumnos unha determinada canción de temática amorosa.

— Pídeselles que transformen a canción escoitada nunha carta.

— Cada alumno le en voz alta a súa carta e ao final compáranse coa canción.



 COMUNICACIÓN

Comprobamos se os alumnos son quen de diferenciar os tipos de texto.

O XORNAL PERFECTO: elaboramos un periódico cos mellores tipos de texto.

— Por grupos ten que traer á aula un xornal no que vai seleccionar un

exemplo de cada un dos tipos de texto que estudou na unidade.

— De entre os textos escolleitos selecciónanse os que mellor responden as

características de cada un dos tipos de texto.

— Cos textos seleccionados cada grupo elabora o ―xornal perfecto‖. Para isto

han de pegar todos os textos escollidos nunha cartolina e ao seu carón

escribir as características que converten a este texto no mellor

representante da súa categoría textual.

— Para rematar, cada grupo presenta o seu xornal elíxese un e pégase na

parede para que acompañe durante o curso os diferentes contidos e

explicacións que se vaian desenvolven sobre tipoloxía textual.

 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

Reforzamos o vocabulario relacionado co corpo humano.

A LECCIÓN DE ANATOMÍA: debuxar partes do corpo humano.



— O profesor escribe en varios anacos de papel os nomes das diferentes

partes do corpo humano que quere reforzar. En cada ficha ou papel, unha

parte.

— O profesor reparte entre os alumnos os papeis onde se indican as partes

do corpo.

— Cada un dos alumnos terá que debuxar a parte do corpo humano que lle

tocou na súa ficha.

GRAMÁTICA

Con esta actividade o alumno non só reforza na formación do xénero, senón que tamén

reflexiona sobre o acceso de homes e mulleres ao mundo profesional.



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 7 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





A CAPITÁ DO BARCO: o xénero das profesións.



— Os alumnos, axudados polo profesor, elaboran dúas listaxes: profesións

tradicionalmente desenvolvidas por homes e profesións que ata o de

agora estaban reservadas ás mulleres.

— Procúranse ou créanse os femininos e masculinos das dúas listaxes.

— Debátense as razóns de por que algunhas profesións só teñen forma

masculina ou o feminina e se cómpre crearlles a forma da que carecen.

ORTOGRAFÍA

Mediante esta actividade ponse de relevo a importancia do acento e, á vez, o alumno reforza o

aprendido sobre este na unidade.

O ACENTO MÓBIL: pares de palabras que se diferencian polo acento.



— Procuramos palabras que muden de significado segundo o acento estea

nunha ou noutra sílaba.

— Han de dicir que tipo de palabras son segundo o seu número de sílabas,

segundo a súa sílaba tónica e escribir unha oración con cada unha para

diferenciar o seu significado.



 LITERATURA

Con este exercicio comprobamos dun xeito doado se os alumnos son quen de diferenciar os

textos literarios de acordo co xénero no que se insiren.

OS XÉNEROS LITERARIOS: procuramos textos representativos de cada un dos xéneros.

— Por parellas os alumnos teñen que seleccionar de entre unha escolma de

autores sobranceiros da literatura galega un texto representativo dun

xénero literario concreto.

Cada parella ten que presentar aos compañeiros o texto que seleccionou, léndoo en voz alta e

indicando as características que nos permiten encadralo dentro dun xénero concreto.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 8 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 3



Saber presentar, organizar e defender as nosas ideas e sentimentos é adoito a ferramenta

máis eficaz á hora de partillar os nosos pensamentos cos demais. Nesta unidade, a través das

súas actividades e textos, afóndase nas estruturas textuais que nos permiten intercambiar

información de xeito preciso e ponse de relevo que saber expresarse é saber relacionarse.



I. OBXECTIVOS



 Identificar e producir textos expositivos.

 Expresar, oralmente ou por escrito, as propias ideas de xeito coherente e argumentádoas

correctamente.

 Coñecer o vocabulario relacionado coa saúde e as doenzas.

 Entender o concepto de adxectivo e recoñecelo formal e semanticamente.

 Coñecer e saber aplicar as regras de acentuación.

 Identificar os recursos literarios empregados nos distintos tipos de texto.



II. CONTIDOS



CONCEPTOS

 A exposición.

 A exposición e a argumentación.

 Vocabulario: a saúde e as doenzas.

 O adxectivo.

 O acento gráfico.

 Os recursos literarios





PROCEDEMENTOS

 Realización de textos expositivos.

 Elaboración de argumentos para sustentar unha determinada idea.

 Emprego do vocabulario relacionado coa saúde e as doenzas.

 Identificación do adxectivo e emprego correcto destes de acordo coa concordancia.

 Recoñecemento dos distintos graos do adxectivo.

 Acentuación de palabras.

 Identificación dos recursos literarios.





ACTITUDES

 Valoración da exposición coma a estrutura textual que nos permite desenvolver as nosas

ideas dunha maneiras coherente e razoada.

 Recoñecemento da argumentación como vehículo para defender as nosas ideas e

convencer.

 Interese en ampliar e mellorar o acervo léxico.

 Interese por empregar correctamente as regras de acentuación.





LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 9 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Gusto e interese pola lectura de textos literarios.





III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 Recoñecer e producir textos expositivos.

 Identificar e producir textos argumentativos.

 Empregar axeitadamente o vocabulario relacionado coa saúde e as doenzas.

 Utilizar correctamente os adxectivos e recoñecer os seus graos.

 Empregar de xeito correcto as regras de acentuación.

 Identificar os recursos literarios empregados en diversos textos.





IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Comprender os termos e contidos esenciais da unidade, tales como a exposición, o

adxectivo, o acento gráfico ou os recursos literarios, entre outros, e expresalos

correctamente de forma escrita e oral. (C1, C7)

 Obter información fiable e precisa para elaborar unha exposición, empregando os medios

de información e comunicación máis avanzados. (C1, C4, C7)

 Asimilar en toda a súa amplitude o vocabulario relacionado coa saúde e as doenzas, e

adoptar unha disposición a unha vida física e mental saudable nun contorno natural e

social tamén saudable. (C1, C3, C8)

 Aplicar ao estudo dos recursos literarios as adecuadas técnicas e destrezas de traballo

intelectual, integrar os coñecementos adquiridos cos xa existentes, así como elaborar

conclusións e sínteses de forma autónoma e creativa. (C7, C8)



V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— JULIO CORTÁZAR: Historias de cronopios y famas, Madrid, Santillana, 1999.

— XAVIER QUEIPO: Manual de instruccións, Santiago de Compostela, Edicións Positivas,

1999.

— GIANNI RODARI: Gramática da fantasía. Introducción á arte de contar historias,

Pontevedra, Kalandraka, 1999.

 Filmes:

— El maquinista de la general, de CLYDE BRUCKMAN y BUSTER KEATON. EE. UU., 1927.

— Una noche en la ópera, de SAM W OOD. EE. UU., 1935.

— El jovencito Frankenstein, de MEL BROOKS. EE. UU., 1974.

 Outras ideas:

— Traballar o humor e o riso

— Exercicios de habilidades sociais

VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Propoñemos a seguir unha serie de actividades que veñen reforzar os exercicios desenvolvidos

no libro do alumno. Con eles tentamos conectar o estudado co mundo real e, á vez,

procuramos presentar unha faciana máis lúdica dos contidos traballados na unidade.



 EXPRESIÓN ESCRITA

LECTURA

Procuramos que os alumnos saiban analizar con sentido crítico diferentes situacións conflitivas.







LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 10 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





Á PROCURA DE SOLUCIÓNS: presentamos diferentes situacións conflitivas ás que



lles debemos buscar a solución máis axeitada.



— Por parellas cada alumno escribe un suceso cotiá engadíndolle un elemento sorprendente

ou fantástico.

— Una vez escritos, han de intercambiar los textos coa súa parella, pero omitindo o final, de

xeito que quede aberto para que o complete o compañeiro coa súa propia resolución da

historia.

— Finalmente, cada parella le en voz alta os seus textos con todos os finais propostos.

FAINO TI

Reforzamos as destrezas dos alumnos á hora de comunicar as súas ideas.

MANUAL DE INSTRUCIÓNS DA CULLER: expoñer por escrito o funcionamento de diversos

obxectos sinxelos.

— Indicámoslle a cada un dos alumnos un obxecto sinxelo da cociña.

— Pedímoslles que escriben unha exposición sobre o obxecto que conste de presentación,

instrucións de emprego e conclusión.

— Cada alumno le en voz alta a súa exposición e escóllense as mellores.

 COMUNICACIÓN

Con esta actividade aplicamos de forma práctica as ideas vistas na aula sobre a

argumentación.

A DEBATE: organizar un debate na aula.

— Propoñémoslles aos alumnos un tema de debate.

— Cada alumno redacta a súa argumentación, ben a favor ben en contra, sobre o tema.

— Os alumnos, ordenadamente, expresan en voz alta os seus posicionamentos con respecto

ao tema. A continuación, abrimos un pequeno tempo de debate sobre as ideas

presentadas. Previamente elixiuse un moderador que debe facer respectar as veces de fala

e controlar o tempo de cada intervención.

— Cada un dos alumnos redacta as conclusións ás que chegou tras o debate.



 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

A partir desta proposta fácil e divertida reforzamos o vocabulario relacionado coa saúde e as

doenzas.

O ENFERMO IMAXINARIO: xogamos a diagnosticar doenzas e procuramos o médico



especialista que debe atendela e mais o seu remedio.



— Cada alumno, un despois doutro e dende un punto da aula en que todos poidan velo,

simula sen falar –só poden empregar acenos– unha determinada dor ou problema de

saúde.

— O resto dos compañeiros teñen que diagnosticar o mal que sofre o doente e envialo ao

médico especialista axeitado.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 11 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS







GRAMÁTICA

Con esta actividad trabajamos el adjetivo desde varios enfoques.

OS ADXECTIVOS ENXEÑOSOS: traballamos todos os conceptos vistos na unidade sobre o

adxectivo.

— Cada alumno inventa oito adxectivos (catro de unha terminación e catro de dúas) e dálles

un significado.

— Pídeselles que escriban cada adxectivo nos seus diferentes graos.

— Para finalizar han de escribir unha historia relacionada coa aula na que inclúan os

adxectivos propostos. Unha vez escrita, cada alumno ha de lela en voz alta e dicir se cada

adxectivo inventado é explicativo ou especificativo.





ORTOGRAFÍA

Practicamos a acentuación gráfica.

UNHA HISTORIA DE TODOS: redactamos unha historia entre todos e imos



acentuando segundo cumpra.



— O profesor dá en voz alta a primeira palabra dunha historia. Cada un dos alumnos vai

engadindo, respectando a súa vez, unha palabra á historia. Segundo esta se desenvolve,

cada un dos alumnos vaina copiando no seu caderno e acentuando segundo as regras que

rexen o acento gráfico.

— No final, corríxese o texto entre todos.



 LITERATURA

Con esta actividade observamos se os alumnos recoñecen os recursos literarios estudados na unidade.



POEMAS, UN MAR DE PALABRAS: seleccionamos varios poemas e analizamos os recursos

literarios que empregan.

— Divididos en grupos os alumnos teñen que seleccionar tres poemas de tres autores

significativos dentro da literatura galega.

Lemos os poemas en voz alta e escollemos de entre eles os que máis nos

gustan. Analizamos os recursos literarios estudados e dos que se serven os

poemas seleccionados.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 12 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 4

A publicidade inza as nosas vidas dende cada un dos recantos do mundo moderno. A través

dos textos e actividades desta unidade procuramos que o alumno reflexione e sexa consciente

do mundo que o rodea; buscamos que comprenda os mecanismos de engado que pon en

marcha a engrenaxe publicitaria e así sexa un consumidor responsable.



I. OBXECTIVOS

 Recoñecer os anuncios e identificar os seus trazos definitorios.

 Identificar a linguaxe publicitaria e recoñecer os recursos que emprega.

 Ampliar o vocabulario relacionado coa vestimenta.

 Distinguir os determinantes e coñecer as súas formas e regras de emprego.

 Entender o concepto de acento diacrítico e identificar as palabras que o levan.

 Coñecer e valorar a literatura de tradición oral.



II. CONTIDOS



CONCEPTOS

 O anuncio.

 A publicidade.

 O vocabulario relacionado coa vestimenta.

 Os determinantes.

 O acento diacrítico.

 A tradición oral. A poesía.





PROCEDEMENTOS

 Elaboración de anuncios.

 Identificación dos elementos da comunicación publicitaria e dos principais recursos

publicitarios.

 Emprego do vocabulario relacionado coa vestimenta.

 Identificación dos determinantes e emprego correcto destes.

 Aplicación axeitada do acento diacrítico.

 Lectura, análise e interpretación de textos poéticos de tradición oral.





ACTITUDES

 Conciencia da importancia da linguaxe publicitaria na vida actual.

 Autoesixencia á hora de producir textos orais e escritos.

 Interese en mellorar e ampliar o léxico propio.

 Actitude reflexiva no emprego da lingua.

 Respecto pola tradición literaria e sensibilidade estética ante as producións literarias de

tradición oral.





III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 13 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Elaborar anuncios de forma adecuada e recoñecer a súa estrutura.

 Identificar os recursos que emprega a linguaxe publicitaria.

 Empregar axeitadamente o vocabulario relacionado coa vestimenta.

 Coñecer os determinantes e empregalos de maneira correcta.

 Distinguir as palabras que levan o acento diacrítico e empregalo correctamente.

 Analizar textos poéticos literarios de tradición oral.





IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Aprender a expresarse oralmente de forma adecuada e utilizar activamente as regras

propias do intercambio comunicativo en diferentes situacións. (C1, C5, C7)

 Entender unha mensaxe publicitaria e asimilar as súas características para discriminar a

información valiosa da que non o é. (C1, C5, C7)

 Recoñecer o vocabulario relacionado coa vestimenta e comprender a necesidade de valorar

o que temos e non malgastar e dilapidar sen necesidade. (C1, C3)

 Comprender as regras da concordancia entre substantivos e determinantes para interactuar

lingüisticamente dunha maneira axeitada. (C1, C5)

 Coñecer diferentes tipos de manifestacións literarias e relacionalas co seu contexto

histórico e social. (C1, C5, C6)



V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— DOMINGO BLANCO: A poesía popular en Galicia, Vigo, Xerais, 1993.

— DOROTHÉ SCHUBART e ANTÓN SANTAMARINA: Cantigas populares, Vigo, Galaxia, 1987.

 Música:

— VV. AA.: Cantigas de nadal, Do Fol Edicións, 1998.

 Páxinas web:



 . Poesía popular



 . Biblioteca de literatura infantil e xuvenil

 Outras ideas:

— Traballar a creatividade

— Análise de anuncios publicitarios

— A moda e as prendas de marca



VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS



Para que os alumnos reforcen o aprendido na unidade presentamos nesta dobre páxina unha

serie de actividades que enfocan dun xeito máis ameno e lúdico os contidos desenvoltos no

libro do alumno. Todos estes exercicios poñen de relevo a estreita relación existente entre o

aprendido nas aulas e a vida real.



 EXPRESIÓN ESCRITA



LECTURA

Partindo da lectura Quérote animamos os alumnos a analizar máis polo miúdo as situacións

onde expresamos algo completamente diferente ao que realmente queremos dicir.

FALARES RETRANQUEIROS: achegamos aos alumnos ao concepto de ironía.





LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 14 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



— Explicámoslle aos alumnos en que consiste a retranca ou ironía (habilidade de falar con

segundas intencións, en especial cando se procura unha graza intencionada no que se di).

— Repartímoslles algunhas das ―Cousas‖ de Castelao para que as analicen tendo en conta a

ironía implícita nelas.

— Pedímoslles que redacten individualmente que amosa a ―Cousa‖ que lles tocou e que

entenden que é o que o autor realmente quería poñer de relevo.

FAINO TI

Procuramos que os alumnos teñan sentido crítico á hora de interpretar a publicidade.

1º E.S.O., AXENCIA DE PUBLICIDADE: creamos e analizamos anuncios.

— Os alumnos, por parellas, teñen que crear un anuncio que fomente a reciclaxe de residuos,

o aforro de auga ou o coidado do medio ambiente.

— Cada parella presenta a súa campaña publicitaria en forma de banda deseñada.

— Toda a aula analiza cales son os elementos publicitarios que mudan dun anuncio a outro,

así como os principias recursos de que se valen.

— Entre todos escóllese o mellor e unha vez coloreado e rematado pode fixarse na cortiza ou

na parede da aula.





 COMUNICACIÓN

Reforzamos a comprensión da linguaxe e dos mecanismos publicitarios.

O ENGADO DA PUBLICIDADE: analizamos anuncios publicitarios de distintos medios de

comunicación.

— O profesor preséntalle aos alumnos unha campaña publicitaria dun determinado produto en

todos os seus soportes: radio, televisión, prensa escrita, carteis publicitarios, etcétera.

— Por grupos, centrándose nun medio cada un deles, estudan todos os elementos e recursos

que aparecen na campaña.

— Cada grupo expón o traballo realizado e debátese se a campaña publicitaria vai ser

efectiva, está ben calculada, a que público se dirixe, etcétera.





 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

Queremos que o alumno traballe o léxico relacionado coa vestimenta e á vez desenvolva a

técnica a descrición.

OS VESTIDOS DO PERSONAXE: describimos cómo viste un personaxe inventado.

— Cada alumno imaxina e crea un personaxe (pode ser un rapaz ou unha rapaza ou un

adulto).

— Teñen que facer varias descricións do personaxe (salientando, sobre todo, como viste)

situándoo en lugares diferentes e en cada unha das estacións do ano.

— Deben utilizar o máximo número de prendas de vestir posible.

— Para rematar cada alumno lee as súas descricións en voz alta.

GRAMÁTICA

Salientamos a importancia dos determinantes e as diferenzas existentes entre eles.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 15 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



CATRO VELLOS MARIÑEIROS, TODOS METIDOS NUN BOTE: intercambiamos



determinantes.



— O profesor pode propoñer unha canción popular coñecida por todos. Os alumnos escríbena

no seu caderno despois de cantala e subliñan os determinantes que haxa nela.

— A continuación cada un dos alumnos muda os determinantes: demostrativos por numerais,

artigos por indefinidos, etcétera.

— Analízanse as diferenzas que provocaron na canción estas mudanzas.

ORTOGRAFÍA

Con esta actividade reforzamos o coñecemento dos pares diferenciados por medio do acento

diacrítico.

QUEDEI PRESA POR IR ÁS PRÉSAS POLA PÓLA: creamos trabalinguas baseados en pares



de palabras diferenciados polo acento diacrítico.



— Propoñémoslles aos alumnos crear trabalinguas con pares de palabras diferenciados polo

acento diacrítico.

— Lenos en voz alta prestando especial atención ao significado e á pronuncia cando cumpra.





 LITERATURA

Consolidamos o concepto de poesía de tradición oral e achegamos aos alumnos as festas e

costumes populares.

CALENDARIO DE FESTAS: procuramos cantigas para cada unha das festas do ano.

— Por grupos os alumnos teñen que investigar as diferentes festas que se celebran en Galicia

e mais a época do ano en que teñen lugar. A continuación, pídeselles que procuren unha

cantiga representativa de cada unha delas.

— Cada grupo presenta aos compañeiros o traballo realizado e as cantigas que recolleron.

Coas mellores cantigas representativas de cada unha das festas e labores,

creamos un calendario de labores e festas que reproducimos nunha cartolina e

podemos pegar nunha das paredes da aula.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 16 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 5

Vivimos nun mundo en constante transformación caracterizado polo protagonismo adquirido

polos medios de comunicación e mais pola inxente cantidade de información que recibimos a

diario. Os alumnos deben coñecer como se organiza e se nos presentan as novas a través do

estudo dos xornais, fomentando neles o sentido crítico para que comprendan a información que

están a recibir.

I. OBXECTIVOS

 Coñecer e comprender a estrutura da portada dun xornal.

 Interpretar a información que fornece unha noticia e recoñecer as características e a

estrutura desta.

 Ampliar o vocabulario relacionado cos alimentos e bebidas.

 Coñecer as formas do pronome.

 Distinguir as palabras que se grafan con b e as que se grafan con v.

 Coñecer e valorar os textos narrativos de tradición oral.



II. CONTIDOS



CONCEPTOS

 A portada do xornal.

 A noticia periodística.

 O vocabulario relacionado cos alimentos e bebidas.

 O pronome.

 O uso das letras b e v.

 A tradición oral. A narrativa.





PROCEDEMENTOS

 Análise e elaboración de portadas de xornais.

 Estudo das características e estrutura dunha noticia.

 Uso do léxico relacionado cos alimentos e bebidas.

 Identificación de pronomes.

 Escritura de palabras con b e con v.

 Lectura, análise e interpretación de textos narrativos de tradición oral.





ACTITUDES

 Conciencia da importancia dos medios de comunicación escritos.

 Interese en ampliar e mellorar o propio vocabulario.

 Coidado e autoesixencia á hora de escribir con corrección.

 Valoración da tradición literaria.

 Sensibilidade estética ante as producións literarias de tradición oral.





III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN





LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 17 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Elaborar portadas dos xornais seguindo uns criterios determinados.

 Recoñecer as características e a estrutura das noticias.

 Empregar de xeito correcto o vocabulario relacionado cos alimentos e bebidas.

 Identificar as formas do pronome e substituír correctamente substantivos por pronomes.

 Empregar axeitadamente palabras con b ou v.

 Analizar textos narrativos de tradición oral.





IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Analizar e comprender unha noticia oral e escrita para axudalos na discriminación da

información valiosa da que non o é. (C1, C7)

 Utilizar os medios tecnolóxicos máis avanzados de busca de información para obter datos

fundamentais á hora de elaborar unha noticia. (C1, C4, C7)

 Integrar nos diferentes textos as normas ortográficas relativas ás palabras que se escriben

con b e v co obxectivo de interactuar lingüisticamente da maneira máis efectiva (C1, C5)

 Analizar manifestacións literarias, como fragmentos de contos tradicionais, e desenvolver un

sentido estético que permita valoralas, emocionarse con elas e gozalas. (C1, C6, C7, C8)





V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ REBOREDO: Lendas galegas de tradición oral, Vigo, Galaxia,

1997.

— XOSÉ MIRANDA, ANTONIO REIGOSA e XOÁN RAMIRO CUBA: Pequena mitoloxía de Galicia,

Vigo, Xerais, 2001.

— MANUEL QUINTÁNS SUÁREZ: Antoloxía de contos populares de Galicia, A Coruña, Tambre,

1992.

 Filmes:

— Sempre Xonxa, de CHANO PIÑEIRO. España, 1989.

 Outras ideas:

o Debate sobre a prensa rosa

o A dieta mediterránea

o Taller de contacontos





VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Co fin de que os alumnos reforcen o aprendido, propoñemos unha serie de actividades que se

achegan aos contidos desenvoltos na unidade dun xeito máis ameno e dinámico. Estes

exercicios procuran tamén salientar a conexión entre o traballado nas aulas e mais o mundo

real.

 EXPRESIÓN ESCRITA

LECTURA

Procuramos que os alumnos coñezan a fondo e de forma práctica como funciona un xornal.

O MUNDO EN PALABRAS: visitamos un medio de comunicación escrito da zona.





LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 18 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



— Preparamos a visita dos alumnos a un xornal local.

 Os alumnos investigan por grupos sobre os xornais da súa zona: a súa tiraxe, como

presenta a información, que temas adoita destacar, etcétera.

— Realizamos a visita ao xornal e pedímoslle á persoa que nos guíe que explique

especialmente aquelas cuestións que foron desenvolvidas polos alumnos con

anterioridade.

— Unha vez finalizada a visita pedímoslles os alumnos que redacten por escrito as súas

impresións.

FAINO TI

Queremos que os alumnos saiban distinguir o que é unha noticia do que non.

CARAPUCHIÑA VERMELLA E O GALO KIRIKO NAS PRIMEIRAS DE TODOS OS XORNAIS:

confeccionamos portadas de xornal.

— Repartimos entre os alumnos, divididos en grupos, contos tradicionais e pedímoslles que

transformen en noticia de primeira páxina aquilo que lles pareza máis salientable da

historia.

— Cada grupo selecciona as noticias e confecciona as portadas de xornal deixando espazo

para as imaxes.

— Os alumnos debuxan ou procuran fotos para ilustrar as noticias.

— Unha vez rematadas as portadas podemos penduralas nun sitio visible da aula.





 COMUNICACIÓN

A través de la selección de noticias de prensa intentamos crear nos alumnos hábitos de lectura

de revistas, diarios e demais publicacións periódicas.

HEMEROTECA PERSOAL: seleccionamos e analizamos as novas que se publican nun xornal.

— Os alumnos deben ler durante unha semana o xornal que eles decidan e escolmar unha

noticia diaria.

— As noticias escolleitas deben ser pegadas nos seus cadernos e analizadas, salientando a

estrutura da noticia e as características desta.

— Nunha das marxes do caderno é importante que confeccionen un pequeno glosario con

aquelas palabras que non entendan e que procuraremos no dicionario.

— Entre todos podemos comentar aquelas novas que máis nos chamaron a atención.





 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

Empregamos noutros contextos o vocabulario relacionado cos alimentos e bebidas.

OÍDO COCIÑA!: elaboramos un receitario.



— Entre todos, procuramos unha serie de pratos sinxelos dos que os alumnos coñezan a

preparación e todos os ingredientes.

— Cada alumno escolle un prato e elabora a súa receita facendo constar os ingredientes e

mais o modo de preparación e ilustra cun pequeno debuxo á marxe a súa proposta.

— Xuntamos todas as receitas formando un receitario.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 19 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



GRAMÁTICA

Reforzamos a aprendizaxe dos pronomes persoais a través da identificación destes nun texto

dialogado.

PESCANDO PRONOMES: o pronome persoal tónico e átono.



— Pedímoslles aos alumnos que escriban un diálogo onde aparezan todas as formas

aprendidas do pronome persoal.

— Intercambian entre eles as redaccións.

— Cada un no diálogo escrito polo compañeiro ten que subliñar as formas do pronome que

este empregou e indicar á marxe as que faltan.

ORTOGRAFÍA

Empregamos o dicionario para procurar parellas de palabras homofónas.

VAGO OU BAGO?: pares de palabras que se diferencian pola grafía.



— Coa axuda do dicionario os alumnos teñen que procurar dez pares de palabras que se

diferencien por empregar b ou v.

— Facemos unha listaxe con todas as palabras atopadas explicando o significado da cada

unha delas.

— Os alumnos escriben oracións con estas palabras nas que fica claro o significado destas.





 LITERATURA

Profundamos no estudo dos contos e das lendas.

ISO SONCHE CONTOS!: achegámoslles aos alumnos os contos e lendas máis importantes da

tradición oral galega.

— Seleccionamos algúns dos contos e lendas máis representativos da tradición oral galega.

— Lémosllelos aos alumnos e pedímoslles que vaian anotando as características máis

importantes, os personaxes, os trazos destes, etcétera.

Cada alumno indica cal foi o que máis lle gustou e debe redactar un pequeno

resumo da historia oída, no que xustifique se se trata dun conto ou dunha

lenda. Con respecto aos personaxes podémoslles pedir que realicen un debuxo

do que máis lles gustara e que neste fagan constar as característica principais

do personaxe.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 20 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 6

Observar o que nos rodea, o lugar e a xente, e logo traducir en palabras o que albiscamos é o

primeiro paso para o coñecemento, para o estudo e polo tanto, para o valoración xusta das

cousas. Cos contidos que desenvolvemos nesta unidade pretendemos dotar os alumnos de

estratexias para dominar a arte da descrición, fotografar con palabras aquilo que nos determos

a ollar.



I. OBXECTIVOS

 Recoñecer e saber elaborar instrucións claras e precisas.

 Entender en que consiste unha descrición e coñecer os distintos tipos existentes.

 Coñecer o vocabulario relacionado coa vivenda.

 Identificar o verbo como clase de palabra, comprender a información que nos fornece e

saber conxugalo.

 Aprender as regras de uso das palabras que conteñen h.

 Achegarse á poesía e coñecer as súas características formais.



II. CONTIDOS



CONCEPTOS

 As instrucións.

 A descrición.

 O vocabulario relacionado coa vivenda.

 O verbo.

 O uso da letra h.

 A poesía





PROCEDEMENTOS

 Redacción de instrucións.

 Elaboración de diferentes tipos de descricións.

 Emprego do vocabulario relacionado coa vivenda.

 Identificación de verbos, conxugación correcta destes e recoñecemento da información que

nos fornecen.

 Escritura de palabras que conteñen h.

 Lectura, análise e interpretación de poemas.





ACTITUDES

 Interese en coñecer e saber empregar con corrección so diferentes tipos de textos.

 Consciencia da importancia de mellorar e ampliar o vocabulario.

 Coidado á hora de conxugar verbos e interese en facelo con corrección.

 Valoración do feito de escribir correctamente os propios textos.

 Respecto pola tradición literaria e interese en coñecer textos poéticos.





III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 21 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Elaborar instrucións e coñecer as súas características.

 Identificar a descrición coma una clase de texto concreto e diferenciar os seus tipos.

 Empregar de xeito correcto o vocabulario relacionado coa vivenda.

 Coñecer as formas verbais e conxugalas axeitadamente.

 Escribir correctamente palabras con h.

 Ser quen de analizar poemas e coñecer os principais cultivadores do xénero en lingua

galega.





IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Asimilar os coñecementos básicos da unidade e expresalos correctamente de forma oral e

escrita. (C1, C7)

 Coñecer novas formas de expresión escrita, como as instrucións e ser quen de adaptarse a

situacións comunicativas diferentes segundo o contexto social e cultural. (C1, C5, C7)

 Utilizar a linguaxe escrita para describirse a un mesmo e desta maneira contribuír ao

desenvolvemento da autoestima e da confianza propia. (C1, C8)

 Aplicar ao estudio do verbo as adecuadas técnicas e destrezas de traballo intelectual,

integrar os coñecementos adquiridos con xa existentes, así como elaborar conclusións e

sínteses de forma autónoma e creativa. (C1, C7)

 Recoñecer os elementos que se utilizan na creación de poemas para ser competente na

elaboración e utilización de distintos tipos de textos con intencións comunicativas ou

creativas diversas. (C1, C6, C7)



V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO e outros: Poetas e narradores nas súas voces,

Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Arquivo Sonoro de Galicia,

2001.

— CARLOS L. MEDRANO: 50 xogos de lingua. Técnicas de comunicación oral e escrita,

Vigo, Xerais, 1994.

— _____: Outros xogos de lingua, Vigo, Xerais, 1998.

 Páxinas web:

i. . Turismo de Galicia

 Outras ideas:

— Debate: cidade ou aldea

— Traballar a descrición a través do debuxo ou a pintura

— Taller de poesía



VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

A través desta dobre páxina intentamos que os alumnos completen os conceptos adquiridos na

unidade. Mediante os exercicios propostos pretendemos espertar o interese dos alumnos por

coñecer aspectos cotiás dende unha perspectiva científica.



 EXPRESIÓN ESCRITA



LECTURA

Con este exercicio pretendemos que os alumnos analicen a situación que teñen que afrontar

homes e mulleres ao ter que emprender unha nova vida fora do seu páis ou ao convivir con

unha maioría diferente da súa raza ou relixión.



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 22 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES: traballamos o respecto á diferenza.

— Invitar á aula a algunha persoa doutra raza (diferente á da maioría), relixión ou país (se hai

algún inmigrante, persoa doutra raza ou relixión na aula, pode axudarnos) para que conte

as súas experiencias.

— Previamente os alumnos prepararon preguntas do tipo: cales foron as razóns polas que te

fuches do teu país?, sénteste diferente?, cres que te atopas nunha sociedade racista e

xenófoba?...

— Finalmente establécese un debate e extráense unhas conclusións que se escriben no

encerado.

FAINO TI

Con este exercicio reforzamos a compentencia do alumno á hora de dar e comprender

instrucións.

RESPECTAMOS O MEDIO AMBIENTE: redactamos pequenas instrucións que nos orientan na

reciclaxe e aforro de elementos naturais.

— Entre todos procuramos hábitos e actividades que desenvolvidas con constancia na nosa

casa axuden a conservar o medio ambiente: reciclaxe de papel, vidro e plástico; aforro de

auga e de enerxía eléctrica, etcétera.

— Os alumnos elaboran textos instrutivos nos que de xeito sinxelo se explica como acadar

estes obxectivos.



 COMUNICACIÓN

Queremos que os alumnos desenvolvan amplamente a técnica de describir persoas ou cousas

utilizando determinados recursos lingüísticos.

TI, QUE ME ACOMPAÑAS CADA DÍA...: realizamos un retrato do noso compañeiro.

— Cada alumno ten que realizar un retrato por escrito de un dos seus compañeiros sen que

conste o nome e no que se inclúan tanto os trazos físicos coma os psicolóxicos.

— Lemos os retratos realizados en voz alta e intentamos saber a quen corresponden, de xeito

que se converta nun criterio para escoller os mellores retratos.

— Analizamos as diferenzas que existen entre como nos vemos e como nos ven os demais.

— Cada alumno pode ser agasallado co retrato feito polo seu compañeiro.





 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

A través deste exercicio ampliamos o vocabulario relacionado coa vivenda.

PROFESIONAIS DA CONSTRUCIÓN: procuramos o profesional axeitado para deseñar e



construír unha casa.



— Entre todos proxectamos construír unha vivenda e para iso debemos contratar os

profesionais axeitados para cada traballo.

— Os alumnos deben ir indicando ordenadamente no encerado (remuíño de ideas) o

profesional que necesitamos e mais o labor que vai desenvolver.

— Entre todo revisamos se a listaxe é completa e se os traballadores escolleitos acáenlle ben

ao labor que queremos que desenvolvan.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 23 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



GRAMÁTICA

Profundamos no estudo do verbo mediante o traballo coas formas verbais dun texto escrito.

EU XOGO, TI XOGAS: traballamos os verbos dun texto.



— O profesor escolle un pequeno texto que lles presenta aos alumnos, previamente divididos

en grupos. A cada grupo encoméndalle mudar un trazo determinado relacionado coa

morfoloxía verbal: a persoa, o número, o tempo, o modo ou o aspecto.

— Lense en voz alta os textos resultantes e analízanse as formas verbais empregadas e

como mudou o significado do texto.

ORTOGRAFÍA

Reforzamos o emprego do h.

SOPA DE HACHES: realizamos sopas de letras con palabras que se escriban con h.



— Os alumnos procuran no dicionario o maior número posible de palabras que se grafen coa

letra h.

— Realizan cadansúa sopa de letras incluíndo estas palabras que han de resolver os seus

compañeiros. Estes últimos han de indicar o significado de todas as palabras que atopen

na proposta do seu compañeiro.



 LITERATURA

Profundamos no estudo da poesía galega.

POETAS NAS SÚAS VOCES: escoitamos algún poema lido polo propio autor e comentámolos.

— O profesor selecciona previamente os textos que quere que os alumnos escoiten.

— Achegámoslles os poemas aos alumnos, primeiro na voz do poeta as veces que cumpra e

a continuación por escrito.

— Analizamos entre todos aqueles aspectos máis salientables en canto á forma e recursos

que emprega o poema.

Pedímoslles aos alumnos que realicen por escrito un pequeno traballo sobre o

autor e a súa obra.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 24 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 7



Nesta unidade achegámonos ao tema do paso do tempo dende diferentes perspectivas: os

obxectos que fican obsoletos, as persoas que envellecen, as modas que pasan, etcétera. Os

alumnos teñen que aprender a respectar e considerar un valor engadido os sucos que o tempo

vai deixando tanto nas cousas coma nas persoas.



I. OBXECTIVOS

 Saber redactar un diario.

 Recoñecer as características definitorias da narración e mais a súa estrutura.

 Coñecer e empregar o vocabulario relacionado co mobiliario.

 Saber conxugar os verbos atendendo á súa conxugación e coñecer as perífrases verbais.

 Diferenciar entre verbos regulares e irregulares.

 Empregar correctamente as letras c, z, g, os dígrafos qu, gu e a diérese.

 Coñecer e identificar o conto coma xénero literario.



II. CONTIDOS



 CONCEPTOS

 O diario.

 A narración.

 O vocabulario relacionado co mobiliario.

 O verbo II.

 O uso das letras c, z, g, dos dígrafos qu, gu e da diérese.

 O conto.





PROCEDEMENTOS

 Redacción dun diario.

 Identificación dos elementos e da estrutura que definen a narración.

 Utilización do vocabulario relacionado co mobiliario.

 Conxugación dos verbos regulares e irregulares e uso das perífrases verbais.

 Emprego correcto das letras c, z, g, dos dígrafos qu, gu e da diérese.

 Lectura, análise e interpretación de contos.





ACTITUDES

 Interese por coñecer e empregar correctamente os diferentes tipos de texto.

 Esforzo por mellorar e empregar axeitadamente o vocabulario.

 Coidado e interese no emprego dos verbos e das perífrases.

 Autoesixencia á hora de escribir con corrección.

 Interese por coñecer a tradición literaria e sensibilidade estética cara a ela.





III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 25 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Escribir un diario e coñecer os elementos que o caracterizan.

 Recoñecer narracións e identificar as súas características e mais a súa estrutura.

 Utilizar correctamente o vocabulario relacionado co mobiliario.

 Coñecer as conxugacións verbais e as perífrases. Diferenciar entre verbos regulares e

irregulares.

 Empregar con corrección as letras c, z, g, os dígrafos qu, gu e a diérese.

 Identificar e ler contos e coñecer as súas características principais.





IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Coñecer diferentes tipos de textos lingüísticos, como o diario, co obxectivo de coñecerse e

contribuír ao desenvolvemento da autoestima e a confianza propia. (C1, C7)

 Coñecer as normas ortográficas de uso e aplicalas a calquera tipo de texto lingüístico para

interactuar lingüisticamente duna maneira axeitada. (C1, C5)

 Asimilar o vocabulario relacionado co mobiliario e integralo nas producións orais e escritas

adaptadas a situacións comunicativas determinadas. (C1, C5, C7)

 Aplicar ao estudo do conto as axeitadas técnicas e destrezas de traballo intelectual,

integrar os coñecementos adquiridos cos xa existentes, así como elaborar conclusións e

sínteses de forma autónoma e creativa. (C7, C8)



V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— ANA BERMÚDEZ e ANTONIO COLMENERO: Prácticas de lingua, Vilaboa, Edicións do Cumio,

1995.

— AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ: Contos por palabras, Vigo, Xerais, 1992.

— XOSÉ FEIXÓ CID: Exercicios de lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 2004.

— ANA FRANK: O diario de Ana Frank, Pontevedra, Kalandraka, 2004.

 Filmes:

— El diario de Ana Frank, de GEORGE STEVENS. EE. UU., 1959.

 Outras ideas:

o O paso do tempo na literatura (textos máis representativos) e a arte

o Taller de escritura: o conto fantástico



VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS



Nas páxinas que se presentan a continuación propoñemos unha serie de actividades coas que

o alumno pode completar o aprendido na unidade. Falar cunha persoa xubilada ou ter a

oportunidade de escoitar un contacontos en directo son dúas das propostas que aparecen.

Desta maneira, intentamos espertar o interese dos alumnos pola lingua e a literatura dunha

forma amena e divertida.





 EXPRESIÓN ESCRITA

LECTURA

A través dos testemuños dunha persoa xubilada axudamos os alumnos a profundar no

concepto paso do tempo.

UNHA SEGUNDA VIDA: investigamos sobre as persoas cando chegan á fin da súa vida

laboral.





LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 26 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



— Pedimos aos alumnos que investiguen no seu contorno e fagan unha pequena entrevista a

unha persoa que chegara á fin da súa vida laboral.

— Podemos facerlle preguntas do tipo: como transcorre o seu día a día?, cales son os seus

sentimentos?, como lle afectou a fin da súa vida laboral?, en que ocupa agora o seu

tempo?, etcétera.

— Lense as entrevistas en voz alta. Podemos invitar a algunha das persoas entrevistadas a

que comparta unha hora coa aula e explique aos alumnos aquelas cuestións que máis lles

interesen.

FAINO TI

Con esta actividade reforzamos as destrezas que á hora de escribir xa posúen os alumnos.

DIARIO DUN ESPERTADOR VERMELLO: escribimos o diario de varios obxectos cotiáns.

— Pedímoslles aos alumnos que nomeen obxectos que se empreguen a diario na súa casa

(preferiblemente os que teñan más uso) e que escollan un deles. Os alumnos teñen que

realizar o diario persoal dun día do obxecto que escolleron.

— Lémolos en voz alta e analizamos a súa estrutura.





 COMUNICACIÓN

Queremos que os alumnos teñan soltura á hora de narrar unha historia; este exercicio é unha

proposta doada para alcanzar ese obxectivo.

ÁLBUM DE FAMILIA: transformamos fotos familiares en narracións.

— Pedímoslles aos alumnos que escollan e traian á aula unha foto familiar.

— Propoñémoslles que creen unha narración, real ou inventada, baseándose na fotografía.

Esta debe estar narrada por unha voz en terceira persoa e debe posuír todos os elementos

que caracterizan a narración: personaxes, tempo, espazo e acción. Alén disto, ten que

respectar tamén a estrutura narrativa e contar cunha introdución, un nó e mais o

desenlace.

— Ao lado de cada narración podemos pegar unha copia da foto escolleita e despois cada

alumno le o seu texto. Entre todos, escollemos os que máis nos gustaron e podemos

penduralos na cortiza da aula.





 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

Ampliamos o vocabulario relacionado co mobiliaro a través da identificación de palabras cos

seus referentes.

A CASA DE BONECAS: debuxamos as diferentes habitacións dunha casa co seu mobiliario



correspondente.



— Cada alumno debe elixir unha estancia da casa.

— Nun papel ou cartolina deberá debuxar esa parte de la casa e máis todos os mobles que

sitúen nela. Ao lado de cada un dos obxectos que engadan deben poñer o seu nome.

— Unha vez rematado o traballo eliximos de entre todos os traballos máis completos e os

pegamos nun papel maior onde previamente estará bocexada a silueta dunha casa.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 27 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



GRAMÁTICA

Insistimos no estudo do verbo a través da análise dos mesmos incluídos en textos de lectura

cotiá.

Á PROCURA DOS VERBOS E PERÍFRASES: subliñamos os verbos e perífrases dun texto e



clasificámolos.



— O profesor escolle varias reportaxes tiradas dunha revista que lles entrega aos alumnos,

organizados en grupos.

— Nos textos teñen que subliñar todos os verbos que atopen, indicando a que conxugación

pertencen e se son regulares ou irregulares. O mesmo deben facer coas perífrases,

subliñalas e indicar de que tipo son.

— A continuación, pídeselles que muden o tempo dos verbos: que poñan todo en presente, en

pasado ou ben en futuro.

ORTOGRAFÍA

Salientamos a importancia do emprego correcto das letras, dos dígrafos e da diérese.

ENCHENDO OCOS: completamos un texto.



— Entregámoslles aos alumnos un texto no que non consten as letras c, z, g, os dígrafos qu-

e gu- e mais a diérese. Pedímoslles que completen o texto coas letras axeitadas e a

diérese cando cumpra.





 LITERATURA

Con esta actividade reforzamos o estudado na unidade sobre o conto e achegamos os

alumnos á figura do contacontos.

ESTE É UN CONTO LONGO: investigamos sobre o conto coma xénero literario e asistimos á

representación dun contacontos.

— Repartimos entre os alumnos, previamente divididos en grupos, algúns dos contos máis

representativos de varios autores de diferentes épocas da literatura galega. Pedímoslles

que procuren as características destes e que elaboren un pequeno traballo introdutorio

sobre a tradición contística e os seus principais cultivadores.

Podemos organizar un encontro cun contacontos para que primeiro responda

as preguntas que lles foran xurdindo aos rapaces a raíz do traballo realizado

sobre os contos e, a continuación, relate algún contiño.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 28 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 8

Considerada por algúns como a novena arte, a banda deseñada, foi gañando a pulso un lugar

entre os xéneros literarios. Nesta unidade achegámonos ao cómic e traballamos cos seus

elementos para que os alumnos aprendan a valorar coma unha narración de seu este xénero

que, asemade, constitúe unha magnífica ponte entre a literatura e o cinema.



I. OBXECTIVOS

 Coñecer como se estrutura e elabora un guión.

 Identificar os elementos que caracterizan o cómic.

 Coñecer o vocabulario relacionado coa paisaxe urbana.

 Recoñecer os adverbios e clasificalos.

 Comprender as diferenzas entre a preposición e a conxunción.

 Saber empregar correctamente as letras r / rr e s / x.

 Coñecer a novela e identificar as súas características e subxéneros.



II. CONTIDOS



CONCEPTOS

 O guión.

 O cómic ou banda deseñada.

 O vocabulario relacionado coa paisaxe urbana.

 O adverbio. A preposición e a conxunción.

 O uso das letras r / rr e s / x.

 A novela.





PROCEDEMENTOS

 Lectura e elaboración dun guión.

 Identificación dos elementos que caracterizan o cómic.

 Emprego do vocabulario relacionado coa paisaxe urbana.

 Recoñecemento e clasificación de adverbios e locucións adverbiais.

 Identificación de preposicións e locucións preposicionais.

 Identificación e clasificación de conxuncións e locucións conxuntivas.

 Escritura de palabras con r, rr, s e, x.

 Lectura de fragmentos de novelas e identificación dos diferentes subxéneros.





ACTITUDES

 Interese en coñecer novos tipos de textos e as súas características.

 Curiosidade por comprender novas técnicas expresivas.

 Coidado e corrección no emprego do léxico.

 Valoración do feito de escribir correctamente.

 Sensibilidade estética cara á propia tradición literaria.





LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 29 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Respecto pola tradición literaria e interese por coñecer as características da novela.





III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 Elaborar o guión dun cómic seguindo unhas determinadas pautas.

 Identificar os elementos que caracterizan o cómic.

 Empregar axeitadamente o vocabulario relacionado coa paisaxe urbana.

 Recoñecer os diferentes tipos de adverbios e empregalos adecuadamente.

 Identificar preposiciones e locucións preposicionais, e clasificar conxuncións e locucións

conxuntivas.

 Grafar correctamente palabras con r, rr, s e x.

 Identificar as características da novela e coñecer os subxéneros que se poden establecer

dela.





IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Aprender a expresarse oralmente de forma adecuada e utilizar activamente as regras

propias do intercambio comunicativo en diferentes situacións. (C1, C5)

 Conseguir información para elaborar un guión e convertelo en coñecemento, utilizando as

modernas tecnoloxías da información e a comunicación. (C1, C4, C7)

 Asimilar o vocabulario relacionado coa paisaxe humana e ser consciente dos cambios que a

actividade humana produce sobre o medio ambiente, a saúde e a calidade de vida das

persoas. (C1, C3)

 Recoñecer e valorar diferentes manifestacións literarias: fragmentos de contos e de

novelas e utilizalas como fonte de arrequentamento e pracer. (C6, C8)



V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ: Para lermos cómics, Santiago de Compostela, Consellería de

Cultura, 1989.

— XAQUÍN MARÍN: O abc do cómic, A Coruña, Bahía, 1995.

— XOÁN CARLOS PÉREZ LEIRA: Isto é a Galega, Vigo, Xerais, 1995.

 Filmes:

— O bosque animado, de ÁNGEL DE LA CRUZ e MANUEL GÓMEZ. España, 2001.

 Outras ideas:

— A linguaxe do cómic e a linguaxe do cine

— Ideas para unha cidade limpa, sen contaminación

— A novela de ciencia ficción



VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

A seguir, incluímos unha serie de actividades onde reforzamos os contidos xa traballados na

unidade. Procuramos que sexan propuestas onde se salienta a utilidade do aprendido na aula

no día a día do alumno e, á vez, están enfocados dende unha perspectiva amena e lúdica.





 EXPRESIÓN ESCRITA

LECTURA

A presenza dun autor de cómics na aula explicando como é o seu traballo é unha boa forma de

afondar no concepto de banda deseñada.

LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 30 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



O FACEDOR DE CÓMICS: traballamos o concepto de cómic da man dun autor.

— Invitar á aula a un autor de cómics e realizar un coloquio con el.

— Os alumnos preparan preguntas previamente sobre o feito de elaborar cómics (como

xorde a idea?, dás máis importancia á historia ou aos debuxos?, que tipo de cómic se

vende máis?...).

— Pídeselle á persoa invitada que leve algún recursos para ensinar a crear cómics.

FAINO TI

Con este ameno exercicio fixamos os contidos desenvolvidos sobre o guión e as súas

características.

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN!: elaboramos o guión dunha curtametraxe.

— Os alumnos, distribuídos en grupos de catro ou cinco, idean a historia para unha

curtametraxe e planifican todos os elementos característicos dela: número de viñetas, tipos

de imaxe, texto, etcétera.

— A continuación pasan as ideas e a historia a viñetas nunha cartolina, engadindo tamén o

texto dos diálogos, onomatopeas, voz en off...

— Unha vez rematado podemos expoñer os guións nas paredes da aula.



 COMUNICACIÓN

A través dun traballo de campo afondamos no estudo dos elementos característicos da banda

deseñada.

O SALÓN DO CÓMIC: estudamos as características dos cómics.

 Cada un dos alumnos escolle un entre os cómics que máis lle gustan, intentando non

coincidir cos demais compañeiros.

 Sobre a banda deseñada escolleita fan un pequeno traballo no que indiquen as razóns

polas cales lles gusta, o autor, o ano de edición e un resumo breve das características do

cómic (a historia, viñetas, globos, cartelas...).

 Cos traballos e os cómics podemos facer unha pequena exposición e mantela durante

algúns días na aula para que outros compañeiros poidan vela.



 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

Empregamos noutros contextos o vocabulario relacionado coa paisaxe urbana.

FOTOGRAFAMOS CON PALABRAS UNHA RÚA: describimos con minuciosidade un lugar



dunha cidade.



 Pedímoslles aos alumnos que describan por escrito e con toda minuciosidade un lugar

dunha cidade ou vila que eles coñezan: a rúa onde viven, o lugar no que se atopa o

instituto, etcétera. A redacción debe ir acompañada dun debuxo, fotografía ou mesmo do

plano da cidade escollida.

 A continuación, os alumnos len en voz alta e por orde a súa redacción. O resto dos

compañeiros despois de escoitar a lectura teñen que tratar de adiviñar de que lugar se

trata.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 31 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS







GRAMÁTICA

A través da clasificación de adverbios e a inclusión destes en oracións facilitamos a

comprensión desta clase de palabra.

ADVERBIOS EN CADEA: traballar individualmente as clases de adverbios



 O profesor pide a un alumno que diga a circunstancia na que sucede unha acción (tempo,

lugar, modo...).

 O alumno ten que dicir un adverbio ou unha locución adverbial que exprese esa

circunstancia, construír unha oración con eles e dicila en voz alta.

 Cando termine pedímoslle ao alumno que elixa a un compañeiro e diga outra circunstancia.

A cadea segue ata que participan todos os alumnos.





ORTOGRAFÍA

Fixamos o emprego correcto de r / rr ou s / x mediante a elaboración de oracións.

A BEIRARRÚA ESAXERADA: creamos frases ou oracións onde aparezan r / rr e s / x.



 Cada alumno inventa unha frase ou oración onde estean presentes os dous pares de letras

que estamos a estudar.

 Por orde ditan a frase ou oración que construíron ao resto dos compañeiros e van

comprobando se estes a escriben correctamente.



 LITERATURA

Investigamos sobre as novelas máis importantes da literatura galega e lemos algún fragmento

delas.

PEQUENOS CRÍTICOS LITERARIOS: procuramos fragmentos de novelas representativas de

cada un dos subxéneros.

— Repartidos en grupos os alumnos teñen que procurar unha novela de aventuras, outra de

misterio e outra policial. O profesor tamén pode facer unha escolla previa de varios autores

e distribuílos entre os alumnos.

— Unha vez atopadas presentaránllelas aos seus compañeiros. Na exposición indicarán o

título da novela, unha pequena sinopse do seu argumento e lerán algún fragmento desta.

Escollemos, entre todos, aquelas que resultaron máis suxestivas e lémolas

enteiras. Despois da lectura podemos poñer en común e comentar se

responderon ou non ás nosas expectativas.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 32 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 9

O texto dramático por unha banda e o espectáculo teatral pola outra constitúen as dúas

facianas do complexa arte á que adoito nos referimos sinxelamente coa denominación de

teatro. Nesta unidade procuramos que os alumnos comprendan e reflexionen sobre as

diferenzas entre o xénero dramático e o espectáculo teatral e que albisquen a moita paixón que

se acubilla arredor do pano.

I. OBXECTIVOS

 Recoñecer o manifesto coma un tipo de texto e identificar as súas características.

 Identificar os tipos de diálogo e diferenciar entre o estilo directo e indirecto.

 Ampliar o vocabulario relacionado coa paisaxe rural.

 Distinguir oracións, recoñecer as súas partes.

 Coñecer as diferentes clases de oracións segundo a intención do falante.

 Empregar correctamente palabras con as letras n e ñ.

 Coñecer as características do xénero dramático.



II. CONTIDOS



CONCEPTOS

 O manifesto.

 O diálogo.

 O vocabulario relacionado coa paisaxe rural.

 A oración.

 O uso das letras n e ñ.

 O teatro





PROCEDEMENTOS

 Lectura de manifestos e identificación das súas características.

 Identificación de diferentes tipos de diálogo.

 Redacción de textos en estilo directo e estilo indirecto.

 Emprego do vocabulario relacionado coa paisaxe rural.

 Identificación de oracións e recoñecemento do suxeito e do predicado destas.

 Clasificación de oracións segundo a intención do falante.

 Escritura de palabras con n e ñ.

 Lectura e análise de fragmentos teatrais.





ACTITUDES

 Curiosidade por coñecer e analizar novos tipos de texto.

 Interese por coñecer as características do diálogo.

 Coidado e corrección á hora de empregar o estilo directo e o indirecto.

 Orde e precisión ao escoller e empregar o vocabulario.

 Importancia de la oración como vehículo de comunicación.

 Aprecio e sensibilidade estética polos textos dramáticos.



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 33 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS







III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 Elaborar manifestos seguindo unhas pautas determinadas.

 Escribir diálogos correctamente e diferenciar entre o estilo directo e o indirecto.

 Empregar adecuadamente o vocabulario relacionado coa paisaxe rural.

 Identificar oracións e recoñecer o suxeito e o predicado.

 Clasificar correctamente oracións segundo a intención do falante.

 Grafar correctamente palabras con n e ñ.

 Ler e analizar textos dramáticos e identificar as súas características.



IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Aprender a dialogar, a comunicarse e a relacionarse cos demais e co contorno co fin de

mellorar a convivencia e resolver conflitos. (C1, C5)

 Entender diferentes modelos textuais, como a elaboración dun manifesto, co obxectivo de

reforzar a comprensión da realidade, e organizar e autorregular o coñecemento e a acción

dotándoos de coherencia. (C1, C7)

 Entender a oración como vehículo fundamental na construción e comunicación do

coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento. (C1, C5)

 Obter información sobre o teatro, os textos dramáticos e os autores teatrais, utilizando os

medios de información e comunicación máis avanzados. (C1, C4)



V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— FINA CASALDERREY: Recursos teatrais para a expresión dramática na escola, Vigo,

Xerais, 1995.

— EULOXIO RUIBAL: Teatro infantil, Sada, Ediciós do Castro, 1991.

 Filmes:

— O soño dunha noite de San Xoán, de ÁNGEL DE LA CRUZ e MANUEL GÓMEZ.

España, 2005.

 Outras ideas:

— As declaracións de principios, de dereitos e as pugnas literarias a través

dos manifestos

— Traballar o diálogo a través de entrevistas

— Análise sintáctica de oracións

— Taller de máscaras



VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS





Nesta dobre páxina presentamos actividades que enlazan cos coñecementos da unidade,

amplíanos e afondan. Con propostas de lecturas dramatizadas, elaboración de manifestos ou

representación de textos teatrais poñemos en contacto aos alumnos con aspectos cotidiáns

dunha forma lúdica e divertida.



 EXPRESIÓN ESCRITA

LECTURA

Mergullámonos no mundo do teatro a través da lectura dramatizada dun texto teatral.





LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 34 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



SER OU NON SER: facemos unha lectura dramatizada.

— Dividimos a clase en grupos e eliximos varios textos dramáticos que se adecúen ao

número de alumnos por grupo.

— O profesor explica como é unha lectura dramatizada (hai que entoar adecuadamente,

seguir as anotacións do texto, dar realismo aos personaxes...).

— Antes de cada lectura ensinamos aos grupos a quecer a voz (facemos que mascamos

chicle exaxeradamente, pronunciamos o son m con la boca cerrada, o son s coa boca

aberta e devagariño, pasámonos a lingua por toda a cavidade bucal...).

— Para finalizar cada grupo le o seu texto dramático.

FAINO TI

A elaboración conxunta dun manifesto axuda os alumnos a coñecer a estrutura e

características deste tipo de escritos.

MANIFESTO DE 1º E.S.O.: elaboramos un manifesto.

— Os alumnos elaboran unha listaxe na que expoñen que esperan do nivel académico que

cursan, por que están alí, como deben actuar como grupo, etcétera.

— Analizamos as propostas entre todos e eliximos unha para cada un.

— Nunha cartolina, cada alumno escribe unha liña do manifesto nunha cor diferente. Lemos

en voz alta o resultado.





 COMUNICACIÓN

Comprobamos se os alumnos comprenden as diferenzas entre os distintos tipos de diálogo.

E DIXO O GATO...: empregamos diferentes tipos de diálogo.

— Presentámoslles aos alumnos unha situación comunicativa entre un gato e un rato na que

o segundo lle explica ao primeiro as razóns polas que non o debe comer.

— Dividimos a clase en grupos de catro ou cinco alumnos e pedímoslles que cada grupo

plasme a situación mediante un tipo de diálogo diferente: o gato entrevista ao rato, un

diálogo narrativo en estilo indirecto, un diálogo teatral, etcétera.

— Lemos os diferentes diálogos en voz alta e analizamos os elementos que caracterizan a

cada un deles e as diferenzas principais.





 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

Queremos que os alumnos identifiquen a paisaxe rural e os nomes dos elementos que a

compoñen.

ENTRE A VENDIMA E A CASTAÑEIRA: traballamos coa paisaxe rural.



— O profesor procura unha fotografía, cartel ou imaxe dunha determinada paisaxe rural.

Divide os alumnos en catro grupos e cada un deles ten que debuxar nunha cartolina a

paisaxe rural presentada polo profesor nunha estación do ano diferente. É importante que

os alumnos indiquen no mesmo debuxo os nomes dos elementos que o compoñen.

— Penduramos o traballo dos alumnos na parede e observamos os elementos que difiren.

— Cada alumno no seu caderno anota as palabras novas relacionadas coa paisaxe rural e

mais as súas definicións.







LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 35 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



GRAMÁTICA

Partindo da clasificación de oracións segundo a intención do falante e a división dos seus

constituíntes creamos oracións para formar un texto con sentido.

TEXTOS CON XEITO: traballamos coas oracións.



— Pedímoslles aos alumnos que creen un pequeno texto. O profesor dálles aos alumnos

indicacións concretas sobre como deben ser as oracións que compoñan o texto: a primeira

ten que ser desiderativa e cun suxeito en terceira persoa e singular e un predicado verbal,

a segunda impersoal... O texto debe ter sentido.

— Lemos en voz alta os texto e analizamos se cumpren os requisitos esixidos.

ORTOGRAFÍA

Traballamos co dicionario e reforzamos a correcta diferenciación entre n e ñ.

A CASA QUE CONSTRÚEN OS PAXAROS CHÁMASE?: palabras con n ou con ñ.



— Dividimos aos alumnos en dous grupos. Coa axuda do dicionario cada grupo debe procurar

as definicións de varias palabras que se grafen con n e con ñ.

— Por orde, un grupo debe propoñerlle ao outro unha definición para que este adiviñe a

palabra correcta. Cada resposta acertada vale un punto e gañará o grupo que acumule

máis puntos.



 LITERATURA

Profundizamos nas características dos textos tetrais a través da elaboración dun pequeno texto

dramático e a súa representación.

PURO TEATRO: elaboramos un texto dramático.

— Os alumnos divididos en grupos redactan un pequeno texto dramático. Teñen que ter en

conta a estrutura dunha obra teatral (actos, cadros, escenas, personaxes, anotacións,

escenografía, vestiario).

— O profesor revisa os textos e pode analizar cos alumnos as características destes.

Cada grupo representa na aula para os seus compañeiros o texto que realizou.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 36 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 10

Aprender a relacionarnos e a convivir consiste, en gran medida, en aprender a dialogar. Non é

só o que dicimos senón o xeito de presentalo e de dirixirmonos aos demais. Nesta unidade

procuramos que o alumno reflexione sobre a importancia do diálogo e que aprenda a utilizalo

como unha ferramenta máis para a mellora das súas relacións cos outros.



I. OBXECTIVOS

 Aprender a dialogar con corrección e eficazmente.

 Coñecer os elementos característicos do texto dramático.

 Ampliar o vocabulario relacionado coas plantas e as árbores.

 Ser conscientes da pluralidade cultural e a diversidade lingüística existente no mundo.

 Coñecer as regras de uso do punto e a coma.

 Coñecer os elementos que cómpren para realizar un espectáculo teatral.



II. CONTIDOS



CONCEPTOS

 Receitas para dialogar.

 O texto dramático.

 O vocabulario relacionado coas plantas e árbores.

 Diversidade cultural e pluralidade lingüística.

 Os signos de puntuación: o punto. A coma.

 O espectáculo teatral.





PROCEDEMENTOS

 Elaboración de diálogos.

 Identificación dos elementos que caracterizan o texto dramático.

 Emprego do vocabulario relacionado coas plantas e árbores.

 Identificación das linguas que se falan na Península Ibérica e no resto do mundo.

 Reflexión sobre a pluralidade lingüística.

 Escritura de textos nos que se inclúen comas e diferentes tipos de puntos.

 Pescuda dos elementos que interveñen no espectáculo teatral.





ACTITUDES

 Autoesixencia na escolla do léxico para a elaboración de textos propios.

 Actitude reflexiva no uso da lingua.

 Valoración da pluralidade lingüística como riqueza cultural.

 Curiosidade e respecto cara a pluralidade lingüística.

 Interese por coñecer os elementos que caracterizan o texto dramático e que interveñen no

espectáculo teatral.





III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN





LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 37 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Elaborar diálogos correctamente.

 Recoñecer os elementos que caracterizan o texto dramático.

 Empregar axeitadamente o vocabulario relacionado coas plantas e árbores.

 Identificar linguas coa súa familia lingüística e co territorio ou territorios nos que se falan.

 Utilizar con corrección a coma e os distintos tipos de punto.

 Identificar os elementos que interveñen no espectáculo teatral.





IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Aprender a dialogar para expresar as propias ideas e escoitar as alleas, e ser quen de

poñerse no lugar do outro e comprender o seu punto de vista aínda que sexa diferente do

propio. (C1, C5)

 Recoñecer os elementos que se utilizan na creación de textos dramáticos para ser

competente na elaboración, interpretación e utilización de distintos tipos de textos con

intencións comunicativas ou creativas diversas. (C1, C6, C7)

 Integrar o vocabulario relacionado con árbores e plantas nas producións orais e escritas, e

comprender a necesidade de coidar e conservar a diversidade e os recursos naturais. (C1,

C3)

 Comprender o concepto de pluralidade lingüística e recoñecer a diversidade lingüística

como elemento arrequentador das relacións sociais. (C1, C5, C7)



V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— XULIO ASTOS CAMINO E OUTROS: Coñece as nosas árbores, Vigo, Xerais, 1993.

— XOSÉ HENRIQUE COSTAS: Guía das linguas de Europa, Santiago de Compostela, Edicións

Positivas, 2002.

— MIGUEL SIGUAN: España plurilingüe, Madrid, Alianza, 1992.

 Filmes:

— Pinocho 3000, de DANIEL ROBICHAUD. España-Francia-Canadá, 2002.

 Outras ideas:

— Exercicios de habilidades sociais

— Debate: lingua e identidade

— Taller de clown ou de mimo



VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS





A seguir, propoñemos unha serie de exercicios que procuran achegar os contidos expostos na

unidade ao día a día do alumno. Son actividades que enfocan o estudo da lingua e da literatura

dende unha perspectiva lúdica e dinámica e que teñen un reflexo na vida real dos alumnos.



 EXPRESIÓN ESCRITA

LECTURA

Con esta actividade pretendemos que os alumnos reflexionen sobre o emprego do teléfono

móbil e sobre o uso que se fai da lingua nas mensaxes escritas.

CHMT MÑ. BCS (Chámote mañá. Bicos): analizamos o emprego da lingua nas mensaxes aos

móbiles.







LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 38 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



— Os alumnos escriben varias mensaxes coma se as foran enviar a un móbil. Deben ser o

máis longas posibles e aproveitar ao máximo os 160 caracteres de que dispoñemos.

— Analizamos as mensaxes que escribiron e establecemos un debate: habería outra maneira

de sintetizar a mensaxe sen romper as normas da lingua escrita? Entenderiamos un texto

maior escrito dese xeito? Cumpriría modificar as normas ortográficas da lingua para

acomodarse a esta nova maneira de escribir?...

— Reescribirmos as mensaxes de acordo coas normas ortográficas do galego.

FAINO TI

Incidimos na importancia do diálogo nas nosas vidas diarias.

SÍNTOCHO BEN: aprendemos a desculparnos.

— Pedímoslles aos alumnos que reflexionen sobre aquelas situacións nas que é importante

que pidan desculpas.

— Propoñémoslles que creen un escrito no que, seguindo todas as receitas estudadas para

elaborar un diálogo eficaz, pidan desculpas por unha acción en concreto.

Lémolas en voz alta e analizamos os puntos que os alumnos foron establecendo. Para concluír

elaboramos entre todos a ―receita‖ para pedir desculpas.



 COMUNICACIÓN

Con esta actividade poñémolos en contacto cos textos dramáticos a partir dunha proposta fácil

e que lles serve ademais para aprender a buscar información.

APRENDIZ DE DRAMATURGO: analizamos os elementos característicos de varios textos

dramáticos.

— Organizados en grupos os alumnos deben procurar en internet, acudindo por exemplo a

algunha biblioteca virtual, un texto dramático galego.

— Unha vez seleccionado o texto deben imprimir un fragmento deste onde indicarán cales

son os seus elementos característicos e para isto pintarán dunha cor diferente os diálogos,

os apartes e as anotacións.

— Poñemos en común o traballo realizado polos diferentes grupos e analizamos se todos os

textos teñen os mesmos elementos, se faltan, se hai modificacións nas súas

características, etcétera.



 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

Queremos que os alumnos saian á rúa e observen a flora da súa cidade ou municipio; desta

maneira práctica, poderán identificar mellor o vocabulario específico deste campo.

O HERBOLARIO: realizamos un catálogo de plantas e árbores.



— Durante uns días os alumnos poden ben recoller ben debuxar as follas, flores e froitos das

diferentes árbores e plantas que existen no lugar onde viven.

— Cada alumno pega ou debuxa cada unha das especies nunha folla e inclúe a súa

denominación científica –axudados polo profesor de ciencias naturais se é posible– e o seu

nome en galego.

— Na aula xúntanse todos por orde alfabética para formar unha guía de árbores e plantas da

zona.

GRAMÁTICA

Esta actividade é unha sinxela forma de comprobar que as linguas actúan como vínculo dun

grupo determinado de persoas e que representan una forma de interpretar a realidade.



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 39 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



A TORRE DE BABEL: Analizamos a mesma obra traducida á diferentes linguas.



— O profesor fornécelles aos alumnos, divididos en parellas, unha páxina dunha obra literaria

traducida a diferentes linguas ou ben una noticia en periódicos escritos en diversas linguas.

— Os alumnos deben procurar información sobre a lingua que lles cadrou: onde se fala?

cantos falantes ten?, á que familia lingüística pertence?, etcétera.

— Os alumnos presentan o resultado das súas pescudas aos seus compañeiros.

ORTOGRAFÍA

Reforzamos o emprego do punto e mais da coma.

CADA COUSA NO SEU SITIO: corriximos os signos de puntuación dun texto.



— O profesor entrégalles aos alumnos un texto onde estean colocados ao chou os puntos e

mais as comas.

— Pedímoslles aos alumnos que corrixan os signos de puntuación que consideren

incorrectos.



 LITERATURA

Estudamos na práctica todos os elementos que interveñen nun espectáculo teatral.

IMOS AO TEATRO: asistimos a unha representación teatral.

— Procuramos que os alumnos asistan á posta en escena dun espectáculo teatral.

Previamente, e divididos en grupos propoñémoslles que analicen durante a representación

un determinado elemento: o vestiario, o decorado, a interpretación, etcétera.

— Na aula, cada un dos grupos expón as súas reflexións e análises sobre o elemento que tiña

que estudar. Debatemos sobre o espectáculo.

Cada alumno elabora unha redacción na que expón as súas imprensións sobre

o espectáculo teatral ao que asistiu.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 40 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 11

Os medios de comunicación achégannos cada día a personaxes sobranceiros en múltiples

eidos. O xénero por excelencia para levar a bo fin este cometido é a entrevista. Nesta unidade

estudamos as súas características e aprendemos a valorala como receptores e tamén como

aprendices de xornalista.

I. OBXECTIVOS

 Coñecer os pasos necesarios para escribir unha entrevista.

 Identificar as características da entrevista e coñecer a súa estrutura.

 Coñecer o vocabulario relacionado coas aves, os peixes e os mamíferos.

 Comprender e coñecer as diferentes etapas de evolución da lingua galega.

 Aprender as regras de uso do punto e coma e mais ou dous puntos.

 Entender o concepto do ensaio e distinguir as súas características.





II. CONTIDOS

CONCEPTOS

 Realizar unha entrevista.

 A entrevista.

 O vocabulario relacionado coas aves, peixes e mamíferos.

 A lingua galega no tempo.

 Os signos de puntuación: o punto e coma. Os dous puntos.

 O ensaio.





PROCEDEMENTOS

 Elaboración dunha entrevista.

 Análise das características dunha entrevista e recoñecemento da súa estrutura.

 Identificación de palabras coa súa lingua de orixe.

 Reflexión e análise da historia da lingua galega.

 Emprego do punto e coma e dos dous puntos.

 Lectura e análise de textos ensaísticos.



ACTITUDES

 Curiosidade por coñecer novas formas de expresión escrita.

 Autoesixencia á hora de escoller o léxico para producir textos propios.

 Interese pola historia e xénese da lingua galega.

 Coidado ao empregar os signos de puntuación.

 Valoración dos textos literarios e recoñecemento dos diferentes xéneros.





III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 Realizar unha entrevista seguindo determinadas pautas.

 Identificar as características e elementos definitorios da entrevista.



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 41 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Empregar de xeito correcto o vocabulario relacionado coas aves, os peixes e os

mamíferos.

 Recoñecer as diferentes etapas de evolución da lingua galega.

 Utilizar axeitadamente o punto e coma e os dous puntos.

 Recoñecer as características do ensaio.





IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Comprender os termos e contidos esenciais da unidade, tales como a entrevista, a lingua

galega no tempo ou o ensaio, entre outros, e expresalos correctamente de forma escrita e

oral. (C1, C7)

 Aprender a traballar en grupo co obxectivo de tomar decisións propias, elixir como

comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das eleccións e decisións

adoptadas. (C1, C7, C8)

 Utilizar os medios tecnolóxicos máis avanzados de busca de información para obter datos

fundamentais á hora de realizar unha entrevista. (C1, C4, C7)

 Aplicar ao estudo do ensaio as axeitadas técnicas e destrezas de traballo intelectual,

integrar os coñecementos adquiridos cos xa existentes, así como elaborar conclusións e

sínteses de forma autónoma e creativa. (C7)





V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— VV. AA.: Historia da lingua galega en banda desenhada, Orense, Meendinho ediçons,

1992.

— BENIGNO FERNÁNDEZ SALGADO (coord.): Manual de estilo de O Correo Galego, Santiago

de Compostela, O Correo Galego, 2001.

— RAMÓN MARIÑO PAZ: Historia da lingua galega. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco,

1998.

 Soporte audiovisual:

— A QUENLLA E DARÍO XOHÁN CABANA: Romance (Historia da lingua galega), Santiago de

Compostela, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 1988.

 Outras ideas:

— Visitar unha granxa escola ou un parque natural

— Traballar a evolución histórica dalgunhas palabras patrimoniais galegas

— Traballar o punto e coma, e os dous puntos con textos ensaísticos



VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Nesta dobre páxina queremos que os alumnos relacionen os contidos vistos na aula coa vida

real. A través de entrevistas, liñas do tempo e textos propios completamos e ampliamos dunha

forma amena e lúdica os conceptos aprendidos en cada apartado da unidade.





 EXPRESIÓN ESCRITA

LECTURA

Procuramos que os alumnos comprendan como se estrutura unha entrevista.



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 42 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



O CREBACABEZAS: ordenamos unha entrevista.

— O profesor entrégalles aos alumnos unha entrevista dividida en anacos e un fragmento

máis que pode pertencer a outra entrevista diferente.

— Os alumnos teñen que ordenala de maneira que teña unha estrutura lóxica e indicar cal é o

fragmento que non corresponde á súa entrevista e por que.

FAINO TI

Con esta actividade refórzase a competencia do alumno na comprensión e redacción de

entrevistas.

ENTREVISTAMOS O DIRECTOR DO NOSO CENTRO: elaboramos unha entrevista.

— Entre todos elaboramos un cuestionario: propoñemos preguntas, seleccionámolas e

ordenámolas.

— Facemos unha introdución na que presentamos o noso entrevistado (pode ser o director do

colexio ou outra persoa que resulte interesante para os alumnos).

— Varios alumnos gravan e toman notas da entrevista.

— Redactámola e analizamos a súa estrutura e características.





 COMUNICACIÓN

Profundizamos no estudo das entrevistas por medio de textos reais sacados de publicacións

periódicas.

ESCOLA DE XORNALISTAS: analizamos entrevistas.

— Organizados en grupos, os alumnos teñen que traer á aula varios xornais e revistas nos

que van escolmar aquelas entrevistas que lles resulten máis interesantes.

— Recortan as entrevistas escolmadas e péganas nun folio divididas en presentación, corpo e

peche. Alén disto, teñen que indicar que tipo de entrevista se trata e mais as características

desta.

— Elaboran un resumo da entrevista e comentan aquilo que lles chamou máis a atención, que

preguntas engadirían, cales consideran que sobran, etcétera.

— Entre todas as entrevistas analizadas escollemos a que nos parece a mellor.





 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

Aprendemos léxico identificando palabras cos seus referentes; neste caso investigando sobre a

fauna do noso contorno.

SAFARI FOTOGRÁFICO: buscamos información sobre a fauna do noso contorno.



— Os alumnos, organizados en grupos, teñen que investigar que aves, peixes e mamíferos,

habitan na zona na que viven.

— Organizamos unha excursión fotográfica para recoller (na medida que for posible) imaxes

de todos estes animais (podemos utilizar fotos ou imaxes de enciclopedias ou internet). No

caso dos peixes podemos organizar unha visita ao mercado.

— Pegamos as fotagrafías en varias cartolinas e ao carón de cada unha delas indicamos o

nome do animal retratado.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 43 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



GRAMÁTICA

Con este exercicio pretendemos que o alumno tome conciencia da evolución da lingua galega

e que se decate de que o idioma non foi sempre coma o que coñecemos agora.

UNHA LINGUA MILENARIA: procuramos textos característicos de cada unha das etapas da



lingua.



— Organizamos os alumnos en grupos e pedímoslles que procuren, empregando a biblioteca

do centro, textos característicos de cada unha das etapas da lingua galega.

— Elaboramos nunha cartolina unha cronoloxía da historia da lingua. En cada unha das

etapas indicamos as características da lingua e engadimos uns cantos textos significativos

da época.

ORTOGRAFÍA

Traballamos as regras de uso do punto e coma e dos dous puntos utilizando textos de creación

propia.

QUEN FALTA?: empregamos o punto e coma e os dous puntos.



— Por parellas pedir aos alumnos que elaboren un pequeno texto no que inclúan os signos de

puntuación vistos na unidade e os seus diferentes usos.

— Cada parella ha de intercambiar con outra parella o seu texto (no que omitiu os signos de

puntuación traballados).

— As parellas deben escribir os signos de puntuación que faltan.

— Para rematar, corríxense os textos intercambiados.





 LITERATURA

Achegámonos os autores e obras máis representativos do ensaio galego.

DOS NOSOS TEMPOS: procuramos información sobre os ensaios máis representativos da

literatura galega.

— Por parellas os alumnos teñen que realizar unha pequena investigación sobre un autor

representativo do ensaísmo galego e escolmar algúns fragmentos das súas obras.

— Cada parella ten que presentar o seu traballo nunha cartolina na que incluirá algúns datos

biográficos do autor estudado, os textos que escolmaron e as características destes.

Organizamos todos os traballos cronoloxicamente.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 44 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



UNIDADE 12

A correspondencia, tanto na súa forma máis tradicional, as cartas, como na súa versión máis

moderna, o correo electrónico, supón a negación da distancia entre os interlocutores. Nesta

derradeira unidade pretendemos que os alumnos sexan quen de manexarse con eficacia e

seguridade con este imprescindible tipo de texto.

I. OBXECTIVOS

 Saber redactar un correo electrónico e coñecer as súas características.

 Coñecer a estrutura dunha carta e mais os tipos que existen.

 Empregar correctamente o vocabulario relacionado co tempo atmosférico.

 Coñecer a situación actual do galego.

 Utilizar de maneira axeitada os puntos suspensivos e o guión.

 Recoñecer as características definitorias doutros textos coma a biografía o as memorias.





II. CONTIDOS

CONCEPTOS

 O correo electrónico.

 A carta.

 O vocabulario relacionado co tempo atmosférico.

 A situación actual do galego.

 Os signos de puntuación: os puntos suspensivos. O guión.

 Outros textos literarios.



PROCEDEMENTOS

 Redacción de correos electrónicos.

 Análise e escritura de cartas.

 Emprego do vocabulario relacionado co tempo atmosférico.

 Análise da situación actual do galego.

 Utilización dos puntos suspensivos e do guión.

 Lectura e análise de unas memorias.





ACTITUDES

 Coidado na propia expresión escrita e interese en que esta sexa precisa e correcta.

 Curiosidade por coñecer como se redacta un correo electrónico e unha carta.

 Conciencia da importancia de empregar un léxico preciso nos escritos propios.

 Actitude reflexiva cara á situación actual do galego.

 Precisión no emprego dos signos de puntuación.

 Interese por coñecer outros textos literarios como a biografía ou as memorias.



III. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 Escribir correos electrónicos de forma correcta e recoñecer os seus elementos.



LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 45 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS





 Redactar cartas seguindo unhas pautas e identificar a súa estrutura e elementos.

 Empregar con corrección o vocabulario relacionado co tempo atmosférico.

 Explicar a situación actual do galego.

 Utilizar con corrección o guión e os puntos suspensivos.

 Identificar os textos literarios que non se inclúen dentro dos grandes xéneros.





IV. COMPETENCIAS BÁSICAS

 Entender diferentes modelos textuais, como a elaboración do correo electrónico, co

obxectivo de reforzar a comprensión da realidade, e organizar e autorregular o

coñecemento e a acción dotándoos de coherencia. (C1, C7)

 Obter información sobre a situación actual do galego, utilizando as modernas tecnoloxías

da información, e transformala en coñecemento. (C1, C4, C7)

 Comprender e asimilar as regras ortográficas dos puntos suspensivos e o guión e aplicalas

ás producións escritas habituais co fin de facilitar o intercambio lingüístico. (C1, C5, C7)

 Recoñecer e valorar diferentes manifestacións literarias: biografías, memorias e utilizalas

como fonte de arrequentamento e pracer. (C1, C6, C8)



V. RECURSOS COMPLEMENTARIOS

 Libros:

— JOSÉ MANUEL PÉREZ TORNERO: Comunicación y educación en la sociedad de la

información. Nuevos lenguajes y conciencia crítica, Barcelona, Paidós, 2000.

— DANIEL ROMERO E ISABEL VAQUERO: Da periferia á rede. Internet en Galicia, lingua e

contidos, Vigo, Xerais, 2001.

— DANIEL ROMERO RODRÍGUES: Navegándomos: guía de iniciación a internet, A Coruña,

Ciberlingua 2001, 2002.

 Filmes:

— A lingua das bolboretas, de JOSÉ LUIS CUERDA. España, 1999.

 Outras ideas:

— Traballar o léxico relacionado co tempo atmosférico con textos literarios

— Repaso de signos de puntuación

— A novela epistolar



VI. SUXESTIÓNS DIDÁCTICAS

Nesta dobre páxina incluímos propostas relacionadas coa redacción de cartas, elaboración de

correos electrónicos ou creación de biografías; con elas preténdese profundizar nos contidos

da unidade e extrapolalos á vida real do alumno.

 EXPRESIÓN ESCRITA

LECTURA

Este exercicio permítenos perfeccionar a escrita de cartas e á vez reflexionar sobre o

aprendido durante o curso.

CARTAS AO PROFESOR: escribímoslle unha carta ao profesor.







LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 46 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



— Os alumnos escriben unha carta ao profesor, respectando a estrutura deste xénero, na que

lle contan que cousas aprenderon no curso, que lles gustou, que lles desgustou, etcétera.

— Cada alumno le en voz alta su carta. O resto de compañeiros ten que analizar se a estrutra

que seguiu é correcta.

FAINO TI

Analizamos a estructura do correo electrónico.

1ESO@TERRANOVA.COM: abrimos unha conta de correo electrónico.

— Os alumnos divididos en parellas e na sala de informática do centro deben abrir unha conta

de correo electrónico.

— Pedímoslles que intercambien correos electrónicos entre os diferentes grupos, de xeito que

manexen as opcións de responder, reenviar, eliminar, etcétera. É importante que presten

especial atención ás opcións que aparecen reflectidas na cabeceira do correo electrónico:

De, Para, Cc, Ccc e Asunto e que vexan na práctica como funcionan.

— Podemos imprimir varios dos correos recibidos para analizar as características e estrutura

destes.



 COMUNICACIÓN

Mediante o envío real dunha carta reforzamos os coñecementos dos alumnos a respecto deste

tipo de texto.

QUERIDA XIANA: escribímonos cartas.

— Cada alumno ten que escribir unha carta para un dos seus compañeiros. A súa misiva ten

que respectar todas as partes que se estudaron na aula: lugar e data, saúdo, corpo,

despedida, sinatura e posdata.

— Escribimos o sobre. Nel teñen que constar o nome e apelidos do destinatario, o curso e o

enderezo do instituto. Alén, facemos constar tamén o nome e apelidos da persoa que envía

a carta.

— Enviamos todas as cartas cumprindo con todos os requisitos para que cheguen ao seu

destino: selo e caixa de correos.

— Unha vez cheguen as cartas aos seus destinatarios analizamos se as misivas recibidas

cumpren todas as características da carta.



 ESTUDO DA LINGUA

VOCABULARIO

Esta actividad é unha maneira divertida de aprender léxico e de traballar en grupo.

O HOME DO TEMPO: presentar o tempo.



— Por grupos han de presentar o tempo meteorolóxico para un telexornal.

— Cada grupo elixe unha semana do ano (poden ser catro días) e escribe como foi o tempo

durante eses días e cal é o prognóstico para a seguinte semana.

— Debuxamos un mapa de Galicia no encerado e cada grupo explica as incidencias

meteorolóxicas.

— Deben recoller todo o léxico visto na unidade.

GRAMÁTICA

Observamos de primeira man cal é a situación da lingua galega.







LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 47 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. º ESO

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS



PÓDOCHE FACER UNHAS PREGUNTAS?: analizamos cal é a lingua habitual no noso



instituto.



— Entre todos elaboramos unha enquisa da que se desprenda cal é a lingua habitual

empregada no noso instituto: cal é a lingua que empregas na casa?, cos teus

compañeiros?, na rúa?, etcétera.

— Os alumnos realizan esta enquisa aos compañeiros doutros cursos e mais ao persoal que

traballa no instituto.

— Calculamos e analizamos os resultados. Redactamos as nosas interpretacións e as

poñemos á disposición de todos os enquisados.

ORTOGRAFÍA

Reforzamos os contidos sobre os signos de puntuación vistos na aula.

CANDO ESPERTOU...: á procura dos puntos suspensivos e do guión.



— Pedímoslles aos alumnos que traian un xornal á aula e que entre as noticias deste

procuren novas nas que se empreguen os puntos suspensivos e o guión.

— Comprobamos en cada un dos exemplos atopados se estes signos de puntuación están

ben empregados.



 LITERATURA

A biografía dun compañeiro de aula sérvenos para analizar a estrutura deste tipo de textos

UNHA VIDA POR CONTAR: escribimos unha pequena biografía.

— Os alumnos divídense por parellas e propoñémoslles que escriban unha pequena biografía

do seu compañeiro.

Lense en voz alta e analízanse as súas características. Ilustradas con algunha

fotografía do biografado poden ser un perfecto galano de fin de curso.









LINGUA GALEGA E LITERATURA 1.º ESO– 48 – PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA


Related docs
Other docs by HC111116084755
Programa Letras - CERLALC
Views: 1  |  Downloads: 0
atualiz manual 10
Views: 3  |  Downloads: 0
NCM
Views: 264  |  Downloads: 0
Chapter 8 Solutions
Views: 6  |  Downloads: 0
Clostridium difficile: An overview
Views: 2  |  Downloads: 0
Q U A L I P E D
Views: 5  |  Downloads: 0
LEVE LEITE 2.RTF
Views: 193  |  Downloads: 0
PowerPoint Presentation
Views: 16  |  Downloads: 0
ts810080206
Views: 0  |  Downloads: 0
By registering with docstoc.com you agree to our
privacy policy

You are almost ready to download!

You are almost ready to download!